Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Innovación e Creatividade é unha materia optativa de 3 ECTS que forma parte, xunto con Calidade: modelos, enfoques e técnicas do Módulo de Innovación e Calidade e impártese no 2º cuadrimestre do curso.
Os seus obxectivos inscríbense de forma predominante nos seguintes obxectivos do Máster Universitario en Procesos de Formación:
(4º) Desenvolver competencias especializadas para o traballo ante nichos atractivos de intervención profesional en ámbitos que requiren unha especialización (investigación e innovación educativa).
(5º) Deseñar propostas formativas que atendan a contextos de diversidade e teñan en conta a igualdade de xénero, a equidade e o respecto aos dereitos humanos.
(6º) Mellorar/completar as competencias transversais dos profesionais da educación para a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) como bases fundamentais da mellora profesional e da calidade das funcións e servizos prestados polos especialistas da educación nos seus contextos laborais.
De maneira específica preténdese:
1- Desenvolver a sensibilidade cara ao coñecemento, identificación e práctica de iniciativas innovadoras e creativas.
2- Desenvolver competencias relativas á incardinación da actividade innovadora e creativa en contextos formais e non formais de ensino.
3- Proxectar a intervención innovadora no desenvolvemento de valores e da comunicación verbal.
4- Aplicar as técnicas de creatividade ao deseño e desenvolvemento de procesos formativos on-line e presenciais.
BLOQUE 1. Conceptualización e tendencias
1.1. Concepto e modelos de innovación e creatividade. Innovación disrutiva e sostible.
1.2. Tendencias en innovación educativa.
BLOQUE 2. A innovación e a creatividade nos procesos formativos
2.1. Innovación e tecnoloxía educativa para a formación.
2.2. A creatividade nos procesos de formación.
2.3. Principais metodoloxías creativas.
2.4 Avaliación da creatividade.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cobo, C. (2016) La innovación pendiente. Reflexiones (y provocaciones) sobre educación, tecnología y conocimiento. Madrid: Debate.
García-Peñalvo, F. J. (2015). Mapa de tendencias en Innovación Educativa. Education in the Knowledge Society (EKS), 16(4), 6-23. doi:http://dx.doi.org/10.14201/eks2015164623
Pérez, P.M. (2009). Creatividad e innovación: una destreza adquirible. Teoría de la Educación, 21(1), 179-198.
Prieto, M. D., López, O. & Ferrándiz, C. (2003). La creatividad en el contexto escolar: estrategias para favorecerla. Madrid: Pirámide.
Rabadán, R. & Corbalán, J. (2011). Creatividad. Teoría y práctica elemental para profesionales de la docencia, la empresa y la investigación. Córdoba: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Córdoba.
Torre, S. de la & Violant, V. (2006). Comprender y evaluar la creatividad. Málaga: Aljibe.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aguilar, M. J. (coord.) (2012). Creatividad, descubrimiento y futuro. I Congreso Nacional de Investigación en Grado INVESGRADO 2012. Albacete.
Alfonso, V. (2003). Hallazgos de problemas (problem finding) como habilidad creativa fundamental y su promoción en contextos educativos. Creatividad y Sociedad, 3, 55-60.
Canelo, J., Junyent, M., & Bonil, J. (2015). Innovación y creatividad para favorecer un pensamiento sistémico-crítico: ideas de alto nivel en la formación inicial de maestros. Foro de Educación, 13(19), 125-140. doi: http://dx.doi.org/10.14516/fde.2015.013.019.006
Dirección Xeral de Formación e Colocación e Servizo Galego de Colocación (2006). Creatividade e Emprego. Vigo: Gárgola.
Ferreira, G., Rosado, L. A., & Carvalho, J. (Org./Eds.) (2017). Educação e Tecnologia: abordagens críticas. Rio de Janeiro: SESES, 2017. 663 p.: il.
Ferreiro, R. (2012). La pieza clave del rompecabezas del desarrollo de la creatividad: la escuela. Revista Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, 10(2), 1-17.
Hargreaves, A. (2003). Replantear el cambio educativo. Buenos Aires: Amorrotu.
Lamata, R. (2005). La Actitud Creativa. Ejercicios para trabajar en grupo la creatividad. Madrid: Narcea.
Mareque, M. & De Prada, E. (2018). Evaluación de las competencias profesionales a través de las prácticas externas: incidencia de la creatividad. Revista de Investigación Educativa, 36(1), 203-219. DOI: http://dx.doi.org/10.6018/rie.36.1.275651
Peñaherrera, M. & Cobos, F. (2012). La creatividad y el emprendimiento en tiempos de crisis. Revista Iberoamericana sobre Calidad, eficacia y Cambio en Educación, 10(2), 239-247. Recuperado de http://www.rinace.net/reice/numeros/arts/vol10num2/art15.pdf.
Roig-Vila, R. (Ed.) (2016). EDUcación y TECnología Propuestas desde la investigación y la innovación educativa. Barcelona: Octaedro.
Sphika, P. A. (2009). Reflexiones sobre la formación en periodos de crisis. Capital humano. Revista para la integración y desarrollo de los recursos humanos, 22(230), 98-100.
Zhu, C. (2015). Organisational culture and technology-enhanced innovation in higher education. Technology, Pedagogy and Education, 24(1), 65-79, DOI: 10.1080/1475939X.2013.822414
Nesta materia fomentaranse as competencias xerais e específicas do Máster Universitario en Procesos de Formación, especialmente,
(G2) Definir e resolver problemas extraídos da práctica, chegando a usar esquemas de resolución non coñecidos (ser creativo).
(G8) Adecuarse a situacións novas ou cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, entender ou introducir novos puntos de vista cando a situación o precise.
(G9) Guiarse polo desexo de coñecer e aprender das situacións e as persoas.
(E4) Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
(E6) Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
De maneira específica nesta materia estimularase o desenvolvemento das seguintes competencias:
-Identificar tendencias e factores innovadores e creativos no sistema educativo e nos procesos de ensino e aprendizaxe en contextos formais e non formais.
- Promover a innovación e a creatividade nos procesos de planificación, desenvolvemento e avaliación do ensino en diversos contextos.
- Proxectar a actividade innovadora e creativa na planificación, o deseño e o desenvolvemento de procesos formativos destacando a importancia dos valores sociais e os aspectos comunicativos.
Traballarase cunha multiplicidade metodolóxica, a partir dunha batería de técnicas, procedementos e recursos. É intención que os estudantes aprendan a extraer conceptos e feitos pertinentes de diversas fontes para resolver problemas, pensando de modo integrador as súas diferentes dimensións, con autonomía na iniciación no traballo intelectual.
A proposta que realizamos está baseada en dous principios:
• A participación activa do alumnado en todas as etapas do proceso estimulando o traballo autónomo e independente.
• A necesidade dunha estreita relación teoría-práctica Estes principios concrétanse nos seguintes puntos:
A combinación das experiencias individuais e grupais.
• A combinación de ensino presencial e on-line.
• A combinación de clases expositivas con traballos de indagación do alumnado.
No caso de que haxa un número mínimo de alumnos/as matriculados/as na materia a metodoloxía variará en función das características do grupo.
1) Asistencia, participación activa e achegas nas sesións presenciais e en liña (10%).
2) Desenvolvemento das diversas actividades propostas nas clases como estudos de caso, elaboración de informes e relatos, análise de materiais, representación de roles, vídeoforum, etc. (30%).
3) Deseño dun proxecto formativo no que se apliquen os contidos estudados sobre innovación e creatividade -traballo en grupo-(50%).
5) Presentación do proxecto formativo realizado (10%).
Tempo de clases:
- Horas de docencia: 24 horas (9 h. expositivas, 12 h. interactivas e 3 h. de titoría).
De elas, 1/3 impartirase a través del aula virtual (3 h. expositivas en liña e 4 h. interactivas en liña).
Tempo de traballo persoal:
- Documentación e estudo: 20 h.
- Lecturas recomendadas: 11 h.
- Elaboración do proxecto formativo: 20 h.
Poñer especial interese no estudo das fontes documentais así como na participación nas sesións presenciais e virtuais (a través da aula virtual da materia).
Páxinas web de interese:
- Proxecto CREANOVA: http://www.ehu.eus/ehusfera/creanova/2010/06/08/proyecto-creanova-descu…
- Informe ¡Buenos días creatividad!: http://www.fundacionbotin.org/educacion-contenidos/investigacion-e-info…
1-PLAN DE CONTINGENCIA
Nas "Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020-2021" elaboradas pola Comisión para la Planificación Docente da USC (https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…) establecense 3 posibles escenarios para o curso 2020/21:
Escenario 1: normalidade adaptada
Escenario 2: distanciamiento (escenario “misto”)
Escenario 3: cierre das instalacións
En función da matrícula do curso 2019.2020, as características da materia a materia (cantidade de alumnos inscritos e aulas asignadas) no contexto do Master en Procesos de Formación que xa é de modalidade mixta, desenvolverase da mesma forma tanto no escenario 1 como no 2. Mantéñense todas as clases (interactivas e expositivas no horario habitual). O alumno terá acceso desde o inicio a materiais e actividades no campus virtual da materia. Asignaranse tarefas, participarase en foros de discusión, etc. Si se produce o escenario 3, o 100% desenvolverase en liña e engadirase o uso da plataforma TEAMS para o desenvolvemento de actividades sincrónicas que ademáis permiten ser gravadas para a súa posterior visualización. A avaliación non sufrirá cambios á formulación inicial, os traballos preséntanse a través das plataformas utilizadas tanto se trata de traballos individuais como grupais.
En función do número de estudantes matriculados na materia e da aula asignada, ao inicio do curso académico revisarase o tipo de materia establecido, podendo ser modificado de acordo co "Protocolo de centro para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura na Facultade de Ciencias da Educación no curso 2020-2021
No caso do alumnado con exención de docencia ou dispensa aplicarase o exame a través do campus virtual. Tanto non escenario 1 como non 2, as titorías realizaranse tanto presenciais como en liña con cita previa a través de correo electrónico. No escenario 3, empregarase Microsoft Teams para tal fin.
2-RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos personais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.
3-PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
4.Respecto a a normativa de protección de datos terase en conta a proposta da universidade como figuran na seguinte ligazón:
hgps://www.usc.gal/gl/norma:vai/ protecciondatos/ index.html.
5. UTILIZACIÓN DO TELÉFONO MÓBIL NA aula: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo”
6. É obrigatorio o uso de correo electrónico institucional para calquera comunicación no marco da materia
Adriana Gewerc Barujel
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813785
- Correo electrónico
- adriana.gewerc [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
08.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |