Créditos ECTS Créditos ECTS: 1.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 25.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 4.5 Clase Interactiva: 6 Total: 37.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Dirección de Proxectos (L)
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
. Coñecer os procesos básicos que se desenvolven na área funcional de xestión de recursos humanos do proxecto segundo o Project Management Body of Knowledge (PMBOK).
. Coñecer as bases dunha metodoloxía de xestión de recursos humanos aplicable a calquera tipo de proxecto.
. Comprender os conceptos esenciais no relativo a motivación, desmotivación, liderado, sistemas de recoñecemento do traballo realizado, negociación e xestión de conflitos. Novas tecnoloxías de xestión de recursos humanos
. Aprender a preparar o Currículo Vitae propio e as entrevistas de selección de persoal.
. Metodoloxía de xestión de recursos humanos do proxecto: planificación, obtención do equipo de proxecto, desenvolvemento e integración do equipo, e dirección deste.
. Matrices de responsabilidade.
. Definición de perfís laborais.
. Contido dun plan de recursos humanos.
. Motivación e desmotivación. Causas.
. Delegación, tarefas e criterios para a delegación do director do proxecto
. Liderado, programación neurolingüística e coaching
. Actividades de construción e integración do equipo.
. Recoñecemento do traballo realizado. Premios e castigos.
. Preparación do CVitae propio e das entrevistas de selección de persoal.
. Selección de persoal por parte do director do proxecto
Na materia, emplearase a seguinte bibliografía básica:
• PMI 2013. Guía de los fundamentos para la dirección de proyectos (guía del PMBOK®) -- Quinta edición. Project Management Institute, Pensilvania.
Asimismo, se recomendará al alumno a consulta da seguinte bibliografía complementaria:
• Briner, W. et al. Project Leadership. Gower.
• Dinsmore, P.C. (ed). Human Factors in Project Management. AMACOM.
• Kliem, R.L., Ludin, I.S. The People Side of Project Management. Gower.
• Kliem, R. Leading high performance projects. J. Ross Publishing, Boca Raton, FL, USA.
• Turner, R.J. (editor). People in project management. Gower.
Nesta materia o alumno adquirirá ou poñerá en práctica unha serie de competencias básicas e xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas da xestión dos recursos humanos na dirección de proxectos. Dentro do cadro de competencias deseñado para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas e xerais
CG01 - Capacidade para a elaboración, seguimento e control dun plan de xestión dun proxecto.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
Competencias transversais
CT09 - Capacidade para establecer estratexias para resolver desacordos relacionados co proxecto, intentando chegar a unha solución satisfactoria para todos, incluíndo as posibles situacións de conflito e crise
CT11 - Capacidade para manterse firme nas posicións ou actuacións que favorecen ao proxecto (autoconfianza).
CT14 - Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas
CT16 - Exercicio da profesión baixo principios deontolóxicos
CT01 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares
Competencias específicas
CES11 - Coñecer unha metodoloxía específica para a xestión dos recursos humanos do proxecto
CES12 - Partes interesadas: capacidade para identificar as partes interesadas no proxecto e os seus intereses, e para priorizalos
Metodoloxía con clases expositivas en grupos de 25 alumnos (4,5 horas), e clases interactivas en grupos de 25 alumnos (4 horas), orientadas á resolución de casos prácticos e a talleres de traballo para preparar o Currículo Vitae propio e as entrevistas de selección de persoal.
Especificamente, empregaranse:
. Leccións maxistrais e participativas
. Seminarios para o desenvolvemento de traballos prácticos
. Realización de presentacións dos traballos
. Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballos de curso
. Titorías individualizadas e colectivas
. Traballo autónomo e estudo individual dos alumnos
. Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa. Sesións de discusión activa.
O Campus Virtual será empregado como plataforma para a comunicación co alumno e subministro da información que precisa tanto para as sesións expositivas, coma para a docencia interactiva e o traballo persoal.
Plan de continxencia para actividades docentes en remoto:
Realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre según o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre éstos e o docente, poderán realizarse a través do foro del Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
Mixta con talleres de traballo e casos prácticos nos que se desenvolverá o plan de xestión de RRHH a incluir no traballo fío conductor, e exame. Avalíase o alumno en función das súas respostas ás preguntas dos profesores e ás súas intervencións e resultados nos talleres de traballo e casos prácticos, sexa de forma individual ou en grupo. Ao final da materia os alumnos realizan un exame. A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 50%-50%, entre o rendemento deste nas dúas partes nas que se avalía este: exame e plan de xestión de RRHH a incluir no traballo fío conductor. Non superará a materia aquel alumno que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte. No plan de xestión avaliarase o rendemento do alumno na aula, e a calidade das memorias entregadas.
Para superar a materia esíxeselle ao alumno a asistencia a un 75% das clases teóricas e prácticas. O non cumprimento da asistencia levará consigo que, para a superación da materia, o alumno teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. As cualificacións dos casos prácticos e dos exames orais conservaranse unicamente durante o curso académico.
Probas orais ou escritas (50%): competencias avaliadas CB6;CB10; CT05; CT07; CES03;CES04;CES11;CES12.
Traballo fio conductor (50%): competencias avaliadas CG01; CB7; CB8; CB9; CT01; CT09; CT11; CT14; CT16; CES04; CES11; CES12.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e as calificacións conservaranse únicamente durante o curso académico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
O sistema de avaliación será o mismo independientemente da modalidade de docencia empleada (presencial o virtual), coa única diferencia de que las actividades de evaluación se realizarán, según establezcan las autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos disponibles na USC.
Estudo de materiais docentes durante a impartición da materia, 10 horas. Preparación de prácticas, 10 horas. Elaboración de memorias de prácticas, 5 horas. Preparación do exame e avaliación, 5 horas. Total: 30 horas de traballo persoal.
Adecuarse á programación de contidos teóricos e prácticos de acordo cos manuais da materia, para un máximo aproveitamento á hora de cursala. Estudo previo dos materiais docentes antes de chegar a clase, para comprender e asimilar mellor os conceptos da materia. Participación activa nas clases e uso das titorías.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía de ensinanza
Realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre según o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e Ms Teams.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre éstos e o docente, poderán realizarse a través do foro del Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
Avaliación
O sistema de avaliación será o mismo independientemente da modalidade de docencia empleada (presencial o virtual), coa única diferencia de que las actividades de evaluación se realizarán, según establezcan las autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos disponibles na USC.
María Del Pilar De La Cruz López
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Dirección de Proxectos (L)
- Categoría
- Profesor/a área externa