Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46.5 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 18.5 Clase Interactiva: 6 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento do réxime de funcionamento da xestión da prevención de riscos laborais.
LECCIÓN 1.- INTRODUCIÓN XERAL Á PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
LECCIÓN 2.-POLÍTICA PREVENTIVA NA EMPRESA
1. Integración da prevención-. 2. Xestión da prevención de riscos laborais.- 3. Plan de prevención de riscos laborais.- 4. Avaliación de riscos laborais: 4.1. Metodoloxías de avaliación.- 5. Planificación da actividade preventiva.
LECCIÓN 3.- A ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE PREVENTIVA NA EMPRESA
1. Funcións técnico-preventivas e niveis de cualificación.- 2. Modalidades de organización preventiva empresarial: 2.1. Asunción persoal por parte do empresario da actividade preventiva; 2.2. Designación de traballadores; 2.3. Servizo de prevención propio; 2.4. Servizos de prevención alleos; 2.5. Servizos de prevención mancomunados.- 3. Referencia ós recursos preventivos.
LECCIÓN 4.- AS AUDITORÍAS DO SISTEMA DE PREVENCIÓN
1. Tipoloxía: auditorías obrigatorias e auditorías voluntarias.- 2. Empresas auditoras. Requisitos.- 3. Proceso de auditoría.
LECCIÓN 5.- A PARTICIPACIÓN DOS TRABALLADORES NA XESTIÓN DA PREVENCIÓN
1. O dereito á información, consulta e participación dos traballadores.- 2. Representación especializada no campo da prevención de riscos laborais: 2.1. Delegados de Prevención; 2. Comité de Seguridade e Saúde.
LECCIÓN 6.- RESPONSABILIDADE POR INCUMPRIMENTO DA NORMATIVA PREVENTIVA
1. O sistema de responsabilidades: 1.1. Responsabilidade administrativa; 1.2. Responsabilidade penal; 1.3. Responsabilidade civil; 1.4. Recargo de prestacións.
Para o estudo da materia recoméndase ter dispoñibles e manexar os manuais que abordan os temas tratados polo programa, incluídos os que se indican a continuación:
-María Teresa IGARTUA MIRÓ: “Sistema de prevención de riesgos laborales”, editorial Tecnos (última edición).
-José Ignacio GARCÍA NINET (director): “Manual de Prevención de Riesgos Laborales. Seguridad, higiene y salud en el trabajo”, editorial Atelier (última edición).
-Tomas SALA FRANCO: “Derecho de la Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
-Juan LÓPEZ GANDÍA, José Francisco BLASCO LAHOZ, “Curso de Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
É esencial manexar a lexislación actualizada sobre prevención de riscos laborais.
Xerais:
-Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito sociolaboral.
-Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral, e de modo particular en materia de prevención de riscos laborais.
-Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
-Planificar e organizar a prevención de riscos laborais nas empresas.
-Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
-Aplicar o razoamento crítico na análise dun determinado asunto ou tema.
-Capacidade para traballar en equipo.
-Capacidade para a aplicación dos coñecementos teóricos á práctica.
Específicas:
-Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar axeitadamente os sistemas de prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións.
-Aplicar as distintas modalidades de organización da prevención.
-Coñecer e aplicar o plan de prevención de riscos, os seus distintos elementos, así como as metodoloxías de avaliación de riscos, nos distintos sectores produtivos de bens e servizos.
-Coñecer as obrigas empresariais en relación coas auditorías ou avaliacións externas do sistema de prevención.
-Coñecer e xestionar as actividades relacionadas coa planificación das actividades preventivas.
-Coñecer e coordinar as tarefas de prevención de riscos relacionadas cos locais, instalacións e equipos; coa exposición a riscos ambientais, así como dos riscos derivados da carga e organización do traballo.
-Coñecer, aplicar e deseñar as actividades propias dos órganos de consulta e participación dos traballadores na xestión da prevención.
-Coñecer o marco xeral de responsabilidade en materia de xestión da prevención.
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe combina clases teóricas (docencia expositiva) e clases prácticas (docencia interactiva).
As clases teóricas están dedicadas á presentación e explicación das diferentes leccións do programa e adoptarán a forma de clases maxistrais. Avanzarase na explicación das distintas leccións, prestando especial atención á presentación dos problemas prácticos dos temas tratados. A explicación oral do profesor reforzarase coa proxección de presentacións esquemáticas que se colgarán no Campus virtual. Estas presentacións son guións de estudo e están destinadas a axudar aos estudantes a seguir a explicación, pero en ningún caso son suficientes para aprobar a materia.
As clases interactivas dedicaranse a resolver casos prácticos sobre os problemas máis recentes relacionados coas leccións teóricas e fomentarase a discusión na clase. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) utilizaranse no ensino, co obxectivo de promover a participación activa dos estudantes e para facerlles preguntas sobre os temas abordados. Do mesmo xeito, os alumnos terán que facer unha exposición oral en grupo sobre un aspecto específico do programa, que será asignado pola profesora.
O campus virtual da USC actuará como elemento de apoio á docencia, xa que se colgarán as presentacións preparadas polo profesor, os casos prácticos que se resolverán nas clases interactivas e o resto dos materiais que se empregarán na materia. Así mesmo, utilizarase como medio de comunicación preferente cos estudantes.
O sistema de avaliación da adquisición das competencias combina un exame final cunha avaliación continua ou formativa ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, segundo as seguintes porcentaxes:
- Exame final de resposta múltiple escrito: 70% da nota.
- Avaliación continua: ata un máximo do 30% da nota. Se o alumno aprobou o exame final escrito, poderá obter ata un máximo de 3 puntos polo seu traballo durante o curso (participación activa nas clases teóricas e prácticas (a simple asistencia non é suficiente), resolución de casos prácticas, respostas ás preguntas feitas, exposición oral e outras actividades realizadas).
Réxime para o alumnado con concesión de exención de docencia: sempre que superasen o exame final escrito, poderán obter ata un máximo de 3 puntos, correspondentes á avaliación continua, por realizar un traballo escrito sobre un tema específico do programa que lles propoñerá a docente.
Considérase necesario adicar un total de 54 horas de traballo persoal paar a preparación da materia.
A ausencia á clase, non realizar actividades docentes programadas e deixar o estudo da materia para o final limita extraordinariamente as posibilidades de superala.
Plan de continxencia.
Se fose necesario pasar aos escenarios 2 e 3 previstos no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022, faríanse as seguintes adaptacións:
-Metodoloxía da ensinanza: a docencia sería virtual, seguindo as fórmulas que determine o centro no que se imparte a materia. Empregaríanse mecanismos "síncronos", concretamente a plataforma MS Teams e o Campus virtual.
-Sistema de avaliación: no caso de que non se puidesen realizar de xeito presencial, as actividades de avaliación serían virtuais e a plataforma MS Teams utilizaríase, por exemplo, para as presentacións orais e o Campus virtual, para o desenvolvemento do exame final de resposta múltiple. Mantéñense as porcentaxes correspondentes da cualificación (70% exame final de elección múltiple, 30% avaliación continua).
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
Silvia Fernandez Martinez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814767
- Correo electrónico
- silviafernandez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Joaquín Vidal |
17.01.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
01.07.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |