Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia de Avaliación e Orientación de Competencias concrétanse nos seguintes:
1. Describir, analizar e interpretar a problemática das competencias e a súa orientación en contextos académicos e laborais.
2. Deseñar propostas formativas que contribúan ao desenvolvemento de competencias.
3. Capacitar para avaliar as competencias dun xeito rigoroso e cientificamente coherente.
Os contidos a abordar durante o desenvolvemento da materia, agrupados en catro bloques temáticos, son os seguintes:
1. Conceptualización: o termo de competencias, avaliación e orientación
1.1. Desenvolvemento histórico do concepto de competencias
1.2. Caracterización das competencias
1.3. Enfoques e clasificacións das competencias
1.4. Especificidades do concepto de avaliación
1.5. Especificidades do concepto de orientación
2. Avaliación de competencias en contextos académicos
2.1. Características da avaliación de competencias no contexto universitario
2.2. Características da avaliación de competencias en contextos non universitarios
2.3. Técnicas e instrumentos para a avaliación de competencias en contextos académicos
3. Avaliación de competencias en contextos laborais
3.1. Procedementos de avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais
3.2. Técnicas e instrumentos para a avaliación de competencias en contextos laborais
4. Orientación de competencias en contextos académicos e laborais
4.1. Orientación nos procesos de adquisición e desenvolvemento das competencias
4.2. Itinerarios formativos e de inserción
4.3. Técnicas e instrumentos de orientación en contextos académicos e laborais
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Bolívar, A. (2010). Competencias básicas y currículo. Síntesis.
Buján, K., Rekalde, I. e Aramendie, P. (2011). La evaluación de competencias en la educación superior. Mad.
Monográfico sobre Orientación y Formación en Competencias (2007). Educación XXI, 10. http://revistas.uned.es/index.php/educacionXX1/issue/view/64
Monográfico sobre Competencias y Profesionalización (2009). Pedagogía Social. Revista interuniversitaria, 16. https://recyt.fecyt.es/index.php/PSRI/issue/view/2116
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Alonso, L., Fernández Rodríguez, C. e Nyssen, J. (2009). El debate sobre las competencias. ANECA.
Alonso Tapia, J. (2012). Evaluación psicopedagógica y orientación. Síntesis.
Bain, K. (2012). Lo que hacen los mejores estudiantes de universidad. PUV.
Blanco, A. (Coord.). (2009). Desarrollo y evaluación de competencias en educación superior. Narcea.
Carabias Herrero, M. e Carro Sancristóbal, L. (2018). De la formación a la validación: perspectiva europea y española del reconocimiento, validación y acreditación de competencias profesionales. Ediciones Universidad de Valladolid.
Casanova Rodríguez, M. A. (2012). La evaluación de competencias básicas. La Muralla.
García Fraile, J. A. e Saban Vera, C. (Coords.). (2008). Un nuevo modelo de formación para el S.XXI: La enseñanza basada en competencias. Ediciones Davinci.
Gil Beltrán, J. M. (2002). El Servicio de Orientación en la Universidad. Tendencias Pedagógicas, 7, 137-154.
Gimeno Sacristán, J. (Comp.). (2008). Educar por competencias, ¿qué hay de nuevo? Morata.
Goñi Zabalza, J. (2005). El espacio europeo de educación superior, un reto para la Universidad. Competencias, tareas y evaluación, los ejes del curriculum universitario. Octaedro/ICE Universidad de Barcelona.
Hargreaves, A. e Fullan, M. (2014). Capital Profesional. Morata.
Levy-Leboyer, C. (1997). Gestión de las competencias. Gestión 2000.
Olaz Capitán, A. J. (2018). Guía práctica para el diseño y medición de competencias profesionales. ESIC.
Pozo Flórez, J. Á. del (2015). Competencias profesionales. Herramientas de evaluación: el portafolios, la rúbrica y las pruebas situacionales. Narcea.
Ríos Muñoz, D. e Herrera Araya, D. (2017). Los desafíos de la evaluación por competencias en el ámbito educativo. Educação e Pesquisa, 43(4), 1073-1086. https://doi.org/10.1590/s1678-4634201706164230
Rodríguez Moreno, Mª. L. (2006). Evaluación, balance y formación de competencias laborales transversales. Laertes Educación.
Sobrado, L. e Ceinos, C. (2017). Modelos emergentes en Orientación Profesional. En Mª. F. Sánchez García (Coord.), Orientación para el desarrollo profesional (pp. 65-100). UNED.
Trillo, F. (2011). La evaluación de las competencias en la Universidad: ¿Qué va antes? En M. A. Zabalza e A. Rivera (Coords.), Trayectoria y configuración de la didáctica universitaria: espacios, prácticas y actores (pp. 249-284). Domzen.
Villa, A. e Poblete, M. (Dirs.). (2007). Aprendizaje basado en competencias. Una propuesta para la evaluación de las competencias genéricas. Universidad de Deusto.
A) COMPETENCIAS DA TITULACIÓN
Ao longo desta materia, fomentaranse as seguintes competencias xerais e específicas do Título de Máster:
Competencias Xerais:
CG1. Coñecer e utilizar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a formación.
CG3. Adoptar actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
CG5. Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
CG6. Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
CG10. Saber situarse asimilando rapidamente conceptos, ideas e experiencias dándolle un carácter persoal ao apreso, o que supón curiosidade por saber sobre temas novos e utilizar estratexias para ampliar o coñecemento.
CG11. Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores democráticos.
CG12. Desenvolver unha actitude crítica na actuación profesional.
Competencias Específicas:
CE3. Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas adecuadas para a resolución de casos.
CE4. Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
CE6. Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
CE8. Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
CE9. Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, desde o diagnóstico de necesidades ata a concreción de accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
CE10. Coñecer os fundamentos e a metodoloxía de avaliación, referida a programas, contextos, procesos, produtos, profesionais, institucións e/ou organizacións e sistemas educativos.
CE12. Axudar a outros profesionais na elaboración de programas de formación tomando como soporte os medios e redes de información e comunicación.
CE14. Elaborar e utilizar dispositivos de avaliación diagnóstica das características de suxeitos e colectivos en relación cos seus coñecementos, destrezas, valores, actitudes así como dos seus comportamentos, necesidades, calidades e outras características que permitan xustificar e fundamentar a acción educativa que da antedita detección se derivará.
B) OUTRAS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
De modo específico, nesta materia, estimularase o desenvolvemento das seguintes competencias:
- Coñecer e interpretar conceptos inherentes ás competencias.
- Coñecer os modelos de formación baseados en competencias e elaborar unha proposta completa de formación que responda ás súas características.
- Planificar proxectos formativos segundo o deseño curricular por competencias.
- Seleccionar indicadores de impacto de formación en cursos impartidos polo sistema de competencias.
- Construír dispositivos para a avaliación de competencias de desempeño.
- Método expositivo, para a presentación do marco teórico conceptual e metodolóxico específico deste campo de estudo.
- Lectura reflexiva e crítica de diversas fontes documentais.
- Sesións de debate presenciais e/ou virtuais.
- Aprendizaxe orientada a proxectos, para aplicar as aprendizaxes adquiridas ao deseño de traballos de investigación conducentes á solución de problemas propios do campo de estudo.
O alumnado realizará tarefas como as seguintes:
- Traballo persoal con apoio bibliográfico e tecnolóxico.
- Traballo e actividades prácticas en equipo.
- Presentación presencial e/ou virtual de actividades individuais e/ou grupais.
As sesións e actividades presenciais serán complementadas con outras de carácter online. No transcurso das devanditas sesións, o alumnado realizará diversas actividades, baseadas -entre outros aspectos- na elaboración dun glosario e participación en diferentes foros, onde reflexionarán e debaterán sobre as cuestións expostas, así como na visualización de vídeos. Para o desenvolvemento das referidas actividades, activaranse os recursos necesarios na aula virtual da materia (glosario, chat e foro, entre outros), debendo entender esta como unha ferramenta de apoio, a cal proporcionará unha contorna virtual con diversas ferramentas para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
No caso de que a materia non alcance un número mínimo de estudantes, a metodoloxía de traballo poderá variarse en función das características do grupo.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvolvidas no horario especificamente dedicado a tal fin polas profesoras da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do curso. O horario de titorías especificarase a comezos de curso, no cal se desenvolverá a atención das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que respecta aos contidos abordados na materia. As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, aínda que poderán realizarse parcialmente de modo virtual.
O proceso avaliador para verificar a adquisición de competencias levarase a cabo a través dos seguintes elementos:
a) Elaboración, presentación e discusión de diferentes actividades de carácter persoal e grupal, propostas polas docentes encargadas de impartir a materia, para valorar as nocións, saberes, coñecementos e información sobre avaliación e orientación de competencias (60% da cualificación final, sendo distribuída do seguinte xeito: 30% correspondente aos contidos impartidos pola profesora Esther Vila da Área de Didáctica e Organización Escolar e o 30% restante correspondente á parte impartida pola profesora Cristina Ceinos, pertencente á Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación).
b) Deseño e elaboración de proxectos orientadores con base en competencias (40% para a avaliación conxunta a realizar polas profesoras responsables da materia).
Na avaliación das aprendizaxes terase en conta, fundamentalmente, a calidade do desempeño na realización das tarefas teórico-prácticas que deberá realizar cada alumno/a como preparación previa das clases interactivas, así como o nivel de participación no conxunto das sesións lectivas correspondentes.
Será requisito cumprir co 80% da asistencia, tanto ás sesións presenciais como ás virtuais síncronas, e entregar en prazo a totalidade de actividades encomendadas para ser avaliado de acordo co sistema de avaliación continua establecido, sendo necesario para obter unha valoración positiva na materia, superar cada un dos elementos establecidos. En caso de non superar a materia na modalidade de avaliación continua establecida na primeira oportunidade, o alumnado deberá presentar, nos prazos establecidos para a segunda oportunidade, unha serie de actividades prácticas e/ou un proxecto individual seguindo as instrucións das docentes.
As cualificacións obtidas nos diferentes elementos que constitúen a avaliación no presente curso non se manteñen en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados serán avaliados segundo os criterios establecidos no presente curso académico.
No caso de estudantes procedentes dos complementos de formación farase unha proposta individualizada de actividades.
Para aquel alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia á clase, ademais da realización e presentación das actividades prácticas e o proxecto que se contempla para o alumnado asistente, deberá elaborar unha recensión sobre unha obra fixada polas profesoras da materia. En consecuencia, a cualificación do alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia será ponderada conforme ao seguinte:
a) Elaboración, presentación e discusión de diferentes actividades, propostas polas docentes encargadas de impartir a materia (40% da cualificación final, onde o 20% corresponde aos contidos impartidos pola profesora Esther Vila da Área de Didáctica e Organización Escolar e o 20% restante corresponde á parte impartida pola profesora Cristina Ceinos, pertencente á Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación). No caso do alumnado con exención de docencia ás clases expositivas, estas actividades poderán realizarse de forma grupal. Para o alumnado con exención de docencia a todas as sesións ou con dispensa de asistencia, estas actividades serán de carácter individual.
b) Deseño e elaboración de proxectos orientadores con base en competencias (40% para a avaliación conxunta a realizar polas profesoras responsables da materia). No caso do alumnado con exención de docencia ás clases expositivas, este traballo poderá realizarse de forma grupal. Para o alumnado con exención de docencia a todas as sesións ou con dispensa de asistencia, este traballo será de carácter individual.
c) Resumo e valoración crítica dunha obra fixada polas profesoras da materia, de acordo coas pautas dadas (20% para a avaliación conxunta a realizar por ambas as profesoras).
Nota de interese: No que respecta ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas, para os casos de realización fraudulenta será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais e en liña: 50 horas (18 expositivas -12 de carácter presencial e 6 online-, 24 interactivas -16 horas presenciais e 8 online- e 8 horas de titoría).
Horas de traballo persoal do estudante: 100 horas. Delas, polo menos o 40% corresponde á docencia impartida a través da aula virtual. Son distribuídas do seguinte modo:
- Estudo, lectura e análise de materiais: 50 horas.
- Realización dun proxecto/Análise de casos: 30 horas
- Realización de tarefas teórico-prácticas: 20 horas (correspondentes ás tarefas a desenvolver nas sesións online).
- Asistencia e participación activa nas clases expositivas e interactivas.
- Consulta e estudo das diferentes fontes documentais recomendadas.
- Continuidade no seguimento da aula virtual.
REALIZACIÓN DE TRABALLOS:
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente oportunidade. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA: Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2020. Hai exemplares dispoñibles na Biblioteca da nosa Facultade.
Pode consultarse máis información no seguinte enlace:
https://apastyle.apa.org/style-grammar-guidelines/references/examples
ASISTENCIA Á CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia á clase nos ensinos adaptados ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma, expóñense os beneficios da asistencia á clase, destacando, entre eles, "unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa". Debe recordarse que a USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é de obriga.
Respecto da dispensa de asistencia á clase en determinadas circunstancias, atenderanse as normas ditadas na Instrución Nº 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Pode consultarse a información correspondente no seguinte enlace:
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia: https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Nestes casos, no prazo de 10 días a partir da concesión da mesma, o alumnado debe poñerse en contacto coas profesoras para fixar individualmente os criterios xerais de desenvolvemento da materia e da súa avaliación.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Promoverase a entrega de traballos en formato dixital. De solicitarse para a materia algún traballo impreso, sexa individual ou grupal, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de espirais.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo diario da aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no seguinte enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
OBRIGATORIEDADE DO USO DA CONTA DE CORREO RAI: O alumnado debe utilizar necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
OBRIGATORIEDADE DO EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade (Lifesize, etc.).
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dunha utilización non adecuada do mesmo.
PRIVACIDADE DA ENSINANZA-APRENDIZAXE (clases/titorías), enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
PLAN DE CONTINXENCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DA DOCENCIA NO CURSO 2021-2022, aprobado en Consello de Goberno o 30 de abril de 2021.
Se por razóns de seguridade (directrices da USC e protocolo establecido pola Facultade de CC. da Educación) ao longo do curso non é posible o desenvolvemento do presente programa concibido para unha docencia 100% presencial (escenario 1 de normalidade adaptada), contémplanse os seguintes axustes na Metodoloxía do Ensino e no Sistema de Avaliación da Aprendizaxe da materia:
Metodoloxía do Ensino
A metodoloxía docente será a mesma que no escenario 1. A única diferenza prodúcese no espazo no que se desenvolverá.
No Escenario 2 (distanciamento), as sesións e actividades presenciais serán complementadas con outras de carácter online. Atenderase á distribución da docencia presencial e virtual que a Facultade determine para a titulación de Máster. Para o desenvolvemento das devanditas sesións e actividades, activaranse os recursos necesarios en Microsoft Teams e no Campus Virtual da materia, que proporcionarán unha contorna virtual con diversas ferramentas para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia. Priorizarase a programación de titorías por vía telemática (correo electrónico, Campus Virtual e/ou Microsoft Teams).
No escenario 3 (peche das instalacións), a totalidade da docencia desenvolverase completamente de modo virtual, con preferencia polos mecanismos síncronos, respectando o horario establecido para a materia. Chegado o caso, as docentes determinarán e publicarán na aula virtual da materia as sesións que levarán a cabo de forma síncrona e informarán dos medios dixitais a través dos cales se desenvolverán as sesións (Microsoft Teams e/ou Campus Virtual). En canto á atención individualizada do alumnado, a programación das titorías será exclusivamente por vía telemática.
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe
En calquera dos posibles escenarios previstos para o curso 2021-2022, mantense un único sistema de avaliación. Todas as actividades de avaliación propostas e a súa ponderación sobre a cualificación global mantéñense, tanto para o alumnado asistente, como para o non asistente. Óptase polo desenvolvemento dunha avaliación continua formativa (sen proba final).
Esther Vila Couñago
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813831
- Correo electrónico
- esther.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Cristina Ceinos Sanz
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
16.05.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
29.06.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |