Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer as aproximacións teóricas nas que se basean as intervencións psicosociais en crises e trauma.
• Saber identificar as fases, factores e consecuencias das situacións de crises e trauma.
• Analizar os obxectivos e o rol dos psicólogos da intervención en crise e trauma.
• Coñecer as técnicas de intervención en situacións de crises e trauma.
• Ser capaz de deseñar, implementar e avaliar plans de intervención en crise e trauma.
• Adquirir habilidades de xestión de servizos en crises e trauma.
• Perspectivas teóricas da intervención en crise e trauma.
• Factores mediadores de vulnerabilidade e de protección.
• Roles e funcións do psicólogo en situacións de crises e trauma.
• Avaliación de necesidades.
• Intervención inmediata e seguimento.
• Tipos e niveis de intervención en crise e trauma.
BÁSICA:
• Cantero-García, M. y Rueda-Extremera, M. (2025). Manual de intervención Clínica y Psicosocial. Madrid: Pirámide.
• Charro-Baena, B. y Carrasco-Galán, M.J. (2013). Crisis, vulnerabilidad y superación. Universidad Pontificia de Comillas.
• Rubin, B, y Bloch, E. (2001). Intervención en crisis y respuesta al trauma. Teoría y práctica. Bilbao: Desclée de Brouwer. Biblioteca de Psicología.
• Yeager, K. y Roberts, A. (2015). Crisis Intervention Handbook: Assessment, treatment and research. New York: Oxford University Press. [Dispoñible en eBook]
COMPLEMENTARIA:
• Blanco, A., Blanco, R. y Díaz, D. (2016). Social (Dis) Order and Psychosocial Trauma: Look Earlier, Look Outside, and Look Beyond the Persons. American Psychologist, 71, 187–198. [Dispoñible online]
• Echeburúa, E. (2004). Superar un trauma. El tratamiento de las víctimas de sucesos violentos. Madrid: Ediciones Pirámide.
• Herman, J. (2004). Trauma y recuperación: cómo superar las consecuencias de la violencia. Madrid: Editorial Espasa Calpe.
• Janoff-Bulman, R., & Berger, A. R. (2000). The other side of trauma: Towards a psychology of appreciation. In J. Harvey & E. D. Miller (Eds.), Loss and Trauma Handbook. NY: Bruner/Mazel.
• Jódar, R. (2013) Las emociones que nos hacen vulnerables y los procesos de superación En B. Charro y M.J. Carrasco (Coords) Crisis vulnerabilidad y superación. (pp.81-100). Madrid: Universidad de Comillas.
• Larizgoitia, I., Izarzugaza, I., Markez, I., Fernández, I., Iraurguri, I., Ballesteros, J., Alonso, J., Fernández-Liria, A., Moreno, F. y Retolaza, A. (2009). La noche de las víctimas. Investigación sobre el impacto en la salud de la violencia colectiva (ISAVIC) en el País Vasco. Bilbao: Fundación Fernando Buesa Blanco. [Dispoñible online]
• Lira, E. (2010). Trauma, duelo, reparación y memoria. Revista de Estudios Sociales, 36, 14-28. [Dispoñible online]
• Nuñez-Fernández, S. (2022). Técnicas de apoyo psicológico y social en situaciones de crisis. SANT0208. [Dispoñible online]
• Páez, C. Martin Beristain, J. L. González, N. Basabe & J. de Rivera (Coords.) (2011). Superando la Violencia Colectiva y Construyendo Cultura de Paz. Madrid. Fundamentos.
• Parada-Torres, E. (2008) Psicología y emergencia. Habilidades psicológicas en las profesiones de socorro y emergencia. Bilbao: Editorial Desclée de Brouwer. [Dispoñible en eBook]
• Perez, P. (2006). Trauma, Culpa y Duelo: hacia una psicoterapia integradora. Bilbao: Desclée.
Básicas e xerais
CB7. Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e de utilizar a capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
CX2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que un/unha mesmo/a posúe.
Transversais
CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
CT2. Demostrar capacidade de resolver problemas e tomar decisións adaptadas ao contexto.
Específicas
CE2. Saber identificar as necesidades e os recursos dispoñibles para definir a actuación psicolóxica propia dos ámbitos do Máster, a partir da integración dos coñecementos adquiridos, e da súa aplicación en contornas novas e/ou definidos de forma imprecisa.
CE4. Saber adaptar e utilizar as técnicas e instrumentos propios da psicoloxía para afrontar situacións específicas da práctica profesional nos dominios de coñecemento do Máster.
CE5. Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do Máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
CE6. Ser capaz de avaliar a eficacia das estratexias aplicadas a partir de criterios éticos e de calidade.
CE7. Desenvolver habilidades de dirección e xestión de programas, ou proxectos, servizos, equipos e centros nos ámbitos de especialización do Máster.
• Lección-explicación.
• Talleres/seminarios.
Avaliarase de forma continuada, valorando a participación nas actividades de clase, informes, traballos e exposicións cun 40% da nota. O examen final consistirá nun proxecto de intervención equivalente ao 60% da cualificación.
O estudantado excepcionalmente dispensado de asistencia deberá realizar individualmente un traballo compensatorio sobre o contido das sesións interactivas e expositivas. O profesorado indicará en titorías persoais as características do traballo compensatorio, terá o mesmo valor porcentual que para as persoas con asistencia a clases (40%). O 60% restante acádase a través da proposta dun proxecto de intervención.
A asistencia a clase controlarase a través dunha lista de firmas, poderá escusarse, e non repercute na cualificación final. As escusas por inasistencia deberán axustarse ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Master da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024 (con aplicación a partir do curso 2025-2026).
ACTIVIDADE FORMATIVA
Clases expositivas: 10 hs.
Clases interactivas de seminario: 7 hs.
Realización de traballos: 3 hs.
Exposición de traballos: 3 hs.
Titorías individuais e/ou en grupos reducidos: 1 h.
Traballo persoal do alumno: 51 hs.
Realizar as lecturas e participar de xeito activo nas sesións teóricas e interactivas.
Titorías Mónica Alzate:
Martes: 9:30 - 11:30 hs
Xoves: 9:30 - 11:30 hs.
Venres: 13-15 hs
Establecer cita previa por correo-e: monica.alzate [at] usc.es (monica[dot]alzate[at]usc[dot]es)
Mónica Alzate García
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813804
- Correo electrónico
- monica.alzate [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |