Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Nos últimos anos, a rede evolucionou cunha gran velocidade, a partir do xurdimento de webs de nova xeración que aprenderon dos erros dos primeiros anos na rede. A principal consecuencia desde o punto de vista dos editores de contido é o xurdimento dunha arquitectura distribuída e de mash- ups, con provedores de servizos que permiten estender o concepto de medio de comunicación en direccións máis flexibles. Esta disciplina, a arquitectura da información, permite maximizar o uso do contido e mellora a súa circulación dentro de sistemas complexos de difusión multimedia.
Os contidos son:
•A estrutura interna do contido·
•A programación e os principais sistemas.
•Servidores e servizos
•A utilización de APIS: Google, Google Maps, Flickr, Youtube, Vimeo, Technorati, Reuters, New York Times, BBC...
•O front- end: a recuperación da información.
• A ordenación dos elementos.
• Sistemas de valorización da información.
Capacitar ao alumnado para a participación en diferentes fases de desenvolvemento de produtos dixitais interactivos baseados nos contidos, tanto na súa concepción teórica no ámbito da arquitectura da información e a planificación da circulación e aproveitamento do contido como no deseño e concepción de interfaces de navegación e acceso á información dos produtos.
Dotar ao alumnado de ferramentas de análise e avaliación sobre arquitectura da información e usabilidade en produtos dixitais interactivos existentes, realizando análises críticas dos desenvolvementos e extraendo información destes.
Os contidos do curso xirarán ao redor do estudo dos conceptos de arquitectura da información, os diferentes modelos de estruturas de contido e a linguaxe e a súa gramática de representación. A usabilidade e as teorías do deseño eficiente son tamén parte do programa teórico e dispoñen, ao igual que a arquitectura da información, da súa correspondente parte práctica.
Contidos teóricos
Os contidos teóricos centrais céntranse no estudo dos elementos básicos da arquitectura da información, os modelos construídos e xenerados para atender ás diferentes modalidades expresivas dixitais, a súa evolución e os modos de representación visual destes procesos, así como as metodoloxías de desenvovemento destes conceptos. Unha significativa parte ten que ver tamén coa teoría do deseño de interfaces e as ferramentas de análise para avaliar o uso dunha ferramenta dixital.
Contidos de seminario e prácticos
Os contidos de seminario e prácticos centrais oriéntanse, en primeiro lugar, cara a análise de produtos e a sistematización, desde unha ollada externa, da súa estrutura informativa interna e a súa correlación nunha estrutura dinámica de base de datos. Este tipo de prácticas alentan a ollada crítica do alumno que, posteriormente empregará para desenvolver os seus propios esquemas e procesos de fluxo de información a través dos seus propios traballos e elaboracións.
O alumno elaborará pezas con novas narrativas informativas para tódolos soportes, para o que deberá contar con materiais funxibles e produtos de apoio para elaborar pezas multimedia, de realidade virtual e de xestión é procesado de datos. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Pode precisar apoio para algunha peza de plató. A peza final editarase e difundirase. Estes contidos de seminario e prácticos están relacionados cos contidos teóricos.
Temas do programa
Tema 1: A arquitectura da información: orixes e fundamentos
Tema 2: Linguaxes de representación de fluxos de información
Tema 3: Bases de datos e contidos comunicativos
Tema 4: Principios de deseño para usabilidade
Tema 5: As interfaces nas plataformas dixitais
Bibliografía básica
Dewdney, A., Ride, P. (2013) The Digital Media Handbook. Routledge, London.
López García, Xosé., et al. (2006), Sistemas digitales de información. Pearson, Madrid.
Garret, Jesse James (2002), “A visual vocabulary for describing information architecture and interaction design” in jjgarret.com.
Salaverría, R. (2015). Los labs como fórmula de innovación en los medios. El Profesional de La Información, 24(4), 397–404. https://doi.org/10.3145/epi.2015.jul.06
Scolari, Carlos (2013), Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan, 2013.
Yunquera, J. (2016). Revistas y diarios digitales en España. Historia de una evolución. Editorial UOC. Barcelona.
Westlund, O. (2017). Mobile News: The Future of Digital Journalism. In B. Franklin & S. A. Eldridge II (Eds.), The Routledge Companion to Digital Journalism Studies (pp. 207– 216). London, New York: Taylor and Francis.
Witchsge, T; Anderson, C.W.; Domingo, D.; Hermida, A. (2016) The SAGE Handbook of Digital Journalism. Sage, Londres.
Bibliografía recomendada
Armentia Vizuete, José Ignacio, Pérez, Juan Carlos, & Elexgaray Arias, Jon. (1999).
Diseño y periodismo electrónico. Bilbao: Servicio Editorial, Universidad del País
Vasco.
Baofu, Paul. (2008). The Future of Information Architecture: A Preface to a New Theory of
Taxonomy, Network and Intelligence. Neal-Schuman Publishers.
Bastos, Helder (2006). Ciberjornalismo e narrativa hipermédia. Prisma. Recuperado a partir de
http://prisma.cetac.up.pt/artigos/ciberjornalismo_e_narrativa_hipermedi…
Batley, Sue (2007). Information Architecture for Information Professionals. Neal-Schuman
Publishers.
Battelle, John (2006). The Search: How Google and Its Rivals Rewrote the Rules of Business
and Transformed Our Culture. Portfolio Trade.
Coutín Domínguez, Adrián. (2002). Arquitectura da información para sitios web. Madrid:
Anaya Multimedia.
Cuerda Garcia, Xavier, & Minguillón Alfonso, Julià. (s.d.). Introducción a los Sistemas de Gestión de Contenidos (CMS) de código abierto. Mosaic.
Curtis, Hillman. (2002). MTIV: Process, Inspiration and Practice for the New Media Designer
(illustrated edition.). New Riders.
Larrondo, Ainara, & Serrano, Ana. (2007). Diseño periodístico en Internet. Leioa: Servicio
Editorial de la Universidad del País Vasco
Salaverría, Ramón, & Negredo, Samuel. (2008). Periodismo integrado: convergencia de
medios y reorganización de redacciones. Barcelona: Sol90Media
Salaverría, R. (2016): Ciberperiodismo en Iberoamérica. Fundación Telefónica (Madrid), Ariel. Barcelona.
Wodtke, Christina., & Govella, Austin (2009). Information Architecture: Blueprints for the Web (2nd Edition) (2º ed.). New Riders
BÁSICAS E XERAIS
Non existen datos
TRANSVERSAIS
CT02 - Idear e crear produtos multimedia
ESPECÍFICAS
CE12 - Elaborar un prototipo de xestión de contido empregando diferentes ferramentas para modificar fluxos de contido de soporte heteroxéneo a partir dunha análise da arquitectura da información
Capacidade de desenvolver estruturas de contido para produtos dixitais interactivos.
Manexo de bases de datos relacionais.
Manexo de principios de deseño interactivo.
Nota importante: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2021-2022 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021. Aínda que sexa unha materia sen docencia, o estudante pode solicitar titorías, unicamente para aclarar eventuais dúbidas xurdidas na preparación do exame final. As titorías poden ser presenciais ou telemáticas por medio de MSTeams.
Nota importante: Os alumnos matriculados non teñen dereito á docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a un exame, que se realizará segundo os contidos do programa que se impartíu no curso 2020-2021.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
O alumno terá que dedicar 75 horas das que 49 horas son de traballo individual, 21 horas de traballo presencial, 3 horas de titorias e 2 horas de exame.
Un elemento clave para o estudo desta materia é familiarizarse cos vocabularios e a terminoloxía de áreas tan específicas como a arquitectura da información e a usabilidade, polo que ser recomenda fortemente o seguemento de publicacións dixitais específicas do sector.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual) e os sistemas de videoconferencia previstos pola USC.
No referido ao sistema de avaliación, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Manuel Gago Mariño
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- manuel.gago.marino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
30.05.2022 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 0 |
05.07.2022 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 0 |