Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Adquisición completa dos aspectos relacionados coa xestión de calidade nos laboratorios de ensaio e calibración baixo o cumprimento da Norma UNE-EN-ISO/IEC 17025, tanto desde un punto de vista teórico coma práctico, co obxetivo principal de garantir a competencia técnica e a fiabilidade dos resultados analíticos. Para iso, deben coñecerse, tanto requisitos de xestión coma requisitos técnicos que inciden sobre a mellora da calidade.
- Capacitar o alumno para establecer un plan de xestión de equipos, mantemento, verificación e redactar os procedementos de calibración segundo os requisitos da norma UNE-EN-ISO/IEC 17025, co correspondente cálculo de incertidumbres.
- Adquirir a capacidade e habilidades para validar procedementos de ensaio físico-químico e coñecer a incerteza asociada, de acordo cos requisitos que establece a norma UNE-EN- ISO/IEC 17025
Os contidos da materia segundo a memoria do mestrado inclúen: nocións avanzadas da calidade, criterios xerais para a acreditación de laboratorios de ensaio e calibración segundo a norma UNE-EN-ISO/IEC 17025, metroloxía: incerteza e trazabilidade, xestión de equipos, aseguramento da calidade dos resultados de ensaios e de calibración, ferramentes e técnicas de planificación, control e xestión da calidade.
Estes contidos estruturaranse nos seguintes temas:
Tema 1. Introdución á calidade.
Tema 2. Ferramentas en calidade e xestión de riscos
Tema 3. Acreditación no Laboratorio analítico. Norma 17025.
Tema 4. Metroloxía e trazabilidade.
Tema 5. Xestión de equipos.
Tema 6. Metodoloxías analíticas e calidade
Básica:
Sagrado S., Bonet E., Medina M.J., Martín Y. “Manual Práctico de calidad en los laboratorios. Enfoque ISO 17025”. Ediciones AENOR. 2004
E. Prichard, V. Barwick. “Quality Assurance in Analytical Chemistry”. Wiley, 2007.
Complementaria:
R. Compañó, A. Ríos. “Garantía de la calidad en los laboratorios analíticos”, Ed. Síntesis, Madrid, 2002.
D.H. Besterfield. “Control de calidad (8ª ed)”. Pearson-Prentice Hall, México, 2009
J.R. Evans, W. M. Lindsay. “Administración y control de la calidad”.(6ª ed), Thomson, México, 2005
Pedro Pablo Morillas Bravo. “Guia para la aplicación de UNE-EN ISO/IEC 17025:2017”.-. AENOR ediciones. 2018
W. Funk, V. Dammann, G. Donnevert, “Quality Assurance in Analytical Chemistry”, Wiley, 2007.
Competencias xerais e básicas.
CG1 - Innovar en espazos e ámbitos do campo de traballo, demostrando iniciativa e espíritu emprendedor
CG3 - Valorar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no ámbito da Química Industrial e a Investigación Química
CG4 - Demostrar habilidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
CG5 - Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química
CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas na actividade profesional
CG8 - Valorar a dimentsión humana, económica, legal e técnica no exercicio profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sostible da sociedade.
CB10 - Que os estudantes posean as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudiando de un modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais.
CT1 - Elaborar, escribir e defender públicamente informes de carácter científico e técnico.
CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4 - Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
Competencias específicas.
CE2 - Propoñer alternativas para a resolución de problemas químicos complexos das diferentes especialidades químicas
CE5 - Avaliar correctamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado ás substancias químicas especiais
CE6 - Deseñar procesos que implique o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos
CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendimento na industria e na investigación química.
A docencia (expositiva, seminarios e tutorias) será caracter presencial. As probas finais serán presenciais.
Las plataformas utilizadas serán as disponibles na USC, o Moodle, a aula virtual ou a plataforma Microsoft Teams.
Calquera entrega se realizará a través del aula virtual no caso da US e a través de mail noutras universidades
MD1. Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de pizarra, ordenador, cañón), complementadas coas ferramientas propias da docencia virtual.
MD3. Seminarios realizados con profesorado propio do Mestrado, ou con profesionales invitados da empresa, a administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos.
MD4. Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestións tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.)
MD5. Titorías individuais ou en grupo reducido.
MD7. Exposición oral de traballos, informes, etc., incluindo debate con profesores e alumnos.
MD8. Utilización de programas informáticos especializados e internet. Soporte docente on-line (Campus Virtual).
MD10. Estudio personal basado nas diferentes fontes de información
MD11. Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua combinada cun exame final.
O exame final terá carácter presencial. A data de realización do exame será a que determine o centro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
A cualificación do/a alumno/a consistirá en dúas partes:
- Avaliación continua (40%), que poderá constar á súa vez de:
. Resolución de problemas e casos prácticos, individuais, ou en grupo 15%
Competencias a avaliar: CG1, CG3, CG4, CG5, CG6, CG8, CT1, CT3, CE2, CE9
. Realización de traballos e informes escritos 10%
Competencias a avaliar: CG1, CG3, CG6, CG8, CT1, CE2
. Exposición oral 10%
Competencias a avaliar: CB10
. Avaliación continua mediante preguntas e cuestións e traballo presencial durante o curso: 5%
Competencias a avaliar: CG6, CB10, CT1
- Exame final (60%)
Competencias a avaliar: CB10
O exame final incluirá tanto elementos de tipo teórico como de tipo práctico (resolución de casos) asociados ás actividades desenvolvidas nas clases expositivas e nos seminarios.
O criterio para a avaliación como "non presentado" é que o/a alumno/a non se presente ao exame final.
Esixirase unha asistencia superior ao 80% do total das clases de carácter obrigatorio (expositivas, seminarios e titorías).
Clases expositivas: 12 h
Estudo autónomo individual ou en grupo:36 h
Clases interactivas (Seminarios): 7 h
Resolución de exercicios, ou outros traballos:18 h
Titorías: 2 h
Os requisitos previos (recomendados) son ter realizado cursos básicos de Estatística Aplicada e Quimiometría ou outros equivalentes e a materia Sistemas de Xestión.
Para aprobar a materia necesítase ante todo comprendela e manexar os conceptos correctamente. O simple esforzo memorístico non resulta nin axeitado nin suficiente.
O curso impartese en castelán.
Elisa Maria Rubi Cano
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814274
- Correo electrónico
- elisa.rubi [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Rosario Rodil Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814272
- Correo electrónico
- rosario.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
16.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |