Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A materia “Calidade de augas” corresponde ao primeiro semestre e consta de 4.5 créditos ECTS.
Os descriptores con que se define esta materia son: “Propiedades da auga. Equilibrios en sistemas acuosos. Interaccións aire-auga e chan-auga. Criterios e normas. Contaminación de augas naturais. Modoos e índices de calidadee. Técnicas analíticas de caracterización”
Tendo en conta os descriptores e a estructura da materia en cases de aula e clases de laboratorio, o programa consta de dous bloques:
- un bloque de temas teóricos nos que se desenvolven uns conceptos de tipo xeral nos que se define o comportamento químico dos sistemas acuosos naturais e se desenvolve o concepto de calidade da auga e a metodoloxía para a determinación da calidade da mesma, e
- un bloque moito máis práctico onde se aplica a metodoloxía anterior ao estudo da calidade da auga nun sistema natural real.
O enfoque da materia será eminentemente práctico, incidindo nas cases de teoría e seminario nos tipos de problemas máis frecuentes aos que se pode enfrentar o futuro Enxeñeiro Ambiental dentro do campo da calidade das augas das superficiais terrestres. O programa da materia contempla a realización de clases de laboratorio que servirán para complementar a formación recibida en na aula.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas e especificas desexables en calquera tituación universitaria e en particular para os profesionaies en temas ambientais.
Os alumnos deben tomar conciencia dos problemas que a contaminación pode provocar no mundo actual e debe ser capaz de definir un programa para a determinación da calidade da auga e de avaliar no laboratorio todo un conxunto de parámetros físicos, químicos e biolóxicos que permitan establecer a magnitude de distintos indicadores de calidade e índices de calidade das augas.
Os contidos que se desenvolverán durante o curso son os contemplados de forma sucinta nos descriptores desta materia nos planos de estudos de Master en Enxeñaría Ambiental.
O programa da materia está dividido en temas, cada un dos cales consta dunha parte teórica e outra parte práctica.
Contidos
Tema 1. Propiedades da auga.
Propiedades de auga e das masas de auga. Procesos que regulan a composición das augas naturais. Composición química das augas naturais. Auga superficial, auga subterránea, auga de mar, auga atmosférica
Tema 2. Conceptos básicos do equilibrio químico.
Constante de equilibrio. Principio de Le Chatelier. Actividade e coeficiente de actividade. Variacións das relacións de equilibrio. Xeitos de desviar o equilibrio químico. Equilibrio acido-base. Equilibrio de formación de complexos. Equilibrio de solubilidade. Equilibrios do sistema carbonato. Equilibrio de oxidación–reducción. Outros sistemas de interese ambiental. Interaccións auga-atmósfera. Interaccións chan-auga
Tema 3. Contaminación das augas naturais. Contaminantes químicos de as augas. Clases de contaminantes. Orixe dos contaminantes. Efectos dos contaminantes químicos sobre augas continentais. Efectos dos contaminantes químicos sobre medios mariños
Tema 4. Calidade da auga. Criterios e normas de calidade. Directivas comunitarias sobre calidade da auga. Calidade requerida para as augas superficiais destinadas á producción de auga potable. Calidade das augas de baño. Calidade das augas continentais que requiren protección ou mellora para ser aptas para a vida de peixes. Outras directivas comunitarias.
Tema 5. Introducción ao mostreo de augas. Tipos de mostras. Material (e dispositivos) de mostreo. Conservación das mostras. Pan de mostreo. Organización de redes de mostreo
Tema 6. Índices de calidade química. Concepto de calidade da auga. Indicadores de calidade: físicos, químicos e biolóxicos. Índices de calidade. Índice de calidade xeral (ICG).
Programa de prácticas de campo e de laboratorio
1.- Mostreo. Norma ISO 5667
2.- Propiedades físicas e químicas
a) Medidas de campo: Turbidez (EN 27027). Conductividade (UNE EN 27888). Temperatura. Medida do pH. Osíxeno disolto. Porcentaxe de saturación de oxígeno.
b) Determinacións en laboratorio: Determinación da alcalinidade. Sólidos en suspensión (UNE-EN-872).
3.- Contaminación orgánica
a) Demanda biolóxica de osíxeno. Demanda química de osíxeno
4.- Constituíntes inorgánicos específicos
a) Catións: Sodio, potasio, calcio, magnesio, (Dureza).
b) Anións: Sulfatos, cloruros, fosfatos, sílice.
c) Compostos de nitróxeno: nitratos, nitritos amonio.
d) Control analítico de contaminantes prioritarios en augas naturais.
Básica
Manahan, S.E. Environmental Chemistry. 9ª edición. Boca Ratón, CRC-Press, 2009. ISBN: 9781420059205
Sinatura ETSE: A200 15 B
Orozco, C., Pérez, A., González, M. N., Rodríguez, F. J., Alfayate, J. M. Contaminación ambiental. Una visión desde la Química. Madrid: Thomson, 2003. ISBN: 978-84-9732-178-5
Sinatura Farmacia: A EMA 8
Complementaria
Andrews, J.E., Brimblecombe, P., Jickells, T.D., Liss, P.S., Reid, B. An introduction to Environmental Chemistry, 2ª edición. Wiley-Blackwell, 2004. ISBN 978-1-118-68547-1.
Sinatura Bioloxía: A EMA 697
Figueruelo, J. E., Dávila, M. M. Química Física del Ambiente y de los Procesos Medioambientales. Barcelona: Editorial Reverté, 2004. ISBN: 968-6708-54-5
Sinatura Farmacia: EMA 377
American Public Health Association and American Water Works Association. Standard Methods, for examination of water and wastewater” 21th ed. Washington: APHA, 1998. ISBN: 0-87553-047-8.
Sinatura ETSE: A221 1 B
Keith, L. H. (ed), Principles of Environmental Sampling. Washington: ACS Profesional Reference Book, ACS, 1988. ISBN: 0-8412-1173-6
Sinatura Química: EMA 191
Básicas e xerais
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base e oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
G01 - Identificar e enunciar problemas ambientais
Específicas
E11 - Ter un coñecemento global dos problemas ambientais.
E13 - Coñecer as bases científicas que son aplicadas pola enxeñaría ambiental.
E16 - Coñecer lexislación ambiental a nivel local, rexional e global.
E21 - Identificar e formular problemas ambientais.
E31 - Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
E34 - Redactar informes sobre impactos e temáticas ambientais.
E42 - Compromiso coa protección do medio e o desenvolvemento sostible.
A través da plataforma Moodle empregarase a aula Virtual da USC. Nela subiranse, ademais de toda a información referente ao curso (profesorado, horarios e programación), diversos materiais de apoio ao estudo e ao traballo persoal: Artigos científicos, lexislación en temas de calidade de augas, presentacións PowerPoint das clases, vídeo-titoriais sobre manexo de programas de especiación, vídeos de interese para a materia, documentos de consulta, actividades para o traballo persoal, etc.
Haberá clases expositivas nas que sentan as bases para desenvolver o concepto de calidade da auga e definiranse distintos índices e indicadores de calidade. Nas clases interactivas aplicaranse os conceptos e competencias adquiridas á resolución de exercicios mediante software específico para cálculos de especiación en medios naturais.
A materia inclúe tamén a realización de mostraxes e medidas in situ durante unha saída de campo ao río Sar (nas proximidades de Santiago de Compostela) e unha visita á Estación de Hidrobiología Encoro do Con. Os desprazamentos para a realización de ambas as actividades serán en autobús nos días marcados no calendario.
As clases prácticas de laboratorio desenvolveranse nos laboratorios da ETSE e os alumnos estarán divididos en dous grupos de aproximadamente 12 persoas.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan a información e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible no apartado de Seguridade da súa web.
Programación temporal:
SEMANA 12 (22-26 Nov): Temas 1 e 2
SEMANA 13 (29 Nov-03 Dic): Temas 2 e 3
SEMANA 14 (06-10 Dec): Tema 5 + Saída Actividade 2
SEMANA 15 (13-17 Dec): Temas 4 e 6 + Actividade 1
Prácticas de laboratorio: Grupo 1 – 13-15 de decembro
Grupo 2 – 16-20 de decembro
Titorías: 20 de decembro
SEMANA 17 (10-14 Xan): Titorías: 10 xaneiro
Examen final baseado na Actividade 5
SEMANA 18 (17-21 Xan): Saída Actividade 3: 21 enero
SEMANA 21 (11 Feb): Revisión examen
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
A asistencia ás clases de laboratorio é obrigatoria, sen a asistencia os alumnos non poden ser avaliados en ningunha das oportunidades.
Ao longo do curso realizaranse diferentes actividades. Algunhas serán entregadas aos profesores e outras serán presentadas na aula para ser defendidas e discutidas co resto dos compañeiros e as profesoras. Non haberá un exame final propiamente dito. Non obstante, na data programada para tal fin, todos os alumnos deberán presentar un informe final da materia que previamente terán entregado ás profesoras. O devandito informe debe incluír unha visión integradora dos contidos traballados na parte da materia dedicada á Calidade Química de Augas, é dicir, enfocar todos eses contidos cara á avaliación da calidade da auga do río/ríos cos que se traballase nas prácticas de laboratorio. Debe incluír, polo tanto, dende o deseño da mostraxe, pasando polas técnicas analíticas empregadas para a determinación da calidade da auga no laboratorio, ata a elaboración dos índices de calidade correspondentes e a súa análise dende o punto de vista da normativa vixente. A avaliación da parte de Calidade Biolóxica efectuarase en forma de avaliación continua durante a xornada de traballo na Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con".
A avaliación farase baseada nas competencias adquiridas, de xeito que serán avaliadas nas diferentes actividades desenvolvidas ó longo do curso.
Actividades:
1. Elaboración dun informe coa caracterización química dalgunhas marcas de auga mineral, xunto cos diagramas de composición e a comprobación do balance iónico e discusión dos resultados
2. Saída ao campo para a recollida de mostras de auga (ríos Sar e Sarela)
3. Xornada de traballo na Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con
4. Prácticas de laboratorio
5. Elaboración dun informe final (entrega memoria e presentación oral)
Evaluación das competencias nas diferentes actividades:
ACTIVIDADE 1: CB6, CB7, CB9, CB10, E13, E31
ACTIVIDADE 2: E11, E16, E21, E42
ADTIVIDADE 3: E11
ACTIVIDADE 4: CB8, CB10, E42
ACTIVIDADE 5: CB6-CB10, G01, E11, E13, E16, E21, E31, E34, E42
Reparto das porcentaxes de avaliación:
30% Exame
Presentación oral baseada na actividade 5
70% Avaliación continua
• Actividade 1: 15 %
• Actividade 4: 20%
• Actividade 5: 35%
Recuperación: En caso de ter que presentarse á segunda oportunidade de exame, gardaranse as cualificacións daquelas actividades que estean aprobadas (nota por encima de 5). Só será necesario examinarse da parte que non fose superada na primeira oportunidade (nota inferior a 5).
Os alumnos repetidores terán que realizar novamente todas as actividades xa que estas poden mudar dun ano para outro. Repetiránse as prácticas do laboratorio xa que toda a materia (actividades, traballo e exame) centranse nelas.
A materia ten unha carga de traballo de 4.5 créditos ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguente forma:
Actividade Horas presénciais Factor Traballo personal TOTAL
Teoría 24 2 48,0 72,0
Prácticas 14 1,5 21 35,0
Titorías obrigatorias 1 0,5 0,5 1,5
Examen 2,0 1 2 4
TOTAL 41 - 71,5 112,5
Donde as horas presenciais indica o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudante por hora de actividade,
Os alumnos que se matriculen nesta materia terán que ter unha serie de coñecementos básicos en Bioloxía e Química que resultan de importancia para lograr superar a mesma.
Por outra banda para conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos adicionais: dominio do idioma Inglés a nivel de lectura e Coñecementos de aplicacións informáticas a nivel usuario (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web), coñecemento da Normativa Ambiental.
Recomendacións para a docencia telemática:
• De acordo coas normas da avaliación telemática, é preciso dispoñer de micrófono e cámara para a realización de exames telemáticos, ademais de que estes dispositivos melloran grandemente a interacción co profesor.
• Mellorar as competencias informacionaies e dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
A continuación detállase o plan de continxencia para a docencia con restricións de presencialidad.
METODOLOXÍA DO ENSINO
Escenario 2 (Restricións parciais á presencialidad física)
Para o desenvolvemento das clases expositivas e interactivas contémplase a división do alumnado en 2 grupos que se alternarán na presencialidad. A clase segue o ritmo normal pero parte dos alumnos están presenciais e a outra parte telemático mediante o uso das ferramentas telemáticas dispoñibles (Campus virtual e MS Teams).
Actividades que supoñen desprazamentos fóra da ETSE:
• Saída ao río Sar: dividiríase a clase en dous grupos para tentar facer dúas saídas de campo para a recollida de mostras. No caso de que só sexa posible unha saída, só a metade sairía a recoller mostras e gravaríase a xornada en vídeo para poñela ao dispor de todo o alumnado e comentala e discutila entre todos.
• Visita á Estación de Hidrobiología Encoro do Con: pódese subdividir a clase en dous grupos para a realización da visita, de modo que non coincidan todos os estudantes no mesmo recinto. Polo demáis, se realizaría seguindo o mesmo programa que no escenario 1.
As clases prácticas de laboratorio non se verían afectadas polo cambio de escenario xa que desde o inicio contémplase a división en dous grupos de aproximadamente 12 persoas que non coinciden no laboratorio ao mesmo tempo.
En caso de darse o escenario 2, o reparto total de horas sería a seguinte:
Presencial: Actividade 2 (6 h); Actividade 3 (8 h); Actividade 4 (14 h); Expositivas (6 h); Exame (4 h). TOTAL presenciais = 38 h (70%)
Telemática: Titorías (6 h); Expositivas + seminarios (10 h). TOTAL telemáticas = 16 h (30%)
Escenario 3 (Peche das instalacións)
Toda a docencia transformaríase en telemática. As clases expositivas presenciais serán substituídas por sesións telemáticas que na medida do posible serán síncronas.
As sesións interactivas presenciais serán substituídas por sesións telemáticas síncronas e asíncronas. Farase uso das ferramentas telemáticas dispoñibles na USC (Campus virtual e MS Teams).
Actividades fóra da ETSE: Esta situación non permitiría estas actividades polo que se expoñen as seguintes alternativas:
• Saída ao río Sar: Empregaríanse vídeos para mostrar unha saída de campo para a recollida de auga de río e o manexo de sondas portátiles para a determinación de parámetros in situ.
• Visita á Estación de Hidrobiología Encoro do Con: Substituirase por unha visita virtual.
As clases prácticas de laboratorio serían completamente suprimidas. No seu lugar ofreceríase aos alumnos a información sobre os métodos de análises dos diferentes parámetros e entregaríanselles datos de mostraxes de anos anteriores para o seu tratamento (calibrados, cálculo de concentracións problema, determinación de índices de calidade, obtención de gráficas típicas, clasificación das augas segundo normativa europea, española e da comunidade autónoma).
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Escenario 2 (Restricións parciais á presencialidad física)
Non cambiaría o sistema de avaliación xa que tanto as actividades que constitúen a avaliación continua como o exame realizaríanse igualmente. Como se indicou anteriormente leste consiste na presentación oral do informe final elaborado polos alumnos en grupos de dúas persoas. En caso de darse o escenario 2, faríase unha subdivisión dos alumnos en dous grupos de aproximadamente 12 alumnos. Habilitaríanse dúas quendas para a defensa presencial na aula dos traballos, permitindo así manter a distancia de seguridade.
Escenario 3 (Peche das instalacións)
Non cambiaría o sistema de avaliación xa que tanto as actividades que constitúen a avaliación continua como o exame realizaríanse igualmente. A única diferenza en caso de darse o escenario 3, sería a realización da defensa dos traballos telemáticamente mediante a plataforma MS Teams.
Maria Mercedes Parajo Montes
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814212
- Correo electrónico
- mmercedes.parajo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sarah Fiol López
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881816042
- Correo electrónico
- sarah.fiol [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
13.01.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
13.01.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A8 |
13.01.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A8 |
29.06.2022 16:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
29.06.2022 16:00-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Aula A8 |
29.06.2022 16:00-19:30 | Grupo /CLIL_02 | Aula A8 |