Créditos ECTS Créditos ECTS: 8
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 196 Horas de Titorías: 4 Total: 200
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Filoloxía Grega, Filoloxía Latina, Filosofía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O Prácticum 1 e o Prácticum 2 son dúas materias complementarias situadas en distintos momentos do Máster pero que se desenvolven nos mesmos centros escolares, se xestionan a través de mecanismos e figuras practicamente idénticas e mesmo teñen ámbitos formativos en parte comúns. Isto fai que para a orientación do alumnado exista unha única Guía Didáctica na que se recolle de forma integrada toda a información relacionada co Prácticum.
Con todo, o feito de que no Plan de estudos se conciban como materias distintas obriga a que se presenten programas independentes, o que leva a que se reiteren algúns aspectos comúns, que son os que garanten a continuidade entre os dous períodos formativos, a carón doutros máis claramente específicos ou singulares. No que se refire ao Prácticum 2, estes últimos están relacionados coa observación, interpretación e intervención en tarefas educativas desde a perspectiva da especialidade do estudante, tal como se indica deseguido.
Valor do Prácticum 2: 8 créditos ECTS.
OBXECTIVOS
- Avanzar no coñecemento do alumnado mediante a observación, a análise e a interpretación dos seus comportamentos e actitudes.
- Observar e interpretar situacións que se producen na vida escolar, tanto desde a perspectiva de centro como desde a de aula ou especialidade.
- Aproximarse ás funcións e responsabilidades educativas nivel de área, módulo ou especialidade, mediante a colaboración co titor/a/ nas súas funcións profesionais.
- Planificar, desenvolver e avaliar co asesoramento do titor/a un proceso de intervención educativa no ámbito da especialidade.
- Reflexionar sobre a propia práctica para adoptar medidas de mellora.
CONTIDOS
- O departamento da especialidade: configuración, funcións, recursos...
- A área, especialidade ou departamento na vida do centro e na formación dos estudantes.
- A programación docente da área ou especialidade / O plan de actividades do departamento de orientación.
- O profesorado: dinámicas e inquedanzas profesionais, concepción da materia, área ou especialidade.
- O alumnado: clima relacional, características ou problemáticas, resposta a dinámicas de ensino-aprendizaxe na materia, área ou módulo.
- A aula como ámbito de interacción: metodoloxías dominantes, recursos que se utilizan, relación docente-discentes…
- A planificación didáctica na área ou especialidade / a planificación de accións no departamento de orientación: criterios, fundamentos, aspectos a ter en conta.
- A intervención docente ou de orientación: desenvolvemento e aplicación da planificación, avaliación do proceso e dos resultados.
Só se inclúen referencias de carácter xeral; as específicas serán facilitadas polos titores da especialidade
Castro, M.M., et al. (2011): La escuela en la comunidad, la comunidad en la escuela. Barcelona: Graó.
Coll, C. (coord.) (2010) Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. MEC/Graó
Elliot, J. (1994): La investigación-acción en educación. Madrid: Morata.
Feito, R. (coord.) (2010) Sociología de la educación secundaria. MEC/Graó
Fernández, M. e Terrén, E. (coords) (2008): Repensando la organización escolar: crisis de legitimidad y nuevos desarrollos. Madrid: Akal.
Fernández, M., Souto X.M., Rodríguez, R. (2005): La Sociedad del conocimiento: democracia y cultura, los retos de la institución educativa. Barcelona: Octaedro.
Freire, P. (2003): El grito manso. B. Aires: S. XXI
García, A. (coord.) (2006): Participación de las familias en la vida escolar: acciones y estrategias. Madrid: MEC/Instituto Superior de Formación del Profesorado.
González, M., Fuentes, E. (2011). El Practicum en el aprendizaje de la profesión docente. Revista de Educación, 354, 47-70.
Imbernón, F. (coord.) (2010) Procesos y contextos educativos en la educación secundaria. MEC/Graó
Meirieu, Ph. (2006): Carta a un joven profesor. Grao: Barcelona.
Meirieu, Ph. (2007): Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.
Pérez, A. (coord.) (2012) Aprender a enseñar en la práctica: procesos de innovación y prácticas de formación en la educación secundaria. MEC/Graó
Perrenoud, Ph. (2004): Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Profesionalización y razón pedagógica. Barcelona: Graó.
Pozo, J.I. (et al.) (2006: Nuevas formas de pensar la enseñanza y el aprendizaje. Las concepciones de propesores y alumnos. Barcelona: Graó.
Puelles, M. de (2006): Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.
Russell, T. (2012): “Cambios paradigmáticos en la formación de profesores: Peligros, trampas y la promesa no cumplida del profesional reflexivo”. En Encounters/Encuentros/Rencontres on Education Vol. 13, 2012, 71 – 91. http://library.queensu.ca/ojs/index.php/encounters/article/view/4426/45…
Santos, M. (2009) Escuelas para la democracia. Wolters Kluwer España.
Santos, M.A. (ed.). (2009): Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad. Madrid: Octaedro. http://www.octaedro.com/pdf/16035.pdf
Schön, D.A. (1987): Educating the Reflective Practitioner: Toward a New Design for Teaching and Learning in the Professions. San Francisco: Jossey-Bass (Trad. española: La formación del profesional reflexivo. Barcelona: Paidós. 1992.
Tiana, A. (2011): Un nuevo código deontológico para la profesión docente. En CEE Participación Educativa, 16, marzo 2011, pp. 39-48. Accesible en http://www.mecd.gob.es/revista-cee/pdf/n16-tiana-ferrer.pdf
Trillo, F. e Sanjurjo, L (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario: HomoSapiens.
Zabalza, M. (2006). El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones. En J.M. Escudero y A. Luís Gómez (Eds.). La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, 311-334.
Zeichner, K. (2010): La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Madrid: Morata.
O Prácticum constitúe un compoñente central no plan de estudos e asume a función de servir de elemento vertebrador das distintas materias que configuran o currículum do Máster. A través del o alumnado terá ocasión de desenvolver, nun contexto institucional e laboral real, o coñecemento na acción e sobre a acción que precisa como futuro docente, ao mesmo tempo que lle debe servir como un espazo para a socialización profesional.
O carácter formativo do Prácticum xira arredor de dous eixos:
- Articular a teoría e a práctica, mediante a activación dos coñecementos adquiridos nas distintas materias do Máster para resolver situacións concretas.
- Reflexionar sobre a acción, interpretando, valorando e reformulando alternativas educativas para desenvolver de xeito crítico e consciente as súas capacidades profesionais.
Esta característica de transferencia, aplicación e reflexión sobre a formación recibida fai que o Prácticum contribúa á adquisición e desenvolvemento da maioría das competencias recollidas no título do Máster, pero son específicas do mesmo as seguintes:
a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias correspondentes á especialización.
b) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente.
c) Dominar as destrezas e habilidades sociais precisas para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
d) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.
e) Para a formación profesional, coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas.
f) Respecto á orientación educativa, exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias.
No desenvolvemento do Practicum 2, tomando como fundamento a formación recibida nas materias do módulo específico, prevese a realización dun conxunto de tarefas e actividades de observación, análise, planificación, intervención e reflexión crítica que permitan a aproximación á especialidade educativa de cada estudante e á adquisición de competencias para exercer como docente dunha materia / área determinada ou para desenvolver as tarefas de orientación educativa. Complementariamente debe servir tamén para afondar na vida docente mediante a participación en tarefas colectivas de carácter curricular e extracurricular.
Máis en concreto, durante o Prácticum 2 o alumno/a realizará actividades de:
- Observación e análise do proceso de ensino-aprendizaxe na aula ou das actividades do departamento de Orientación.
- Colaboración co titor/a en actividades propias da especialidade (docencia ou orientación)
- Deseño e planificación dunha proposta didáctica ou de orientación.
- Desenvolvemento da intervención didáctica ou de orientación.
- Participación noutras actividades do centro ou departamento.
- Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas.
- Elaboración da memoria
Atendendo ao carácter de experiencia de aprendizaxe guiada, o alumnado en prácticas contará con dous profesores/as de referencia que orientarán e supervisarán o desenvolvemento do Practicum 2: un titor/a na universidade e un titor/a no centro de secundaria, que será o mesmo do Prácticum 1.
No desenvolvemento prevense diversos tipos de sesións de traballo con estes dous titores:
- Sesións presenciais na universidade e no centro de secundaria para recibir a información inicial xeral por parte das coordinacións na universidade e no centro.
- Sesións de titoría en grupo cos titores/as de referencia e sesións de titoría persoal para planificar o período de prácticas, as actividades a desenvolver, recibir orientación concretas sobre o proceso formativo, resolver dúbidas, recoller suxestións, valorar a experiencia, a memoria elaborada, etc.
Os titores na universidade realizarán, como mínimo, dúas sesións formativas cos seus titorados: unha previa á incorporación ao centro de prácticas e outra ao rematar esa estadía.
O alumnado en prácticas cumprirá co horario escolar do seu titor/a e someterase ao código deontolóxico do profesorado en exercicio.
A avaliación do Prácticum 2 realizarase de maneira compartida polo titor do centro de secundaria e polo da universidade, ponderando a cualificación de cada un ao 50%. O titor da universidade será o responsable de facer públicas as cualificacións finais, fixar as datas de revisión das mesmas, atender as posibles reclamacións e cubrir e asinar as actas.
O titor de secundaria valorará os aspectos que se recollen no Informe de avaliación que figurará na Guía do Prácticum emitindo a cualificación numérica resultante e engadindo os comentarios que considere. Dado que o alumno ten que cumprir cun horario semellante ao do seu titor durante todo o período de prácticas, calquera desvío significativo desta obriga debe ser penalizado na cualificación final. Se o incumprimento superase un terzo do horario, o alumno será considerado “non presentado”.
O titor universitario fará a súa avaliación a partir das tarefas formativas realizadas nas sesións de traballo co alumnado e da revisión da memoria de prácticas segundo os criterios especificados na Guía do Prácticum. O formato, extensión e apartados que debe ofrecer a memoria recóllense tamén na dita Guía.
Os 8 créditos ECTS de que consta o Prácticum 2 distribuiranse orientativamente do seguinte xeito:
-Observación e análise do proceso de ensino-aprendizaxe na aula ou das actividades do departamento de Orientación: 20 h.
-Colaboración co titor/a en actividades propias da especialidade: 25 h.
-Deseño e planificación da proposta didáctica ou de orientación: 35 h.
-Desenvolvemento da intervención didáctica ou de orientación: 25 h.
-Participación noutras actividades do centro ou departamento: 20 h.
-Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas: 20 h.
-Elaboración da memoria: 35 h.
-Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a e co coordinador/a de secundaria: 10 h.
-Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a da universidade: 10 h.
Para un bo aproveitamento do Prácticum, é necesario que se manteña unha boa comunicación entre as distintas figuras que participan nel: o alumnado, o titor/a da universidade, o titor/a de secundaria e o coordinador/a no centro de secundaria.
O alumno en prácticas deberá atender as tarefas acordadas cos seus titores, cumprir co horario do titor de secundaria e respectar a normativa de convivencia e utilización do centro e os seus recursos.
Na experiencia de prácticas o alumno debe observar, planificar e intervir, aproveitando as suxestións e orientación do seu titor e tratando de interpretar a realidade educativa á luz dos fundamentos teóricos das outras materias do Máster.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados; Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes; Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
PLAN DE CONTINXENCIA (Acordo do Consello de Goberno, 30 de abril de 2021
Escenario 2: Distanciamento
"As prácticas académicas externas, curriculares ou extracurriculares, poderán desenvolverse parcialmente por medios non presenciais que aseguren a adquisición das competencias e os resultados da aprendizaxe (resolución de problemas, supostos prácticos ou actividades similares). A parte das prácticas realizada por medios non presenciais non poderá superar o 50% do tempo total de duración das mesmas. Terá sempre preferencia a modalidade presencial".
Escenario 3: Peche das instalacións
"As prácticas académicas externas, curriculares ou extracurriculares, poderán desenvolverse parcialmente por medios non presenciais que aseguren a adquisición das competencias e os resultados da aprendizaxe (resolución de problemas, supostos prácticos ou actividades similares). A parte das prácticas realizada por medios non presenciais non poderá superar o 50% do tempo total de duración das mesmas. No caso de que non sexa posible modificalas deste modo, deberán ser interrompidas".
Helena Rosa De Carlos Villamarin
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Teresa Amado Rodriguez
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811888
- Correo electrónico
- mariateresa.amado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Carlos Pardo Perez
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813726
- Correo electrónico
- juancarlos.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carol Jean Gillanders
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812063
- Correo electrónico
- carol.gillanders [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Angel Armas Castro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812013
- Correo electrónico
- xose.armas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Andres Dominguez Almansa
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821024
- Correo electrónico
- andres.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Belén María Castro Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812072
- Correo electrónico
- belen.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Couce Santalla
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813898
- Correo electrónico
- ana.couce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Del Mar Sanjuan Roca
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813811
- Correo electrónico
- mariadelmar.sanjuan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Blanca Puig Mauriz
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812112
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Trigo Martínez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812024
- Correo electrónico
- cristina.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Raquel Mariño Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813833
- Correo electrónico
- raquel.marino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Manuel Ramon Pousa Castelo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Aránzazu Fuentes Ríos
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- arantxa.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Guillermo Francisco Calviño Santos
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- guillermo.calvino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Juan Ramón Gallástegui Otero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- juanramon.gallastegui [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Gonzalo Castiñeira Veiga
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Correo electrónico
- gonzalo.castineira.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rocio Carolo Tosar
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- rocio.carolo.tosar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Maria Isabel Romero Tabeayo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 982821057
- Correo electrónico
- isabel.romero.tabeayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Lara Lorenzo Herrera
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- lara.lorenzo.herrera [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luis Carlos Cachafeiro Chamosa
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Isabel Serna Masia
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Olalla Cortizas Varela
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- olalla.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sergio Clavero Ibañez De Garayo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812026
- Correo electrónico
- sergio.clavero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mario Diz Otero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812125
- Correo electrónico
- mario.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU