Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Entender o concepto de “Seguridade Alimentaria” e “Risco Alimentario”.
Saber identificar os aspectos legais, hixiénico-sanitarios e analíticos relacionados ca seguridade química dos alimentos.
Coñecer cales son os principais contaminantes químicos dos alimentos, a súa orixe, características e significado sanitario.
Coñecer a xestión da Seguridade Alimentaria no marco da Unión Europea.
Coñecer que significado teñen para a seguridade alimentaria os residuos de medicamentos de uso veterinario nos alimentos de orixe animal.
Coñecer o risco que pode supor o uso de substancias engadidas intencionadamente ós alimentos, pero tamén aquelas que non se engadiron intencionadamente. Exemplos: aditivos, micotoxinas, hidrocarburos aromáticos policíclicos, etc. Incluirase coñecemento da lexislación, clasificación, propiedades de interese, aspectos hixiénico-sanitarios, aspectos analíticos.
Coñecer a problemática dos materiais destinados a entrar en contacto con alimentos e que repercusión poden ter na seguridade dos alimentos.
Concepto e contido. Perigos químicos. Clasificación. Normativas e regulacións en seguridade química dos alimentos. Fontes de información. Análise do risco e medidas de control.
Residuos de medicamentos de uso veterinario nos alimentos de orixe animal. Clasificación. Mecanismos de acción.
Lexislación comunitaria.
Propiedades de interese, aspectos hixiénico-sanitarios dos perigos químicos máis importantes nos alimentos.
Análises hixiénico-sanitarias relacionadas ca saúde para a determinación dos principais perigos químicos nos alimentos: micotoxinas, metais, dioxinas e policlorobifenilos, hidrocarburos aromáticos policíclicos, aditivos, residuos de pesticidas, outros contaminantes de interese.
Prácticas
- Identificación do factor de perigo, procura de información.
- Simulación da avaliación do risco de aditivos alimentarios.
- Simulación da avaliación do risco de sustancias procedentes de envases alimentarios.
- Simulación da avaliación do risco de micotoxinas.
- Determinación de residuos de sustancias farmacolóxicas en alimentos.
- Libro Blanco sobre seguridad alimentaria 12-I-2000 (COM 1999 719 final)
- REGLAMENTO (CE) 178/2002 del parlamento europeo y del consejo de 28 de enero de 2002 por el que se establecen los principios y los requisitos generales de la legislación alimentaria, se crea la Autoridad Europea de Seguridad Alimentaria y se fijan procedimientos relativos a la seguridad alimentaria
- REGLAMENTO (CE) 1881/2006 DE LA COMISIÓN de 19 de diciembre de 2006 por el que se fija el contenido máximo de determinados contaminantes en alimentos.
- Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN), http//: www.aesa.msc.es
- Europa. Actividades de la Unión Europea. Seguridad alimentaria, http://europa.eu/pol/food/index_es.htm
- European Food Safety Authority (EFSA) (http://www.efsa.europa.eu/EFSA/efsa_locale-1178620753812_home.htm)
- Scientific Support Plan for a Sustainable Development Policy.
- Standards for Foodproducts (http://cemu10.fmv.ulg.ac.be/OSTC)
- Botsoglou, N.A., Fleotouris, D.J. (2000). Drug residues in foods: pharmacology, food safety and analysis. Díaz de Santos. Madrid
- Moreno García, B. (2003). Higiene e inspección de carnes. Vol. I. Acribia. Zaragoza
Básicas e Xerais:
CG1 – Coñecer a relación entre os alimentos, a nutrición e a saúde dos consumidores en diferentes situacións vitais e/ou psicolóxicas, necesaria para o desenvolvemento das diversas funcións dun profesional orientado á mellora da saúde e seguridade alimentarias.
CG2 – Coñecer e ser capaz de xestionar os aspectos da trazabilidade ó longo de toda a cadea alimentaria, para a detección e o control de riscos e identificación de puntos críticos, dende a recepción das materias primas ata o momento do consumo.
CG3 – Coñecer os mecanismos de acción das sustancias tóxicas e dos microorganismos nocivos presentes nos alimentos, como residuos ou como contaminantes, a súa orixe e as condicións de consumo que poden significar un risco.
CG4 – Coñecer os métodos e tecnoloxías de produción e envasado que permitan obter alimentos máis seguros, saudables e máis ecolóxicos, así como coñecer a súa repercusión na calidade global dos alimentos.
CG5 – Coñecer os métodos na produción de alimentos que faciliten a vixilancia ou monitorización dos sistemas de autocontrol nas empresas alimentarias.
CG7 – Desenvolver destrezas e habilidades na análise e tratamento estatístico de datos de tipo físico, químico, microbiolóxico e sensorial dos alimentos.
CG8 – Coñecer a lexislación alimentaria, a súa aplicación e interpretación.
CG9 – Manexar as fontes de información especializadas na nutrición e os alimentos, a súa tecnoloxía e seguridade.
CG10 – Ser capaz de colaborar na creación de ferramentas como guías e programas informáticos para dar soporte ás pequenas empresas alimentarias.
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 – Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ambientes novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados ca súa área de estudio.
CB8 – Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse a complexidade de formular xuízos a partir de una información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 – Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
Competencias Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT3 - Capacidade para traballar en equipo.
CT5 - Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (TICs).
CT6 - Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información procedente de fontes diversas.
CT7 - Capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Capacidade para tomar decisións.
CT10 - Capacidade para o razoamento crítico e a argumentación, e capacidade autocrítica.
CT11 - Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
CT12 - Capacidade para utilizar información en lingua estranxeira.
CT14 - Capacidade de aplicar los coñecementos á práctica.
CT15 - Preocupación por a calidade.
Competencias Específicas:
CE8 – Coñecer a xestión da Seguridade Alimentaria no marco da Unión Europea.
CE9 - Coñecer que risco poden supor para a seguridade alimentaria os residuos farmacolóxicos nos alimentos de orixe animal, a presencia de sustancias engadidas intencionadamente ou non ós alimentos, así como dos materiais destinados a entrar en contacto con eles.
Clases teóricas e prácticas.
Realización de traballos individuais e/ou en grupo.
6 créditos ECTS
Clases expositivas
45 horas totais
Seminarios
36 horas totais
Prácticas
30 horas totais
Titorías
18 horas totais
Traballos
21 h totais
PLAN DE CONTINXENCIA para actividades de ensino remoto:
Realizaríanse de xeito sincrónico / asincrónico e segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente os Equipos de Campus Virtual e Teams, etc.
Deberán respectarse en todo momento as recomendacións hixio-sanitarias indicadas polas autoridades competentes.
Debido á natureza e contido desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia remota é:
As SESIÓNS EXPOSITIVAS MAXISTRAIS:
Escenario 1
As clases expositivas serán impartidas presencialmente na aula e horario establecido polo centro e levaránse a cabo de forma habitual.
Escenario 2 e 3
As clases expositivas realizaríanse de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams, etc.
Os SEMINARIOS:
Escenario 1
Os seminarios serán impartidos presencialmente na aula e horario establecido polo centro e levaránse a cabo de forma habitual.
Escenario 2 e 3
Para a realización das actividades aquí incluídas polo Profesor, usaranse os diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams, etc. Os profesores indicarán as condicións de realización e entrega dos diferentes traballos e supervisarán o desenvolvemento dos devanditos seminarios.
As SESIÓNS PRÁCTICAS:
Escenario 1
As prácticas de laboratorio serán impartidas presencialmente no laboratorio e aula de informática, nos grupos e horarios establecidos polo centro e levarán a cabo de forma habitual.
Escenario 2
O alumno recibirá previamente as instrucións para a súa realización a través do Curso de Axuda Virtual. Outra parte das prácticas será presencial* no laboratorio e/ou aula de informática; deberanse completar con traballo non presencial se é necesario, sempre seguindo as indicacións do Profesor.
*Cada grupo asistente ás prácticas no mesmo horario dividirase en dous subgrupos A e B para a realización das prácticas, segundo indique o Profesor.
Escenario 3
As prácticas de laboratorio serán impartidas telemáticamente seguindo as instrucións do Profesor, nos grupos e horarios establecidos polo centro.
Para a avaliación continúa terase en conta a asistencia regular a clases e a resolución de cuestións escritas e a participación activa nas clases teóricas e prácticas (50%).
Realización de traballos individuais e/ou en grupo á hora de realizar a avaliación global da materia (50%).
Nos dous casos as competencias avaliadas serán:
Básicas e Xerais
CG1
CG2
CG3
CG4
CG5
CG7
CG8
CG9
CG10
CB6
CB7
CB8
CB9
Transversais
CT1
CT3
CT5
CT6
CT7
CT8
CT10
CT11
CT12
CT14
CT15
Específicas
CE8
CE9
A AVALIACIÓN (relativo á proba: Exame Final):
Escenario 1
As probas serán presenciales.
Escenario 2
As probas serán presenciales se as normativas sanitarias así o permiten, se non será telemático.
Escenario 3
As probas serán telemáticas
Notas importantes:
Para os casos de realización fraudulenta de todos estes exercicios e probas aquí indicados, será de aplicación o establecido na: “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial, virtual, etc.), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos que se indiquen como dispoñibles na USC.
Clases expositivas
18 h presenciais +27 h non presenciais =45
Seminarios
12 h presenciais + 24 h non presenciais =36
Prácticas
12 h presenciais + 24 h non presenciais = 30
Titorías
3 h presenciais + 15 h non presenciais =18
Traballos
21 h presenciais
Asistencia a tódalas actividades da materia e aproveitamento das mesmas.
Dedicación ó longo de todo o curso.
Uso das titorías.
Uso da bibliografía básica e complementaria.
As clases presenciais impartiranse en galego e/ou castelán. Algún material entregarase en inglés.
PLAN DE CONTINXENCIA:
PLAN DE CONTINXENCIA para actividades de ensino remoto:
Realizaríanse de xeito sincrónico / asincrónico e segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente os Equipos de Campus Virtual e Teams, etc.
Deberán respectarse en todo momento as recomendacións hixio-sanitarias indicadas polas autoridades competentes.
Debido á natureza e contido desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia remota é:
As SESIÓNS EXPOSITIVAS MAXISTRAIS:
Escenario 1
As clases expositivas serán impartidas presencialmente na aula e horario establecido polo centro e levaránse a cabo de forma habitual.
Escenario 2 e 3
As clases expositivas realizaríanse de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams, etc.
Os SEMINARIOS:
Escenario 1
Os seminarios serán impartidos presencialmente na aula e horario establecido polo centro e levaránse a cabo de forma habitual.
Escenario 2 e 3
Para a realización das actividades aquí incluídas polo Profesor, usaranse os diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams, etc. Os profesores indicarán as condicións de realización e entrega dos diferentes traballos e supervisarán o desenvolvemento dos devanditos seminarios.
As SESIÓNS PRÁCTICAS:
Escenario 1
As prácticas de laboratorio serán impartidas presencialmente no laboratorio e aula de informática, nos grupos e horarios establecidos polo centro e levarán a cabo de forma habitual.
Escenario 2
O alumno recibirá previamente as instrucións para a súa realización a través do Curso de Axuda Virtual. Outra parte das prácticas será presencial* no laboratorio e/ou aula de informática; deberanse completar con traballo non presencial se é necesario, sempre seguindo as indicacións do Profesor.
*Cada grupo asistente ás prácticas no mesmo horario dividirase en dous subgrupos A e B para a realización das prácticas, segundo indique o Profesor.
Escenario 3
As prácticas de laboratorio serán impartidas telemáticamente seguindo as instrucións do Profesor, nos grupos e horarios establecidos polo centro.
A AVALIACIÓN (relativo á proba: Exame Final):
Escenario 1
As probas serán presenciales.
Escenario 2
As probas serán presenciales se as normativas sanitarias así o permiten, se non será telemático.
Escenario 3
As probas serán telemáticas
Notas importantes:
Para os casos de realización fraudulenta de todos estes exercicios e probas aquí indicados, será de aplicación o establecido na: “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial, virtual, etc.), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos que se indiquen como dispoñibles na USC.
Cristina Asuncion Fente Sampayo
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- cristina.fente [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Regal López
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822484
- Correo electrónico
- patricia.regal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Raquel Sendón García
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 881814964
- Correo electrónico
- raquel.sendon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Isabel Rodriguez Bernaldo De Quiros
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.bernaldo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
11.01.2021 16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |
22.06.2021 09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | FAC.FARMACIA |