Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Aprender os fundamentos da Óptica Integrada (OI) en materiais dieléctricos, semicondutores, metais e híbridos.
- Formalizar a propagación modal da luz en guías ópticas integradas e amosar o funcionamento dos elementos ópticos integrados básicos feitos con estas guías.
- Presentar os distintos métodos de caracterización óptica dos elementos ópticos integrados e os seus procesos de fabricación.
- Expoñer o fenómeno do acoplamento modal entre guías ópticas integradas, formalizalo e amosar a súa utilidade práctica.
- Amosar as aplicacións máis relevantes da óptica integrada desenvoltas con Dispositivos Ópticos Integrados (DOI) nos campos do procesado óptico, sensores ópticos e comunicacións ópticas.
Escenarios 2 ou 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacions
1. Teoría modal de guías ópticas integradas. Orixe e concepto da óptica integrada; guías planas de salto de índice e de índice gradual; modos plasmónicos; guías integradas de canle; métodos de resolución modal.
2. Caracterización de guías ópticas integradas. Acoplamento prisma-guía; medida de índices efectivos; acoplamento rede de difracción-guía; medida de perdas.
3. Teoría do acoplamento modal. Ortogonalidade modal; acoplamento modal transversal; unións Y; teoría de modos acoplados.
4. Acoplamento modal codireccional e contradireccional. Acopladores direccionais; redes ópticas integradas como acoplador contradireccional; concepto de gap fotónico e guiado nanofotónico; convertedores TE-TM.
5. Dispositivos ópticos integrados. Fundamento e propiedades dos circuítos ópticos integrados (COI); procesos de fabricación; elementos ópticos integrados básicos; sensores; amplificadores.
Escenarios 2 ou 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacions
1.-Hunsperger R.G.,"Integrated Optics: Theory and Technology", Springer-Verlag, 1991.
2.-Lifante, G., “Integrated Photonics: fundamentals”, John Wiley & Sons, 2003.
3.-Lee, D., "Electromagnetic Principles of Integrated Optics", J.Wiley and Sons, 1986.
4.-Nishihara, H., et.al., "Optical Integrated Circuits", McGraw-Hill, 1989.
5. Cabrera, J.M., Agulló, F., López, F.J., “Óptica Electromagnética”, vol. II, Addison-Wesley, 2000.
6.-Rodríguez, J., et.al., "Óptica Integrada: Primeros Pasos". Univ. de Oviedo, 1992.
7.-Tamir, T., Editor, "Integrated Optics", Springer-Verlag, 1979.
8.-http://paristech.institutoptique.fr/site.php?id=96
Escenarios 2 ou 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacions
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
ESPECÍFICAS
CE10 - Comprender e asimilar tanto aspectos fundamentais como máis aplicados da Física da luz e a radiación.
CE11 - Adquirir coñecementos e dominio das estratexias e sistemas de transmisión da luz e a radiación.
Escenarios 2 ou 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacions
Impartiranse as horas semanais de clase presencial que correspondan segundo o calendario oficial do Máster. Nestas clases presenciais explicaranse os contidos da materia, introducindo exercicios e problemas ilustrativos e/ou clarificadores destes contidos. Proporcionaráselles aos alumnos materiais de estudo (en xeral en soporte electrónico) que comprenderán exercicios e problemas así como as diapositivas presentadas en clase, nas que se recollen as ideas fundamentais dos contidos teóricos explicados.
Escenarios 2 ou 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacions
O método de avaliación será continuo e comporase dunha combinación de actividades:
Actividade avaliable Peso na nota global
Resolución de exercicios prácticos na aula 60%
Actividades realizadas en horario non presencial 30%
Participación en clase 10%
Sen embargo, de acordo coa normativa vixente, tódolos/as alumnos/as terán dereito á realización dun exame final que constituiría neste caso o 100% da cualificación.
Escenarios 2 ou 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacions
Horas presenciais: 20 h de clases expositivas + 10 h de seminario.
Horas non presenciais: 20 h para o estudo dos temas propostos + 24 h para a realización dos exercicios e problemas propostos.
Total: 74 horas
Escenarios 2 ou 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacions
Plan de continxencia
A anterior programación corresponde ao escenario 1 (normalidade adaptada, sen restricións á presencialidade física) do “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022”. De producirse un cambio de escenario, esta programación sufrirá as seguintes adaptacións:
1) Obxectivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía da ensinanza:
Escenario 2
Non se esperan modificacións no tipo de docencia, se se manteñen os parámetros tradicionais de matrícula. Se as medidas de distanciamento non permitiran que todos os alumnos da materia asistan ás clases presenciais na aula asignada, e non se dispón dun espazo docente máis amplo para acoller a todos os alumnos, entón arbitraríanse algunha destas medidas:
- Retransmitir en streaming a clase, mediante Microsoft Teams, para parte do alumnado que as seguiría dende outro espazo docente da facultade. Estableceríanse quendas para que todos os alumnos seguirán as clases nas mesmas condicións.
- Retransmitir en streaming a clase, mediante Microsoft Teams, para parte do alumnado que as seguiría dende a súa casa. Estableceríanse quendas para que todos os alumnos seguirán as clases nas mesmas condicións.
Priorizarase á hora de programar a actividade da materia a presencialidade nas probas de avaliación. Se debido á unha inevitable rotación do alumnado, as probas de avaliación consumiran un número inasumible de horas, á docencia correspondente se impartiría telemáticamente.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, e requerirán de cita previa.
Escenario 3
A docencia será telemática, mediante a plataforma Microsoft Teams, e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases se desenvolva de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
As titorías serán telemáticas e requerirán de cita previa.
6) Sistema de avaliación da aprendizaxe
Escenario 2: sen cambios
Escenario 3:
Realización de actividades en horario non presencial: 60%
Realización de cuestionarios on-line: 30%
Asistencia e participación nas clases síncrona ou asíncrona: 10%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
7) Tempo de estudo e traballo persoal: sen cambios
8) Recomendacións para o estudo da materia: sen cambios
Carlos Montero Orille
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813506
- Correo electrónico
- carlos.montero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
24.05.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
07.07.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |