Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1- Coñecer as metodoloxías, liñas e principais problemáticos de investigación do campo do e-learning
2.- Analizar investigacións para valorar os resultados que propoñen para o avance no campo científico
3.- Deseñar, implementar e avaliar propostas formativas en contextos de e-learning
4.- Desenvolver habilidades para formar e asesorar aos formadores no deseño e desenvolvemento de propostas de e-learning en diferentes contextos
1.- A Tecnoloxía Educativa como campo de coñecemento científico. Deseños, problemáticas e liñas de investigación actuais. Investigación sobre os usos das redes na educación e na formación.
2.- Elearning: Ferramentas e servizos tecnolóxicos para elearning. Cursos en liña ou distribuídos, aulas virtuais, contornas de aprendizaxe, redes de aprendizaxe, PLE.
3.- Deseño de escenarios flexibles de formación e contidos dixitais. Distribución da información, distribución da instrución, comunicación e traballo colaborativo.
4. A avaliación de elearning.
Bibliografía Básica
-Cabero, J. (2016). ¿Qué debemos aprender de las pasadas investigaciones en Tecnología Educativa? Revista Interuniversitaria de Investigación en Tecnología Educativa, 0, 23-33.
-Cebreiro, B., Fernández-Morante, C. y Casal, L. (2023). La Tecnología Educativa y el desafío de la formación en red (63-86). En M.A. Santos, M. Lorenzo y J. García (Coords.), La educación en red. Una perspectiva multidimensional. Octaedro.
- Fernández-Morante, M.C., Cebreiro, B., Casal Otero, L. y Mareque León, F. (2025). A investigación en Tecnoloxía Educativa en tempos de Intelixencia Artificial. En M.A. Santos Rego (Ed) (2025). A investigación educativa en Galicia 2015-2024 (pp.271-312). Editorial Galaxia.
-Gisbert, M., Lázaro, J. L. y Esteve, V. (2023). Investigar e innovar en la era digital: Aportaciones desde la tecnología educativa. Ediciones Octaedro.
Bibliografía Complementaria
- Aguaded, J. I. y Cabero, J. (2014). Avances y retos en la promoción de la innovación didáctica con las tecnologías emergentes e interactivas. Educar, 50(1), 67-83.
- Avello Martínez, R. y Duart, J.M. (2016). Nuevas tendencias de aprendizaje colaborativo en e-learning. Claves para su implementación efectiva. Estudios Pedagógicos, 42 (1), 271-282.
- Barberá, E. (2006). Aportaciones de la tecnología a la e-Evaluación. RED. Revista de Educación a Distancia, Monográfico 6, 1-13.
- Barroso, J. y Cabero, J. (2013). Replanteando el e-learning: Hacia el e-learning 2.0. Revista Campus Virtuales, 2(2), 76-87.
- Cabero, J. (2006). Bases pedagógicas del e-learning. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento, 3(1), 1-10.
- Cabero, J. y Llorente Cejudo, M.C. (2015). Tecnologías de la Información y la Comunicación (TIC): escenarios formativos y teorías del aprendizaje. Revista Lasallista de investigación, 12(2),186-193.
- Cabero, J. y Palacios-Rodríguez, A. (2021). La evaluación de la educación virtual: las e-actividades. RIED: revista iberoamericana de educación a distancia, 24(2), 169-188.
-Cebreiro, B., Fernández-Morante, C. y Casal-Otero, L. (2019). Tecnologías emergentes y metodologías didácticas: dos ejes básicos para el éxito educativo. En M.A. Santos Rego, A. Valle Arias y M. Lorenzo Moledo (Eds.), Éxito educativo. Claves de construcción y desarrollo (pp.173-196). Tiran Humanidades.
- Fernández-Morante C., Bienzle, H., Brandão Soares Carvalho, J.A., Cebreiro, B., Casal-Otero, L., Dourado, L., Ducoulombier. N., Egan, A., Felpeto, M., Fojk, M., Georgeson, J., Hurley, J., Latorre Ruiz, E., Malmierca, M. J., Mareque-León, F.,Lencastre, J.A., Revyakina, E. y Vaz, M (2023). Smart Technologies for Innovation in Teacher Training. The EKT Handbook. Die Berater Unternehmensberatungs GmbH. https://doi.org/10.5281/zenodo.7818021
- Gallego Arrufat, M.J. (2014). Tendencias y retos de la investigación en Tecnología Educativa. EMETIC, 3(29), 3-6.
- Gros, B. (2015). La caída de los muros del conocimiento en la sociedad digital y las pedagogías emergentes. Education in the Knowledge society (EKS), 16(1), 58-68.
- Gros, B. (2016). Retos y tendencias sobre el futuro de la investigación acerca del aprendizaje con tecnologías digitales. RED. Revista de Educación a Distancia, 50(10), 1-13.
- Salinas, J. (2012). La investigación ante los desafíos de los escenarios de aprendizaje futuros. RED. Revista de Educación a Distancia, 11(32), 1-13.
Revistas especializadas e online
http://acdc.sav.us.es/pixelbit/
http://edutec.rediris.es/Revelec2/Revelec43/
https://naerjournal.ua.es
https://www.revistacomunicar.com
Competencias Xerais do título:
CG1. Coñecer e utilizar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a Formación.
CG4. Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornas formativas.
CG5. Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
CG6. Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
Competencias específicas do título:
CE1 - Desenvolver unha actitude positiva, crítica e plural da investigación como xeramenta de comprensión e mellora da realidade educativa
CE3 - Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas adecuadas para a resolución de casos
CE4 - Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais
CE5 - Desenvolver unha actitude positiva cara á incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional
CE8 - Deseñar e pór en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes
CE12 - Axudar a outros profesionais na elaboración de programas de formación tomando como soporte os medios e redes de información e comunicación
CE13 - Deseñar materiais didácticos e contornos formativos en rede axustados ás características dos suxeitos e os contextos nos que van ser implementados
Competencias específicas da materia:
1. Ser competente para formar e asesorar aos formadores no uso pedagóxico dos distintos medios didácticos: impresos, visuais, auditivos, audiovisuais, informáticos e multimedia, así como nos criterios pedagóxicos adecuados para a correcta integración dos medios didácticos nos procesos de ensino-aprendizaxe específicos.
2. Deseñar/programar cursos de formación nos que quede claramente especificado o papel que van a desempeñar os medios didácticos, así como o "para que, por que e como" de súa utilización.
3. Ser capaz de definir problemáticas relevantes de investigación e analizar investigacións de elearning.
4. Deseñar e avaliar propostas formativas en rede identificando as posibilidades das redes telemáticas e os materiais multimedia para elearning.
5. Ser capaz de analizar diferentes plataformas virtuais de formación e colaboración, ferramentas Web 2.0 e servizos tecnolóxicos dispoñibles para elearning e saber empregar con finalidade didáctica estes recursos en contextos formativos diversos.
A metodoloxía utilizada diríxese á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o estudante adopte unha actitude crítica ante as distintas fontes e documentos. Terá un carácter fundamentalmente práctico. Levarán a cabo actividades, tanto individuais como grupais, que o posibiliten. Todo iso estará apoiado nunha contorna virtual que permite a continuidade en todo o proceso de aprendizaxe (guía, materiais, entrega de informes, espazos de debate, espazos de colaboración, etc.). Experimentarase con varias contornas e ferramentas tecnolóxicas. Ademais da bibliografía básica mencionada, o profesorado recomendará e distribuirá material complementario de carácter teórico e empírico para as actividades prácticas que permitirá completar o seguimento do temario.
Nesta materia propoñeranse actividades relacionadas coa investigación en e-learning e a creación/avaliación de contornas de formación en rede e contidos dixitais.
Actividades de formación:
- Presentación, explicación de temas, análises documentación, dossier materia
- Análise de investigacións, experiencias e exemplos de boas prácticas de elearning
- Traballo coa documentación, elaboración de informes, Visualización e análise de materiais e-learning, resolución de problemas
- Actividades prácticas con medios e deseño propostas formativas en rede e análise de plataformas, ferramentas e servizos de elearning.
- Manexo de software e hardware específico.
- Traballo conxunto do Módulo de Investigación:
Tamén hai que ter presente que esta materia comparte un espazo modular con outras dúas do máster (Investigación en formación e recursos humanos; Investigación en e-learning). As materias que comparten módulo realizarán un taller conxunto en tres sesións dentro do horario das materias para abordar os procesos de formación coas achegas dos distintos ámbitos de especialización e favorecer a interdisciplinariedad ao afrontar a resolución de casos prácticos. Esta tarefa non se require para o alumnado de Complementos de Formación. Neste contexto establécense relacións explícitas na docencia e nas propostas de traballo conxuntas que se propoñen.
Co fin de poder establecer conexións entre o tres materias que forman parte do Módulo de Investigación (Avaliación de Programas e Institucións; Formación e Recursos Humanos; E-Learning) realizarase un traballo interdisciplinar colaborativo de Módulo.
O traballo interdisciplinar de Módulo realizarase sobre un caso real do mundo profesional que se abordará conxuntamente entre as materias do módulo. O caso estará definido desde o inicio con materiais seleccionados polos docentes. O traballo interdisciplinar do módulo elaborarase e presentará en equipos de tres alumnas/vos. Para a elaboración do traballo interdisciplinar de módulo cada equipo aplicará os coñecementos específicos traballados nas tres materias. O taller realizarase en tres sesións coa participación de todo o profesorado do módulo para orientar e axudar ao alumnado na realización do traballo.
As materias que integran o módulo recollerán nas súas avaliacións o traballo interdisciplinar de módulo asumindo a puntuación obtida na avaliación por todo o profesorado e co mesmo peso específico en cada materia.
As sesións presenciais de distribuirán en clases expositivas-interactivas. Nas sesións online continuaranse as actividades iniciadas nas sesións presenciais e darase o apoio ao traballo individual a través do campus virtual.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia as sesións de clase é un deber. Dado que las sesións interactivas son de laboratorio en esta materia no se concede dispensa, e as sesión son obrigatorias. A asistencia na materia será supervisada tanto nas clases expositivas como interactivas, sendo un requisito preceptivo para a superación da materia asistir un mínimo de 80%, sen incluír as prácticas de laboratorio que son obrigatorias.
Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
A avaliación será continua e basearase nunha serie de elementos con diferente carga porcentual. Estamos a falar de:
(1) participación activa do alumnado (10%) cun valor máximo de ate 1 punto.
(2) a elaboración das actividades e os informes propostos ao longo do desenvolvemento da materia a partir das lecturas dos documentos que se toman da bibliografía e dos casos propostos na materia (60%, 6 puntos). O alumnado debe alcanzar polo menos 3 puntos neste apartado para aprobar a materia e para poder facer media co resto dos apartados da avaliación.
(3) Traballo interdisciplinar de Módulo (30 %, 3 puntos). Este último apartado avaliarase tomando como referencia a avaliación conxunta do profesorado de todas as materias do módulo baseada nunha rúbrica. O alumnado debe alcanzar polo menos 1,5 puntos neste apartado para aprobar a materia e para poder facer media co resto dos apartados da avaliación. Este traballo requirirá unha presentación grupal ante o profesorado do tres materias e apoiarase nun informe escrito. Para superar a materia é imprescindible superar cada unha das partes que anteriormente se detallan.
Na segunda oportunidade mantéñense os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira. Tamén se manteñen para o alumnado repetidor. No caso de alumnado de complementos de formación, a súa avaliación realizarase mediante una proba final (exame) supondo este o 100% (10 puntos). O alumnado de complementos debe alcanzar polo menos 5 puntos na proba para superar a materia.
No caso de alumnado repetidor ten que cumprir todos os requisitos da materia e realizar de novo todo o proceso formativo.
Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Todo traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do estudante na convocatoria correspondente.
O uso de ferramentas xenerativas de Intelixencia Artificial para a elaboración dos traballos da materia deberá ser referido identificando as ferramentas e a finalidade de uso. En ningún caso, o uso destas ferramentas de IA poderá substituír ou suplantar as habilidades e coñecementos requiridos o cal suporía suspender a materia.
A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Indicación referida ao plaxio e ao uso indebido das tecnologías na realización de tarefas o probas: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A aprendizaxe na materia apóiase en tres requisitos indispensables:
- participación nas sesións e actividades de aula,
- traballo individual, en parellas e/ou en grupo para realizar o prácticas
- estudo individual e continuado ao longo do semestre.
Aplicando os criterios de ECTS que asigna distintos factores ás horas de dedicación do traballo do alumno segundo o tipo de docencia establécese que para as sesións expositivas necesítase unha dedicación de 27h., para as sesións interactivas necesítase unha dedicación de 48h. e para as tutorías 24 h.
- Asistencia regular ás sesións de clase e participación nas actividades en liña que asegura ao estudante a orientación na súa formación por parte do profesorado e a guía necesaria para abordar as actividades.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que cada grupo entrega.
Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante co profesorado).
- Uso adecuado das tutorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).
1º Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
2º Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Usar as dúas caras do papel.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
3º Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
4º Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
5º Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
6º Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
7º Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
8º Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Beatriz Cebreiro Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813749
- Correo electrónico
- beatriz.cebreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Fernandez Morante
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813806
- Correo electrónico
- carmen.morante [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lorena Casal Otero
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813845
- Correo electrónico
- lorena.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
16.01.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |