Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Establecer a relevancia da interacción dos seres vivos có medio ambiente xeolóxico e edáfico e a súa importancia como factor de biodiversidade, así como as implicacións en cuestións de comprensión, conservación e xestión, a través da adquisición de capacidades e habilidades para: diferenciar os principais tipos de rochas, ambientes morfoxenéticos e solos; identificar os factores do medio físico que condicionan a biodiversidade; integrar información xeolóxica, xeomorfolóxica e edafolóxica en estudios do medio natural.
Programa de clases expositivas
Tema 1. Concepto de xeodiversidade. Implicacións no desenvolvemento dos diferentes tipos de hábitats. (1 hora).
Tema 2. Os materiais xeolóxicos: composición, estrutura e propiedades. (2 horas)
Tema 3. Procesos xeolóxicos externos nos principais ambientes morfoclimáticos. Relevos litolóxicos e estruturais. (3 horas)
Tema 4. As funcións ecosistémicas do solo (1 hora)
Tema 5. Edafodiversidade: factores de formación, procesos edafoxenéticos e distribución de solos (3 horas)
Tema 6. O solo como factor de biodiversidade (2 horas)
Programa de clases interactivas
Seminarios
Dous seminarios dunha hora cada un no se se abordaron exemplos concretos de análise da influenza da xeodiversidade e a edafodiversidade na aparición e desenvolvemento de distintos tipos de hábitats. (2 hora)
Saída de campo
Farase un percorrido no que se analizaran en campo as relacións entre a xeoloxía, os solos e os hábitats empregando como unidade de integración a paisaxe. (5 horas).
Titorías
Seguimento da aprendizaxe do alumnado. Acláranse as dúbidas suscitadas polo alumnado e afondarase naquelas cuestións que presentan máis dificultades
Bibliografía básica
- Tarbuck, E.J. y Lutgens, F.K., 2013. Ciencias de la Tierra: una introducción a la Geología Física. 10ª ed. Madrid: Pearson.
Biblioteca de Bioloxía: A TG 197 M 1
A TG 197 M 2
A TG 197 N
A TG 197 O 1
A TG 197 P 1
A TG 197 Q 1
- Porta, J., López-Acevedo, M., Poch, R.M. 2008. Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Mundi-Prensa.
Biblioteca de Bioloxía: A TS 82
Biblioteca de Farmacia: TS 449
- Driessen PM., Deckers, JA., Spaargaren, OC., Nachtergaele, FO. 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome. http://www.isric.org/Isric/Webdocs/Docs/Major_Soils_of_the_World/start… ftp://ftp.fao.org/agl/agll/docs/wsrr94e.pdf
Bibliografía complementaria
- Breemen, N. Van., Buurman, P. 2002. Soil formation. Dordrecht ; Boston : Kluwer Academic.
- Buol S.W., Southard R.J., Graham R.C., McDaniel P.A. 2003. Soil Genesis and Classification. Ames (Iowa) : Iowa State University Press
- European Bureau Network. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg. http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm
- Gallardo J.F. 2016. The soils of Spain. Springer
- Gutiérrez Elorza, M. 2008. Geomorfología. Pearson Educación. Madrid.
- IUSS Grupo de trabajo WRB. 2014. Base Referencial Mundial del Recurso Suelo. Un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Actualización 2015. Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos 106. FAO, Roma. http://www.fao.org/3/i3794es/I3794es.pdf
- Juma, N.G. 1999. The Pedosphere and its Dynamics. A Systemes Approach to Soil Science. Vol1. Salman Productions, Edmonton.
- Pipkin, B.; Trent, D.D.; Hazlett, R. y Bierman, P. 2011. Geology and the environment. Brooks/Cole, Cengage Learning. USA.
Competencias básicas e xerais
As especificadas na memoria do grao para o conxunto das materias
Competencias específicas
CE1 - Saber identificar aspectos xeolóxicos e xeomorfolóxicos relevantes para comprender a biodiversidade.
CE2 - Coñecer os factores ambientais que condiciona a edafodiversidade.
CE3 - Coñecer os condicionantes edáficos da biodiversidade.
Competencias transversais
CT4 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT10- Utilización de información en lingua estranxeira.
CT11- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
Clases expositivas:
Alternancia de clases maxistrais, que ofrecen a posibilidade de incidir no máis importante de cada tema, con debates e cuestións. Estas clases centraranse na comprensión dos conceptos propios da materia e ofrecerán unha visión global do tema tratado. Actividades apoiadas en medios audiovisuais e informáticos; e diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia), promovendo a participación. Tamén se indicarán aqueles recursos máis recomendables para a preparación posterior do tema en profundidade.
Clases interactivas:
Titorías e Seminarios: debates e cuestións, promovendo a participación do alumnado baixo a tutela e dirección do profesorado para estudar con detalle aspectos importantes da materia que non se poden tratar con profundidade nas clases teóricas.
Os seminarios buscan reforzar a aprendizaxe de conceptos, e desenvolver competencias instrumentais, sistémicas e interpersonais necesarias para a resolución de problemas.
As titorías serán individuais ou en grupo moi reducido, para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ó alumnado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias.
Saídas e traballo de campo: saída de campo titorizada para observar e aprender a identificar no medio natural as interaccións entre o biotopo e a biocenose, e as consecuencias para a biodiversidade. No traballo persoal orientarase a actividade á aplicación práctica dos coñecementos adquiridos.
Para facilitar a preparación e seguimento de todas as actividades por parte do alumnado, empregarase a aula virtual na plataforma Moodle do campus virtual da USC e MS Teams.
Sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento, as actividades expositivas, os seminarios e as titorías desenvolveranse de forma síncrona e presencial na sede da USC ou por videoconferencia nas sedes do resto de universidades participantes.
Se o número de estudantes matriculados na materia e a dispoñibilidade de transporte o permiten, as saídas de campo serán na súa totalidade presenciais e é obrigatoria a asistencia do alumnado.
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
Os coñecementos, competencias e destrezas adquiridos avaliaranse totalmente mediante avaliación continua a partir de:
- Un estudo de caso realizado á conclusión da materia e no que se disporá de un período non inferior a 1 mes para as súa realización,
- Traballos asíncronos que se poderán entregar ata un mes despois da conclusión da materia,
- Actividades e probas (p.ex. test multi-resposta) propostas en aula ou a través da aula virtual,
- Participación activa (preparación previa, elaboración de cuestións, aportación de información) nas actividades de campo,
- Valorarase a asistencia a cada unha das actividades propostas na materia,
Para superar a materia é obrigatorio asistir á saída de campo e realizar o estudo de caso. Na actividade do estudo de caso é necesario ter nesta actividade unha nota mínima de 4 (sobre 10) para que se poidan sumar o resta de actividades da avaliación continua.
Conservaranse as cualificacións das diferentes actividades da avaliación continua durante as dúas seguintes convocatorias, sempre que estas foran iguais ou superiores ao 50% da cualificación máxima alcanzable en cada unha delas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación das competencias levase a cabo do seguinte modo:
No estudo de caso avalíanse as competencias: CT4, CT9, CT11, CE1, CE2, CE3
Nos traballos de aula e virtuais síncronos e asíncronos avalíanse as competencias: CT4, CT10, CE1, CE2, CE3
No traballo de campo avalíanse as competencias: CT4, CT9, CT10, CT11, CE1, CE2, CE3
Traballo presencial na aula
Clases expositivas e seminarios: 15 horas
Prácticas de laboratorio/campo: 5 horas
Titorías: 1 hora
Realización de exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial: 23 horas
Traballo persoal
Estudo individual: 22 horas
Elaboración da memoria do estudo de caso: 18 horas
Outras actividades (titorías, realización de probas, preparación saída de campo, lecturas recomendadas): 10 horas
Total horas de traballo persoal: 50
Horas totais de dedicación a materia: 23 presenciais + 50 persoais = 73 horas
Asistencia e participación activa en todas as actividades
Consulta da bibliografía recomendada
Uso das canles virtuais de traballo e comunicación
Plan de Continxencia
Seguindo as directrices do “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022” aprobado o día 30 de abril de 2021, todas as actividades docentes a desenvolver na materia foron adaptadas aos diferentes escenarios probables.
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
De non poder garantir as normas de distanciamento, as actividades expositivas e de seminarios desenvolveranse de forma síncrona e presencial, pero en quendas alternas en aula, sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento.
Se o número de estudantes matriculados na materia e a dispoñibilidade de transporte o permiten, as saídas de campo serán na súa totalidade presenciais e, de non ser así, pasarase a unha docencia virtual e síncrona.
As titorías faranse integramente de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
Escenario 3 (peche das instalacións)
As actividades expositivas e de seminarios desenvolveranse de forma totalmente virtual, síncrona e presencial utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
As saídas de campo serán virtuais e síncronas, utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
As titorías faranse integramente de forma virtual utilizando as plataformas virtuais que poña a disposición a USC (MS Teams, Moodle, etc).
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Os coñecementos, competencias e destrezas adquiridos avaliaranse totalmente mediante avaliación continua a partir de:
- Un estudo de caso realizado á conclusión da materia e no que se disporá de un período non inferior a 1 mes para as súa realización,
- Traballos asíncronos que se poderán entregar ata un mes despois da conclusión da materia,
- Actividades e probas (p.ex. test multi-resposta) propostas a través da aula virtual,
- Participación activa (preparación previa, elaboración de cuestións, aportación de información) nas actividades de campo ou nas actividades virtuais que se desenvolvan no caso de non ser posible realizar a saída ao campo
- Valorarase a asistencia a cada unha das actividades, presenciais e/ou telemáticas, propostas na materia
Escenario 3 (peche das instalacións)
Para a resolución e entrega das probas e informes asociados a todas as actividades da avaliación continua empregaranse ferramentas virtuais aproveitando as capacidades da aula virtual da plataforma Moodle e o correo electrónico institucional de profesorado e alumnado.
Teresa Maria Taboada Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813289
- Correo electrónico
- teresa.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Xabier Pontevedra Pombal
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813238
- Correo electrónico
- xabier.pombal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |
Mércores | |||
09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |