Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 10 Total: 22
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer o método científico e o proceso de investigación, así como as distintas tipoloxías de investigación, os principais roles en investigación e fases no desenvolvemento da carreira científica.
Coñecer as características que fan singulares aos proxectos de investigación en canto á súa xestión, así como os principais indicadores de desempeño da investigación.
Coñecer as principais tipoloxías de convocatorias de investigación, así como os criterios de avaliación que se teñen en conta para a súa concesión.
Ser capaces de dimensionar os recursos necesarios para acometer proxectos de investigación.
Coñecer os fundamentos da xestión de programas e portafolios e ser capaces de implementalos na xestión de investigación a escala proxecto de investigación, a escala liña de investigación e/o equipo de investigación, e a escalas superiores.
Os contidos expositivos correspóndense cos Bloques I, II e IV (9 h). Os contidos interactivos correspóndense co Bloque III (10h).
Bloque I: Introdución aos Proxectos de Investigación (PI).
1. O proceso investigador e as súas etapas. (0.5 h)
2. Tipoloxías de investigación. (0.5 h)
3. Principais roles dos participantes en PI (persoas e entidades). Fases no desenvolvemento da carreira investigadora. (0.5 h)
4. Resultados de investigación vs indicadores de desempeño da investigación (0.5 h)
5. Características singulares dos PI en canto á súa xestión. 3.1. Claridade no establecemento dos obxectivos do produto e do proceso: problema de investigación, proceso de investigación, resultados de investigación e equipo investigador. 3.2. Xestión do risco en PI. 3.3. Consideracións éticas. 3.4. Deseño de plans de xestión de datos. (1 h)
Bloque II: Solicitude de PI.
6. Convocatorias e modalidades de PI. (1h)
7. Convocatorias especiais de investigación: persoal, infraestruturas e accións complementarias. (1h)
8. Estimación de recursos en PI. Condicionantes para a execución de PI en función da tipoloxía de proxectos e características dos mesmos. Planificación de PI. (1h)
9. Avaliación de PI. Criterios de avaliación sobre o problema de investigación, o proceso de investigación e sobre os resultados: relevancia, solvencia, complexidade, orixinalidade e innovación e impacto. Criterios de avaliación sobre o equipo de investigación: liderado, méritos, impacto e compromiso. (1h)
Bloque III: Xestión e seguimento de PI.
10. Xestión da investigación a escala de PI. (2 h)
11. Xestión da investigación a escala liña de investigación ou equipo de investigación: xestión de programas. (6 h)
12. Xestión da investigación a escalas superiores: xestión de portafolios. (2 h)
Bloque IV: Impacto de PI.
13. Indicadores de desempeño dos resultados da investigación. (1 h)
14. Indicadores de desempeño do persoal de investigación. (0.5 h)
15. Indicadores de desempeño de transferencia. (0.5 h)
Bibliografía básica
• PMI Standards Committee (2021) A Guide to the Project Management Body of Knowledge (PMBOK® Guide) - The Standard for Project Management. Project Management Institute, Newtown Square, Pennsylvania, USA.
• PM2 Programme Management Methodology. https://pm2.europa.eu/pm2-offering/pm2-programme-management_en
• PM2 Portfolio Management Methodology. https://pm2.europa.eu/pm2-offering/pm2-portfolio-management_en
• Researcher Career path in Spain at a glance! (7th edition) https://www.fecyt.es/es/publicacion/researcher-career-path-spain-glance…
Bibliografía complementaria
• Brown, C.J. (1999) Can research be project managed? S. Afr. J. Bus. Manag., 30. 72-77
• Ernø-Kjølhede, E. (1999). Project management theory and the management of research projects. Department of Management, Politics and Philosophy, CBS. MPP Working Paper No. 3/2000
• Moore, N. (2006). How to do research: a practical guide to designing and managing research projects. Facet publishing.
• vom Brocke, J., & Lippe, S. (2015). Managing collaborative research projects: A synthesis of project management literature and directives for future research. International Journal of Project Management, 33(5), 1022-1039.
Nesta materia o estudante adquirirá unha serie de coñecementos a través de contidos específicos, así como unha serie de habilidades e destrezas, e poñerá en práctica unha serie de competencias específicas respecto a sustentabilidade na dirección de proxectos.
No referente aos coñecementos e contidos, traballarase:
• Con13. Procedementos para a solicitude, avaliación e xustificación científica e económica de proxectos de investigación
No referente ás habilidades e destrezas, traballaranse as seguintes:
• H/D08. Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
• H/D11. Identificar metodoloxías e técnicas emerxentes
No referente ás competencias, traballaranse as seguintes:
• Comp15. Desenvolver, implementar, monitorizar e estimar recursos en plans de execución de proxectos de investigación.
As actividades formativas da materia consistirán en sesións expositivas (9h) sesións interactivas (10 h) e 3 h de titorías en grupos reducidos. As metodoloxías docentes a empregar serán:
• Leccións maxistrais
• Seminarios
• Resolución de problemas
• Estudo de casos
• Debates
• Prácticas en aulas de informática
• Aprendizaxe colaborativa
• Aprendizaxe baseada en proxectos
• Portafolio
• Resolución autónoma de problemas
• Foros de discusión
A actividade formativa leva a cabo coa seguinte intensidade:
• Docencia expositiva en grupos de 25 estudantes – 9 horas presenciais
• Docencia interactiva en grupos de 25 estudantes – 10 horas presenciais
• Actividades de avaliación – 2 horas presenciais
• Titorías – 3 horas presenciais
O Campus Virtual será empregado como plataforma para a comunicación co estudante ou subministro da información que precisa tanto para as sesións expositivas, coma para a docencia interactiva e o traballo persoal.
Mixta con exame escrito de preguntas obxectivas, de desenvolvemento ou oral, e entrega de traballos e portafolio. Ao final da materia os estudantes realizan unha proba escrita sobre os contidos relativos á xestión de proxectos de investigación, e presentarán un portafolio que inclúa os traballos, estudos de casos e exercicios desenvolvidos nas sesións interactivas da materia. A cualificación do estudante é unha media ponderada, ao 50%-50%, entre o rendemento do mesmo nas dúas partes nas que se avalía ao mesmo: exame e portafolio. Non superará a materia aquel estudante que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte.
A repartición de competencias na avaliación será:
• Exame de preguntas obxectivas, de desenvolvemento ou oral (50%): competencias avaliadas Con13, Comp15
• Portafolios (50%): competencias avaliadas Con13, H/D08, H/D11, Comp15
Para superar a materia esíxeselle ao estudante a asistencia a un 75% das clases teóricas e prácticas. O non cumprimento da asistencia levará consigo que, para a superación da materia, o estudante teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. Os estudantes que teñan concedida dispénsaa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que para aprobar a materia deberán realizar un traballo adicional proposto polo profesor. En ambos os casos, o traballo proposto polo profesor terá por obxectivo o adecuado cumprimento dos obxectivos formativos da materia no referente a aqueles contidos con marcado carácter práctico. A avaliación deste traballo poderá ser “apto” ou “non apto”, e non contará para a nota final, pero será condición imprescindible para a superación da materia a obtención de “apto”.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e as cualificacións conservaranse unicamente durante o curso académico. Aos estudantes con dispensa aplicaránselle os mesmos criterios que ao resto de estudantes, salvo o descrito no parágrafo anterior sobre a compensación de non asistencia ás clases prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Lectura e preparación de temas – 20 horas
Realización de exercicios – 21 horas
Preparación das probas de avliación – 10 horas
Total traballo autónomo e estudo individual dos alumnos – 51 horas
Adecuarse á programación de contidos teóricos e prácticos de acordo cos manuais da materia, para un máximo aproveitamento á hora de cursala. Estudo previo dos materiais docentes antes de chegar a clase, para comprender e asimilar mellor os conceptos da materia. Asistencia a todas as actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia. Utilización da aula virtual da materia.
Cesar Perez Cruzado
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- cesar.cruzado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade