Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 5 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer como os alimentos funcionais interactúan en materia de nutrición humana.
- Coñecer como os alimentos interactúan no noso organismo en relación ós xenes e viceversa.
- Coñecer como o microbioma interactúa co organismo humano.
- Coñecer e saber aplicar os estándares de actividade física en relación ó balance enerxético.
Contidos Teóricos:
Tema 1. Novos alimentos e novos ingredientes alimentarios I.
Tema 2. Novos alimentos e novos ingredientes alimentarios II.
Tema 3. Nutrición personalizada (Introducción a nutrixenómica, nutrixenética, proteómica e microbioma humano).
Tema 4. Actividade física, deporte e nutrición.
Contidos Prácticos:
- Técnicas de bioloxía molecular e a súa aplicación en valoración do estado nutricional (estudos nutrixenéticos, nutrixenómicos e metaxenómicos).
- Gil, A. (2010). Tratado de nutrición. Tomo I: Bases fisiológicas y bioquímicas de la nutrición. Panamericana (Madrid).
- MATAIX, J. Nutrición y alimentación humana. Vol. I y II (2002). Ed. Ergon.
- Daniella Gordillo Bastidas y Elisabeth Gordillo Bastidas (2015). Nutrición Molecular. McGrawHill. México.
Competencias básicas:
CG6 - Ser capaz de intervir no deseño e desenvolvemento de alimentos máis saudables.
CG11 - Adquirir formación para desenvolver a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo la importancia e as limitacións do pensamento científico nos aspectos relacinoados coa nutrición, a seguridade e a tecnoloxía alimentaria.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Competencias específicas:
COP18 - Coñecer e saber aplicar os aspectos fundamentais da nutrición funcional, especial e ergoxénica.
Competencias transversais:
CT3 - Capacidade para traballar en equipo.
CT6 - Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información procedente de fontes diversas.
CT11 - Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
Clases teóricas maxistrais.
Nelas o profesor desenvolverá o contido do programa teórico reflexado nesta guía, utilizando os recursos didácticos e audiovisuais que estime oportunos, e favorecendo a participación dos alumnos.
Prácticas.
Clases prácticas en laboratorio sobre técnicas de bioloxía molecular e a súa aplicación en estudos nutrixenéticos, nutrixenómicos e metaxenómicos. Realización de memoria de prácticas.
Seminarios en grupo ou individuais.
Resolución de problemas relacionados cos contidos teóricos e exposición oral de traballos.
Como recurso fundamental de apoio á docencia poderase utilizar o Campus Virtual da USC (Moodle), ou a ferramenta Microsoft Teams, segundo proceda.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO.
As actividades realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Microsoft Teams.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia en remoto é:
- Escenario 1 ou normalidade adaptada: a docencia expositiva e interactiva (incluídas as prácticas) será presencial.
- Escenario 2 ou distanciamento: a docencia presencial convivirá coa virtual, dando preferencia a esta última para todas as actividades a excepción das prácticas e as titorías que se impartirán segundo o calendario oficial, en todo caso garantindo un mínimo do 50% de asistencia presencial física para as horas prácticas.
- Escenario 3: a docencia será completamente de carácter virtual, con mecanismos síncronos para as clases expositivas, e combinación de síncronos e asíncronos para as demais actividades telemáticas.
O seguimento de todas as actividades (salvo as presenciais) realizarase mediante programación de entregas e listas de participación no Campus Virtual.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Microsoft Teams ou ben mediante correo electrónico.
A avaliación do alumno incluirá:
1. Avaliación continua (suporá un 30% da calificación final: 20% expositivas + 10% prácticas de laboratorio). Competencias avaliadas: CG6, CG12, CB1, CB3, CB6.
2. Traballos e exposición oral dos traballos: 40% da calificación final. Competencias avaliadas: CG6, CG12, CT3, CT6, CT11
3. Exame escrito: 30% da calificación final (pedirase alcanzar un mínimo de 40% da nota deste exame, é dicir, 4 puntos sobre 10, para sumar avaliación continua e traballos). Competencias avaliadas: CG6, CG12, CE53, CE54, CE55.
As prácticas son obligatorias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os
medios telemáticos dispoñibles na USC. Entregaranse no seu momento as instrucións oportunas e/ou necesarias utilizando as canles de comunicación institucionais Campus Virtual e correo electrónico.
O seguimento de todas as actividades (salvo as presenciais) realizarase mediante programación de entregas e listas de participación no Campus Virtual. Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Microsoft Teams ou ben mediante correo electrónico.
O número total de horas de traballo do estudante nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A asistencia e as horas de traballo do alumno distribuiranse da seguinte maneira:
- Clases expositivas: 16 h presenciais (16 x 1,5= 24 horas de estudo persoal)
- Prácticas: 2 h presenciais y 1 hora de traballo persoal
- Realización de traballos e estudo persoal (horas non presenciais: 22 horas)
- Seminarios: 2 horas e 4 horas de traballo persoal
- Realización de exemes e revisión: 1 hora presencial
- Horas presenciais totais: 24
- Horas totais de estudo e traballo persoal: 51
-Participar activa, constructiva e respetuosamente nas clases, seminarios e prácticas.
-Preparar e complementar os contidos que se vaian traballando na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada.
-Crear hábitos de búsqueda autónoma de información científica.
-Aproveitar os recursos dispoñibles para o alumno, da biblioteca universitaria.
-Utilizar adecuadamente as tutorías para coñecer en detalle as recomendacións do profesor e aclarar calquiera dúbida que surxa no proceso de aprendizaxe.
-Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma.
PLAN DE CONTINXENCIA.
• Metodoloxía do ensino.
As actividades realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Microsoft Teams.
Debido á natureza e contidos desta materia, así como á metodoloxía empregada, a principal diferenza entre a docencia presencial e a docencia en remoto é:
- Escenario 1 ou normalidade adaptada: a docencia expositiva e interactiva (incluídas as prácticas) será presencial.
- Escenario 2 ou distanciamento: a docencia presencial convivirá coa virtual, dando preferencia a esta última para todas as actividades fóra das prácticas e as titorías que se impartirán segundo o calendario oficial, en todo caso garantindo un mínimo do 50% de asistencia presencial física para as horas prácticas.
- Escenario 3: a docencia será completamente de carácter virtual, con mecanismos síncronos para as clases expositivas, e combinación de síncronos e asíncronos para as demais actividades telemáticas.
O seguimento de todas as actividades (salvo as presenciais) realizarase mediante programación de entregas e listas de participación no Campus Virtual.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Microsoft Teams ou ben mediante correo electrónico.
• Sistema de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os
medios telemáticos dispoñibles na USC. Entregaranse no seu momento as instrucións oportunas e/ou necesarias utilizando as canles de comunicación institucionais Campus Virtual e correo electrónico.
Alberto Cepeda Sáez
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822410
- Correo electrónico
- alberto.cepeda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Patricia Regal López
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822484
- Correo electrónico
- patricia.regal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
19.05.2022 17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
08.07.2022 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |