Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 9 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
-Análise do sistema mediático do século XX ao ecosistema mediático do século XXI
-Características das plataformas e características dos medios
-Procesos de transformación e adaptación dos medios
-Soportes e canles do novo ecosistema: características e tendencias
Os contidos do curso xirarán arredor da análise das características do sistema mediático do século XX e da análise das características do ecosistema comunicativo do século XXI, prestando atención aos elementos diferenciáis, en especial a existencia das plataformas tecnolóxicas e redes sociais e aos novos modelos de medios de comunicación, tanto matriciais como nativos dixitais. Nos contidos explicaranse as características da transformación vivida e a estrutura sobre a que descansan os novos soportes e canles do actual ecosistema mediático. Nas aulas de seminario analizaranse casos de plataformas e medios, así como as interaccións e relacións.
A continuación especificamos os temas do programa:
Tema 1.-O sistema mediático do século XX: estrutura e características
Tema 2.-O ecosistema comunicativo do século XXI: estrutura e características
Tema 3.-Proceso de adaptación de vellos medios, aparición de novos medios e hibridación mediática.
Tema 4.-Canales e soportes da sociedade rede. Evolución e tendencias
Básica
Bauman, Zygmunt (2013). Vigilancia líquida. Barcelona: Paidós.
Calvo, Elkin (2019): Youtube como ecosistema comunicativo. eBook, Saxo-YoPublico.
Osterhammel, Jürgen (2014): The Transformatión of the World: A Global History of the Nineteenth Century. Translated by Patrick Camiller. Princeton: Princeton University Press.
Renó, Denis; Velásquez, Andrea; Estrella Silva, Santiago -eds.- (2020): Tendencias de la comunicación. El ecosistema mediático contemporáneo. Discusiones sobre audiencias, estrategias de comunicación y resultados. Vol. II. Madrid: Dykinson.
Toural-Bran, Carlos; López-García, Xosé -Coordinación- (2019): Ecosistema de Cibermedios en España. Salamanca: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
Zuboff, Shoshana (2019): The Age Of Surveillance Capitalism: The Fight for a Human Tuture at the New Frontier of Power. New York: Public Affairs.
Complementaria
Carrera, Pilar; Limón, Nieves; Herrero, Eva; Sáinz de Baranda, Clara (2013): Transmedialidad y ecosistema digital. Historia y Comunicación Social, Vol. 18, Nº especial noviembre, pp. 535-545. Accesible en: https://revistas.ucm.es/index.php/HICS/article/view/44257.
Díaz Nosty, Bernardo (2005): El déficit mediático. Donde España no converge con Europa. Barcelona: Editorial Bosch.
Calvo Manuera, Elkin Alfonso (2018): YouTube como ecosistema comunicativo. ¿Una oportunidad para la cultura política?. Tesis de maestría. Enlace: https://repository.udistrital.edu.co/handle/11349/8824.
Básicas xerais
-Coñecer as características dos modelos de medios da sociedade industrial e o ecosistema comunicativo actual, así como oos modelos de medios da sociedade dixital.
-Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos sobre o papel das plataformas e o papel dos medios nas dinámicas dos procesos de comunicación na sociedade rede.
Transversais
-Entender o funcionamento do ecosistema comunicativo e xestionar iniciativas informativas para os diferentes soportes e canles.
Específicas
-Empregar técnicas e ferramentas axeitadas para a elaboración de productos para os diferentes soportes e canles da sociedade rede.
A metodoloxía de ensino traballa con dous escenarios contemplados actualmente pola USC e están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual. A programación contempla:
A) Docencia presencial. A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teórica, clases de seminario teóricas, clases de seminario, prácticas, traballos individuais e grupais tutorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plan de estudos.
B) Docencia en liña. A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teórica, clases de seminario teóricas, clases de seminario, prácticas, traballos individuais e grupais tutorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plan de estudos. Neste suposto, empregaranse os medios ofrecidos pola USC. As actividades serán variadas, combinando as tarefas individuais con outras que fomenten o traballo colaborativo. Potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado incluíndo elementos de retroalimentción ou avaliación a través da planificación das actividades que se publicarán nos primeiros días do curso, así como o material necesario, as datas de entrega e o sistema de avaliación.
A avaliación poderá ser continua cos elementos fixados polo profesor para medir a implicación do alumnado no desenvolvemento do programa da materia e o nivel de aproveitamento de contidos. Opcionalmente poderase programar un exame de coñecementos e competencias adquiridas ao longo do curso (50% máximo).
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia. Da mesma forma, no caso do escenario 2, é dicir, que a docenia sexa semi-presencial ou exclusivamente telemática, a avaliación será continua e non haberá proba final. Será especialmente penalizado o plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas.
O tempo de estudo e traballo persoal fose das aulas é aproximadamente de 49 horas.
Recoméndase a lectura da bibliografía indicada e das achegas que o profesor realice na aula. Tamén é de especial relevancia o coñecemento e seguimento dos cambios no ecosistema comunicativo.
Plan de continxencia
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física):
a) Metodoloxía da ensinanza: a docencia combinará as clases presencias coas virtuais a través de MS Teams, sempre con preferencia por mecanismos síncronos. Garántese a máxima presencialidade posible para as sesións interactivas, que nunca será inferior ao 50% das horas prácticas da materia. Nas actividades en remoto que se programen como parte do traballo persoal do alumnado combinaranse tarefas individuais con traballo colaborativo, ao tempo que se potenciará a aprendizaxe autónoma mediante elementos de retroalimentación e de autoavaliación. Empregarase o campus virtual e o seguimento das actividades realizarase mediante a programación de entregas.
b) Sistema de avaliación da aprendizaxe: mantense o sistema de avaliación previsto para o escenario 1. No caso de non ser posible realizar proba final de xeito presencial, realizaríase de modo telemático.
Escenario 3. Peche das instalacións
c) Metodoloxía da ensinanza: a docencia impartirase de xeito virtual a través de MS Teams, sempre con preferencia por mecanismos síncronos. Nas actividades en remoto que se programen como parte do traballo persoal do alumnado combinaranse tarefas individuais con traballo colaborativo, ao tempo que se potenciará a aprendizaxe autónoma mediante elementos de retroalimentación e de autoavaliación. Empregarase o campus virtual e o seguimento das actividades realizarase mediante a programación de entregas.
d) Sistema de avaliación da aprendizaxe: mantense o sistema de avaliación previsto para o escenario 1, catar que a proba final se realizará de xeito telemático.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Ramon Pousa Estevez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816537
- Correo electrónico
- xoseramon.pousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Perez Pereiro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816532
- Correo electrónico
- marta.perez.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Martes | |||
16:00-20:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
16:00-20:30 | Laboratorio 1 | Galego | Aula NACHO MIRAS |
Venres | |||
16:00-20:30 | Laboratorio 1 | Galego | Aula NACHO MIRAS |