Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Psicoloxía Básica, Área externa M.U en Psicoloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Familiarizarse co estudo científico do procesamento da linguaxe en bilingües.
• Coñecer modelos e/o hipóteses teóricas sobre o procesamento da linguaxe en bilingües, formuladas sobre a base de datos empíricos e da neurociencia.
• Coñecer os resultados máis actuais da investigación nos distintos niveis de procesamento da linguaxe en bilingües, tanto na modalidade oral como escrita.
• Adquirir competencias de investigación en Psicolingüística.
Tema 1: Aspectos básicos do bilingüismo
• Que é o bilingüismo?
• O alcance do bilingüismo
• Tipos de bilingüismo
• Técnicas e paradigmas de investigación en bilingüismo
• Vantaxes e desvantaxes de ser bilingüe
Tema 2: Adquisición de segundas linguas (L2) e de linguas extranxeiras (LEs)
• Adquisición de vocabulario novo
• Factores implicados na aprendizaxe dunha L2/LE
• Métodos de ensino
Tema 3: Procesamento da linguaxe falada e escrita
• Percepción e comprensión da fala
• Produción da fala
• Representación e procesamento do léxico bilingüe
o Acceso léxico
o A neurociencia cognitiva do bilingüismo: modelos de representación léxica
o Procesamento semántico
o Procesamento de oracións en bilingües
Bibliografía básica:
Manual da asignatura:
Grosjean, F. e Li, P. (2013). The psycholinguistics of bilingualism. Malden, MA: Wiley- Blackwell. (Dispoñible libro electrónico)
Outras lecturas obrigatorias:
Comesaña, M., Fraga, I., Perea, A., e Pinheiro, A. (2008). O léxico bilingue: Um léxico ou dois? Eis a questão… En C. Flores (Ed.), Temas em Bilinguismo (pp. 15-60). Braga: Hespérides.
Li, P. (2013). Computational modeling of bilingualism: How can models tell us more about the bilingual mind? Bilingualism: Language and Cognition, 16, 241–245.
Bibliografía complementaria:
Abdelilah-Bauer, B. (2007). El desafío del bilingüismo. Madrid: Morata.
Bhatia, T. K., e Ritchie, W. C. (Eds.). (2013). The handbook of bilingualism and multilingualism. Oxford, England: Wiley Blackwell.
Hawkins, R. (2018). How second languages are learned: An introduction. Cambridge University Press: Cambridge, UK.
Lightbown, P. e Spada, N. (2013). How languages are learned. Oxford: Oxford University Press.
Méndez Santos, M.C. e Duñabeitia, J.A. (Eds.) (2021). Factores cognitivos y afectivos en la enseñanza del español LE/L2. London/New York: Routledge.
Pavlenko, A. (2014). The bilingual mind. Nueva York, Estados Unidos: Cambridge University Press.
BÁSICAS E XERAIS
CB9. Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CX1. Ser capaz de realizar unha análise da realidade con base nos criterios e coñecementos científicos da Psicoloxía.
CX2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe.
CX3. Ser capaz de establecer obxectivos de actuación que sexan aceptables eticamente, realizables, e susceptibles de ser avaliados posteriormente.
CX4. Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un punto de vista científico e innovador.
TRANSVERSAIS
CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
CT3. Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
CT4. Demostrar capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas.
ESPECÍFICAS
CE3. Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos expostos.
• Lección-explicación
• Talleres/Seminario
• Traballo de laboratorio
• Lectura e análise de textos e documentos
• Elaboración e exposición de informes, ensaios e traballos
Para preparar esta materia será necesario un traballo constante por parte do estudante. Ese traballo será guiado, supervisado e avaliado de xeito continuado polas profesoras nas sesións expositivas e interactivas. Valorarase o traballo sistemático, a participación activa nos seminarios e a calidade da mesma. Polo tanto, a asistencia é obligatoria e será rexistrada en cada sesión a través dunha listaxe de sinaturas.
Nas sesións interactivas os/as estudantes terán que escoller, planificar e desenvolver un traballo de revisión sistemática ou un estudo piloto experimental sobre un dos temas ofrecidos en función dos seus intereses académicos. Este traballo será presentado na última sesión. Valorarase a capacidade de organizar e integrar a información, a claridade expositiva e o dominio no manexo da terminoloxía propia da disciplina.
A avaliación continua contribuirá ata un 30%, e o traballo de curso ata un 70%, á cualificación final.
En canto á asistencia ás clases e á posibilidade de renunciar a ela, o programa da materia cumprirá co especificado no Regulamento de asistencia ás clases nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado polo Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024). Asemade, a xustificación pola ausencia a algunha sesión deberá axustarse a dito Regulamento. Entendemos que a exención de asistencia só é aceptable como unha solución temporal en casos de extrema dificultade para seguir a docencia presencial. O estudantado con dispensa oficial deberá completar o traballo obrigatorio por outros medios e poderá recorrer ás titorías para resolver as posibles dúbidas. Ademais, terá que presentalo, xunto cos seus compañeiros e compañeiras, na última sesión interactiva. O estudantado que teña unha exención de asistencia ás clases deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nas dúas primeiras semanas do curso.
Clases expositivas: 8 horas
Clases interactivas de seminario: 6 horas
Realización de traballos: 4 horas
Exposición de traballos: 4 horas
Titorías individuais e/ou en grupos reducidos: 3 horas
Traballo persoal do/a alumno/a: 50 horas
Recoméndase revisar lecturas básicas de nivel de grao sobre o procesamento da linguaxe.
Isabel Fraga Carou
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813787
- Correo electrónico
- isabel.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Monserrat Comesaña Vila
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Psicoloxía
- Correo electrónico
- montserrat.comesana [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario da Área de Psicoloxía Básica |