Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Nun contexto complexo e mutável coma este, os gobernos necesitan conciliar as súas reivindicacións políticas. De aí a importancia do concepto de "campaña permanente", en referencia á necesidade de estar sempre atento ás demandas do electorado, así como a necesidade de explicar os logros de goberno. Con todo, a crise socio-económica contemporánea está sometendo aos gobernos a unha presión extraordinaria respecto ás esixencias explícitas dos seus electores e, en concreto, na resposta ás demandas de bo goberno e ás necesidades sociais estruturais de confianza, emprego, benestar e progreso.
A axenda do goberno precisa complementarse, entón, cunha planificación estratéxica global capaz de manexar e propoñer alternativas para todo tipo de escenarios: anticipando as ameazas e as oportunidades, proxectando contextos alternativos de acordo coa súa probabilidade, e propoñendo cursos de acción ou outras medidas coas que administrar o horizonte de posibilidades. Superando a inercia da política cotiá, e introducindo unha planificación de medio e longo prazo no desenvolvemento da súa actividade social.
Así, o goberno engadiu ao seu "core business", de forma cada vez máis importante e integrada, un núcleo estratéxico que pode realizar todas estas funcións nas súas distintas fases: análise, planificación, deseño e execución. Transformando a comunicación do goberno e a publicidade institucional, converténdose non só nun servizo para as políticas públicas, senón tamén para o horizonte estratéxico do goberno.
Neste curso imos aprender a articular este núcleo é estratéxico: vendo como desenvolver plans de goberno e como comunicalos, como encaixan na situación actual das democracias contemporáneas, como transforan a forma de facer política dos gobernos, e como calquera goberno ou organización con aspiracións pode incorporalo e xestionalo dentro da súa actividade cotiá.
1. O deseño da estratexia: problemas e oportunidades no goberno.
2. A politica de comunicación e marketing dun goberno: posicionamento e conceptualización.
3. En campaña permanente.
4. Medios e goberno: información e publicidade institucional.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
CESAR HERRERO (ed). Comunicación en campaña. Pearson. Madrid. 2014.
CALDERON, C. Otro Gobierno. Algón Editores. 2012.
FOUNTAIN, J. E. Building the virtual state. Information technology and institutional change.
Washington D. C., United States: Brookings Institution Press, 2001.
FERNANDEZ ,C. HERNANDEZ , R. OCAMPO, E. Marqueting político e imagen de gobierno en funciones. McGraw Hill. 2007.
GIMBERT, Xavier. Pensar estratégicamente. Barcelona. Centro Libros PAF. 2010.
HACKER, K. and VAN DIJK, J. Digital democracy: Issues of theory and practice. London,
Great Britain: Sage Publications, 2000.
MAAREK, P, J. Marketing político y comunicación. Paidós. Barcelona. 2009.
OHMAE, Kenichi. La Mente del estratega. Madrid. McGraw-Hill. 2005.
ORIOL COSTA, P. (ed). Cómo ganar unas elecciones. Paidós. 2008
OSBORNE, D. y GAEBLER, T. Reinventing government: how the entrepreneurial spirit is
transforming the public sector. New York, Estados Unidos: Plume/Penguin Books, 1993.
RAMOS, C. #DemocraciaHacker. El poder de los ciudadanos. Algón editores. 2013.
SANCHIS, J,L. MAGAÑA, M. SANMARTIN, A. Ganar el poder. Madrid. Síntesis. 2009.
BIBLIOGRAFÍA AVANZADA SOBRE XESTIÓN PÚBLICA
Albi, E., González Páramo, J.M., y López Casanova, G. (1997): Gestión Pública.
Fundamentos, técnicas y casos. Barcelona: Ariel.
Bañón, R. y Carrillo, E. (1997): La nueva Administración Pública. Madrid: Alianza
Universidad Textos.
Brugué, Q., y Subirats, J. (1996): Lecturas de Gestión Pública. Madrid: MAP.
Nieto, A. (1996): La "nueva" organización del desgobierno. Ariel. Barcelona.
Meny, I, Thoening, J: Las Políticas Públicas, Ariel ciencia Política, Barcelona, 1992.
Metcalfe, L; Richards, S. La modernización de la Gestión Pública. Madrid. MAP. 1989.
Ramió, Carles (1999). Teoría de la Organización y Administración Pública. UPF. Editorial Tecnos.
Barcelona
Sanchez Rojo, D. (1999). Gestión de Servicios Públicos: estrategias de marketing y calidad. UPF. Editorial
Tecnos. Barcelona
Subirats, J. (coord.) (1990-1991): Políticas públicas y organización administrativa. Documentación
Administrativa, nº 224-225 (monográfico).
Subirats, J. Knoepfel P. Larrue, C. Varone, F. Análisis y Gestión de Políticas Públicas. Ariel Ciencia Política. Barcelona 2008
CE1 - Capacidade de xestionar a mercadotecnia de organizacións complexas e de desenvolvemento e execución de campañas de comunicación especificas no marco dunha planificación estratéxica e integral
CE2 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na toma de decisións e na resolución de conflitos de organizacións complexas e no seguimento dos mesmos, tanto no nivel estratéxico como no operativo ou no técnico
CE3 - Capacidade para comprender e coñecer en profundidade as funcións internas e externas da dirección estratéxica dunha organización complexa, incluídas a xestión e o liderado dos equipos multidisciplinares
CE4 - Adquirir habilidades para adaptarse ao traballo nos equipos de mercadotecnia, comunicación e consultoría políticas, integrados por persoas de diversas disciplinas e/ou lideralos.
CE5 - Capacidade para utilizar as tecnoloxías máis avanzadas na xestión da consultoría política orientada aos gobernos e ás campañas na contorna 2.0 desde unha perspectiva estratéxica, así como para deseñar proxectos de mercadotecnia viral, interactivo, SEM-SEO, etc...
CE6 - Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos da mercadotecnia e da comunicación: empresarial, organizacional, institucional e política
CE7 - Capacidade para desenvolver investigacións no ámbito da mercadotecnia e a comunicación política
CE8 - Capacidade para deseñar plans de comunicación ligados á construción de determinados produtos políticos,implementalos e avalialos.
CE9 - Capacidade para a utilización avanzada de técnicas e procesos usados nas diversas fases da xestión da mercadotecnia política e a consultoría política en organizacións públicas e privadas
CE10 - Capacidade de pensar estratexicamente os procesos de comunicación, a súa posta en marcha e a súa avaliación
CE11 - Capacidade de deseñar e xestionar a mercadotecnia, a consultoría e a comunicación en situacións de crises a nivel estratéxico, operativo e táctico
CE13 - Capacidade para organizar eventos e acontecementos dentro dunha estratexia de mercadotecnia
CE14 - Capacidade de entender, pensar e desenvolver a comunicación cos cidadáns online no marco da Web 2.0, así como para analizar as repercusións sociais e políticas do seu impacto
CE15 - Capacidade para desenvolver un estudo avanzado sobre aspectos relevantes da mercadotecnia política e a comunicación estratéxica integral, así como defender a metodoloxía e as conclusións alcanzadas ante especialistas neste ámbito disciplinar
Clases maxistrais e clases prácticas presenciais adicadas ao estudo e análise de materiais de márqueting político no goberno e campañas de reelección
Realización dun traballo en equipo titorizados polo profesor onde se diseñará unha campaña de reelección para un candidato real.
Avaliación do traballo en equipo. 80%
A avaliación se completará coa valoración das prácticas realizadas na clase, a valoración da asistencia e participación nas clases e a entrega voluntaria de comentarios sobre os casos e lecturas recomendadas. 20%
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases de encerado 10 horas
Seminarios 10 horas
Titorías 4 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo individual do alumno 20 horas
Preparación de traballos e exposicións en grupo 10 horas
Realización de traballos individuais 10 horas
Para o seguimiento da materia, de cara a extraer dela o máximo rendemento académico e proveito orientado á práctica profesional, recoméndase:
a) Acceso aos recursos da USC: tecnolóxicos, bibliográficos, formativos ou de calquera outra índole. Complementando a formación oficial co manexo de recursos adicionais que podan axudar ao estudante no seu proveito intensivo de todas as posibilidades técnicas vistas na aula.
b) Manexo das TIC: tanto a nivel usuario das principales ferramentas ofimáticas, como de presenza e uso das redes sociais e comunidades virtuais. Durante o curso desenvolveremos aspectos relacionados co marketing directo online, e tamén utilizaremos as redes para unha comunicación profesor-alumnado máis intensiva e rica, polo que o seu manexo vai resultar indispensable para un proveito pleno da materia.
Antonio Losada Trabada
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815155
- Correo electrónico
- antonio.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
24.05.2023 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
24.05.2023 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
27.06.2023 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
27.06.2023 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |