Créditos ECTS Créditos ECTS: 2.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 42.5 Horas de Titorías: 2.5 Clase Expositiva: 7.5 Clase Interactiva: 10 Total: 62.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender os conceptos de orientación e de titoría e as súas relacións coa función docente.
- Valorar a importancia da orientación e a titoría no ensino.
- Sensibilizar ó profesorado da necesidade de participar activamente na orientación e titoría sistemática dos seus alumnos/as.
- Coñecer as principais referencias lexislativas relacionadas coa orientación e a titoría.
- Coñecer a organización e funcionamento dos servizos de orientación existentes na Comunidade Autónoma Galega.
- Comprender a organización e a estrutura do Plan de Acción Titorial para un centro de ensino.
- Delimitar as funcións, tarefas, contidos e destinatarios da intervención titorial.
- Analizar as actividades a desenvolver polo profesorado nas súas funcións titoriais.
- Coñecer algunhas técnicas e instrumentos de traballo a empregar na realización do labor titorial.
Dado que a titoría forma parte da actividade docente, é necesario que os/as profesionais se impliquen nas tarefas orientadoras e titoriais do centro educativo para acadar o desenvolvemento óptimo das súas funcións.
Baixo estas premisas, os contidos desta materia estrutúranse, desde as cuestións máis globais e teóricas ás máis específicas e prácticas.
Os núcleos de contidos serán os seguintes:
1. Aproximación aos conceptos de orientación e de titoría.
2. Relación da orientación coa educación e a titoría educativa e as súas funcións.
3. Orientación e titoría na normativa legal vixente.
4. Ámbitos da acción titorial.
5. Planificación da acción titorial
Os anteriores contidos abordaranse tendo en conta a perspectiva de xénero e as súas implicacións na orientación e titoría.
Bibliografía Básica:
Decreto 120 de 1998 [Consellería de Educación e Ordenación Universitaria]. Polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. 27 de abril de 1998. DOG nº 79. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980427/AnuncioB71A_gl.html
Decreto 324 de 1996 [Consellería de Educación e Ordenación Universitaria]. Polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. 9 de agosto de 1996. DOG nº 156. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1996/19960809/Anuncio9002_gl.html
González, A. & Vélaz de Medrano, C. (2014). La Acción Tutorial en el sistema escolar. UNED.
Orde do 24 de xullo de 1998 [Consellería de Educación e Ordenación Universitaria]. Pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998. 31 de xullo de 1998. DOG nº 147. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980731/Anuncio107CA_gl.html
Bibliografía Complementaria:
Álvarez, M. & Bisquerra, R. (2018). Orientación educativa: modelos, áreas, estrategias y recursos (2ª ed.). Wolters Kluwer.
Álvarez, R. J. (2014). Acción tutorial y orientación: aceptación, compromiso, valores: una propuesta de estilo para la intervención de tutores y orientadores. Desclée de Brouwer.
Boza, A., Sala, M., Ipland, J., Aguaded, Mª C., Fondón, M., Monescillo, M. & Méndez Garrido, J. M. (2001). Instrumentos y técnicas de acción tutorial. En Autores, Ser profesor, ser tutor. Orientación educativa para docentes (pp. 181-204). Hergué.
Bravo, Mª X., Fortes, X., Iglesias, A. & Morán, H. (2001). A titoría na ESO. A Nosa Terra.
Currás, C. (2001). A orientación educativa e profesional en Galicia. Revista Galega do Ensino, 32, 25-34. https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/183711.pdf
Expósito, J. (Dir.) (2014). La acción tutorial en la educación actual. Síntesis.
Fresco, X. E. & Segovia, A. (2000). La tutoría como elemento de la función docente. En Autores, La acción tutorial en el marco docente (pp. 5-8). Santiago de Compostela: Seminario Galego de Educación para a Paz. http://ageps.webs.uvigo.es/crasga/Accituto.pdf
González Pérez, A. & Solano, J. Mª. (2015). La función de tutoría: carta de navegación para tutores. Narcea.
González Ponte, L. & Montanero, M. (2002). Cómo mejorar la autorregulación del estudio en la Educación Secundaria. Valoración de un programa de acción tutorial. Contextos Educativos: Revista de Educación, 5, 215-226. https://publicaciones.unirioja.es/ojs/index.php/contextos/article/view/…
González, I. (2009). La Orientación académica y profesional en clave de igualdad. CEE Participación Educativa, 11, 110-121. https://pdfs.semanticscholar.org/ca1d/6625d657ae3076aa91bb7a837265c840d…
Grañeras, M. & Parras, A. (Coord.) (2009). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas (2ª ed.). CIDE. https://diversidad.murciaeduca.es/orientamur/gestion/documentos/inv2008…
Ley Orgánica 2/2006 de Educación. 4 de maio de 2006. BOE nº 106. https://www.boe.es/buscar/pdf/2006/BOE-A-2006-7899-consolidado.pdf
Ley Orgánica 3/2020 por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. 30 de decembro de 2020. BOE nº 340. https://www.boe.es/boe/dias/2020/12/30/pdfs/BOE-A-2020-17264.pdf
Martín, E. & Tirado, V. (1997). La orientación educativa: naturaleza y funciones. En Autores (Coords.), La orientación educativa y profesional en la educación secundaria (pp. 12-32). Horsori.
Méndez, Mª J., Villar, M. & Permuy, A. (2017). La coeducación en el sistema educativo español: reflexiones y propuestas. Cooeducación: feminismo en acción, 2(7), 192-215. https://revistas.udc.es/index.php/ATL/article/view/arief.2017.2.1.2011/…
Muro, M. (2007). Planificación de la acción tutorial. En L. Longás y N. Mollá (Coords.), La escuela orientadora: la acción tutorial desde una perspectiva institucional (89-108). Narcea.
Pernas, B. & Vila, F. (2014). Orientación educativa sin sesgo de género antes de la Universidad. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Prada, C. & Martínez, L. (1995). La acción tutorial desde la perspectiva de la colegialidad. En J. Fernández Sierra, El trabajo docente y psicopedagógico en educación secundaria (pp. 343-358). Aljibe.
Santana, L. (2015). Orientación educativa e intervención psicopedagógica. Cambian los tiempos. Cambian las responsabilidades profesionales (4ª ed.). Madrid: Ediciones Pirámide.
Torego, J. C. (Coord.) (2014). 8 ideas clave. La tutoría en los centros educativos. Graó.
WEBS
Educonvives (2015-2020): http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal
Portal de Atención á Diversidade-Orientación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/diversidadeorientacion
Recursos para a Orientación Educativa en internet: http://www.orientaeduc.com
Revista Española de Orientación y Psicopedagogía: http://www.uned.es/reop
Selección de blogs de Orientación Educativa e Titoría: http://orientapas.blogspot.com/2017/12/posiblemente-los-mejores-blogs-y…
COMPETENCIAS XERAIS:
(CX11). Desenvolver as funcións de titoría e orientación dos estudantes de maneira colexiada.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS AO MÓDULO XENÉRICO:
(CE-X1). Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
(CE-X7). Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional.
(CE-X9). Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
(CE-X10). Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxes como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade ou en calquera outra circunstancia persoal ou social que poida supor un risco para a súa inclusión social e escolar.
Tratarase de estimular a participación activa dos alumnos e alumnas por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de actividades e supostos prácticos sobre as tarefas a desempeñar na titoría.
A metodoloxía da ensinanza combinará:
1.- Exposicións realizadas polo profesorado dos contidos fundamentais de cada unidade temática, seguidas de debates dirixidos a unha maior clarificación e axuste terminolóxico e relacional.
2.- Actividade práctica orientada á planificación de actividades de orientación e titoría para contextos educativos determinados. Realizaranse en sesións interactivas de seminario nas que o alumnado traballará en grupo e interactivamente os contidos correspondentes a partir da análise de documentos, manexo de técnicas e instrumentos, e resolución de situacións prácticas. O alumnado disporá con antelación das indicacións e materiais para ir realizando as tarefas prácticas segundo o programado. Recoméndase que cada equipo de traballo dispoña polo menos dun dispositivo electrónico para poder desenvolver as tarefas encomendadas.
As actividades de traballo autónomo inclúen, basicamente, o estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, e a realización das actividades sinaladas polo propio equipo de traballo para as sucesivas sesións interactivas.
No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como contorna de apoio asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, podendo atopar na aula virtual os seguintes elementos:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, temario exposto nas clases expositivas, instrucións e recursos de apoio para a elaboración das actividades prácticas a desenvolver nas sesións interactivas, e aqueloutros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o alumnado (en réxime ordinario ou con dispensa de asistencia).
- Ferramentas de comunicación co alumnado, tanto individual como grupal: empregaranse a mensaxería e os foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas para a realización grupal e/ou individual: de ser o caso, a entrega/realización de actividades prácticas programadas e aqueloutras actividades que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.), podería apoiarse na aula virtual.
De ser o caso, na materia poderase contemplar a posibilidade de desenvolver, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visitas, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación terá en conta os seguintes aspectos:
1. Asistencia e implicación nas distintas sesións da materia (requisito para proceder á avaliación).
2. Elaboración e entrega das actividades prácticas en grupo solicitadas polo profesorado (60% na nota final): P1. Somos titores/as (1 punto); P2. Perfil do titor/a (1 punto); P3. Planificación da titoría (4 puntos). En todas elas terase en conta como criterios de avaliación o nivel de logro dos obxectivos de cada actividade e en relación á adecuación (aspectos formais e de contido) e suficiencia das realizacións do alumnado.
3. Unha proba individual na que se valorarán os contidos da materia e que se realizará nas datas sinaladas no calendario oficial de exames (40% na nota final). Non se cambiará a data da proba a ningún estudante, salvo nos casos contemplados na Normativa sobre Avaliación do Rendemento Académico da USC ou outras situacións sobrevidas e reguladas pola USC.
Será preciso superar todas as partes (prácticas e proba individual) para aprobar a materia.
Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente edición da convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Así mesmo, na realización dos traballos/prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Datas de exames: no calendario oficial.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
O alumnado con dispensa de asistencia deberá ter unha titoría co profesorado da materia nos dez días seguintes da concesión da dispensa (comunicada ao profesorado da materia) para concretar as posibles tarefas avaliativas individualizadas que será necesario realizar para superar a materia, que, como mínimo, corresponderanse coas xa indicadas para o resto do alumnado.
Actividades presenciais: 23 horas repartidas en:
•Clases expositivas: 7 horas
•Clases interactivas: 10 horas
•Titorías: 6 horas
Traballo persoal do estudante: 39´5 horas repartidas en:
•Estudo 22 horas
•Lecturas recomendadas: 17´5 horas
Tempo estimado total: 62´5horas
• Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, ou, de ser o caso, seguimento regular da materia a través da aula virtual.
• Apoio na titoría presencial/virtual de xeito regular.
• Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
• Realización e participación activa nas actividades prácticas.
• Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
ASISTENCIA A CLASE:
O Máster ofertarase exclusivamente en formato presencial. A asistencia mínima a clases establécese con carácter xeral no 80% do horario de cada materia, e se considerará requisito preceptivo para presentarse a calquera das convocatorias ou oportunidades de avaliación previstas na planificación académica do curso. Non se computarán como tales as inasistencias que respondan ás “causas xustificadas” recollidas no apartado 3 da Normativa de asistencia a clases da USC (Acordo do Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010) (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
A dispensa da asistencia á clase ante determinadas circunstancias (instrución num. 1/2017 da Secretaría Xeral da USC), non poderá ser aplicada ás clases interactivas onde se desenvolvan actividades prácticas que requiran da presencia do alumnado.
Para facilitar un axeitado desenvolvemento da docencia nesta e noutras materias, é conveniente que respectemos os horarios de entrada e saída da aula. En consecuencia, por razóns organizativas e de respecto aos demais, espérase de todas/os que fagamos o esforzo de ser puntuais.
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos docentes, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
De ser o caso, na entrega de traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia terase en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Empregar grampas en lugar de encadernacións.
- Imprimir a dúas caras e en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia das prácticas, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a visibilización das achegas científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas e, a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
PROTECCIÓN DE DATOS
Será obrigatorio cumprir coa normativa vixente na USC para a protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
COMUNICACIÓN:
Miguel Anxo Nogueira Pérez. Teléfono: 881813816 // Correo electrónico miguelanxo.nogueira [at] usc.es (miguelanxo[dot]nogueira[at]usc[dot]es) (coordinador).
Ana Isabel Couce Santalla. Teléfono: 881813898 // Correo electrónico: ana.couce [at] usc.es (ana[dot]couce[at]usc[dot]es)
O alumnado deberá empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
Horario de titorías do profesorado: exposto nos despachos e na páxina web da Facultade.
Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade (Lifesize, etc.).
O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre os docentes e o alumnado matriculado na materia.
PLAN DE CONTINXENCIA (Consello de Goberno, 30/04/2021)
ADAPTACIÓN AO ESCENARIO 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
- A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual, neste último caso con preferencia polos mecanismos síncronos. A Facultade definirá a distribución da docencia presencial e virtual para a titulación.
- Na docencia interactiva, poderase combinar a presencialidade física e telemática, en todo caso garantindo para a primeira un mínimo do 50% das horas prácticas da materia.
- Haberá unha rotación máis curta nos grupos de prácticas, co obxectivo de que todos os grupos teñan garantida a impartición do mínimo esencial.
- Os horarios programados manteranse independentemente da modalidade de docencia.
- Priorizaranse as titorías por vía telemática (a través de MS Teams ou correo electrónico).
- Metodoloxía da ensinanza:
1. Os docentes informarán a través do Campus Virtual da distribución das sesións de clases presenciais e virtuais, e nestas últimas cales se realizarán de forma síncrona e asíncrona.
2. As actividades que se desenvolvan "en remoto" se realizarán a través das ferramentas do Campus Virtual.
3. O seguimento das actividades farase a través da programación de entrega das tarefas.
- Sistema de avaliación:
1. As tarefas de avaliación e a súa ponderación serán as contempladas no apartado correspondente deste programa, cos axustes necesarios respecto ao desenvolvemento e seguimento das actividades presenciais e virtuais.
2. A proba final (porcentaxe máxima na cualificación final: 40%) é complementaria ás tarefas de avaliación continua (prácticas -porcentaxe máxima na cualificación final: 60%).
3. A proba final poderá ser presencial ou telemática, dependendo da situación sanitaria, aínda que con preferencia pola primeira opción.
ADAPTACIÓN AO ESCENARIO 3. Peche das instalacións
- A docencia, tanto expositiva como interactiva, desenvolverase completamente de xeito virtual, con preferencia polos mecanismos síncronos.
- A Facultade adaptará a impartición das prácticas a unha modalidade completamente virtual. Os horarios programados manteranse independentemente da modalidade de docencia.
- A programación das titorías será exclusivamente por vía telemática (a través de MS Teams ou correo electrónico).
- Metodoloxía da ensinanza:
1. Os docentes informarán a través do Campus Virtual da distribución das sesións virtuais síncronas e asíncronas.
2. As actividades realizaranse a través das ferramentas do Campus Virtual.
3. O seguimento das actividades farase a través da programación de entrega das tarefas.
- Sistema de avaliación:
1. As tarefas de avaliación e a súa ponderación serán as contempladas no apartado correspondente deste programa, cos axustes necesarios respecto ao desenvolvemento e seguimento das actividades presenciais e virtuais.
2. A proba final (porcentaxe máxima na cualificación final: 40%) é complementaria ás tarefas de avaliación continua (prácticas -porcentaxe máxima na cualificación final: 60%).
3. A proba final será exclusivamente telemática.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ana Isabel Couce Santalla
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813898
- Correo electrónico
- ana.couce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Miguel Ángel Nogueira Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813816
- Correo electrónico
- miguelanxo.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor