Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia de "Medio ambiente atmosférico", de 4,5 ECTS, enmárcase como materia optativa dentro do Módulo 1 "Bases", como a única materia do Máster que aborda de maneira coordinada e integral o coñecemento e as técnicas non instrumentais requiridas para a análise e avaliación da contaminación atmosférica.
Así, esta materia ten como obxectivo xeral achegar ao alumno os fundamentos e técnicas necesarios que todo Enxeñeiro Ambiental debe coñecer e aplicar, para abordar os problemas relacionados coa contaminación atmosférica desde un punto de vista enxeñeril. Tendo en conta que a atmosfera é o medio natural de depuración de gases por excelencia, cuxa capacidade de dilución, transformación e eliminación de contaminantes ten que ser considerada sempre en calquera problema ambiental relacionado coa contaminación atmosférica.
Así, o alumno que curse esta materia coñecerá, comprenderá e aplicará:
a) Os fundamentos do ambiente atmosférico, os seus contaminantes e estratexias de control, así como os procesos físicos e químicos que experimentan os contaminantes na atmosfera terrestre, que son esenciais na avaliación da contaminación atmosférica.
b) As técnicas non instrumentais máis actuais relacionadas coa análise e avaliación da contaminación atmosférica: inventarios de emisións atmosféricas, modelos meteorolóxicos e modelos de calidade do aire.
Objetivos específicos (por bloques)
A continuación introdúcense os obxectivos específicos de cada bloque da materia, para o que en primeiro lugar se detallan os contidos de cada un e, en relación con eles, resúmense nunha táboa os obxectivos que se alcanzarán na súa aprendizaxe.
I. Contaminación atmosférica e focos emisores
Neste bloque, en primeiro lugar estáse a estrutura e composición da atmosfera terrestre, que define o aire troposférico limpo. Introdúcense os conceptos básicos que se manexan en contaminación atmosférica, así como as estratexias aplicadas na súa prevención e control. En segundo lugar, abórdase a clasificación sistemática dos focos emisores de contaminación atmosférica e os inventarios de emisións atmosféricas.
II. Química e física atmosféricas
Neste segundo bloque clasifícanse os contaminantes atmosféricos e os mecanismos químicos que permiten a súa eliminación ou a súa transformación en contaminantes secundarios. Posteriormente, estúitase o fluxo atmosférico a gran escala e a súa influencia sobre os niveis de contaminantes atmosféricos. Termínase coas técnicas relativas ós modelos meteorolóxicos empregados na predicción do tempo e na análise da contaminación atmosférica, mediante a interpretación de mapas meteorolóxicos.
III. Dispersión atmosférica e modelos de calidade do aire
Aínda que o estudo dos problemas de contaminación atmosférica implica múltiples procesos físicos e químicos na atmosfera terrestre, aqueles relativos á dispersión atmosférica condicionan especialmente a calidade do aire. Por iso, neste bloque abórdanse especificamente os ditos procesos. Finalmente, a consideración de tódolos procesos físicos e químicos que experimentan os contaminantes na atmosfera esixe a súa modelización matemática para a súa comprensión e análise. É por iso que neste bloque se introducen os modelos de calidade do aire, como unha tecnoloxía imprescindible na avaliación da contaminación atmosférica, que tamén se aplica hoxe en día na súa prevención e control.
IV. Laboratorio de modelización da contaminación atmosférica
O cuarto bloque é de carácter totalmente práctico, que se vai desenvolver en Aula de Informática (A.I.), e nel abórdanse diversos casos concretos relativos á estimación de emisións atmosféricas, a modelización da calidade do aire e a súa aplicación.
BLOQUE / OBXECTIVOS
I. Contaminación atmosférica e focos emisores:
- Estructura e composición da atmosfera terrestre.
- Conceptos básicos en contaminación atmosférica.
- Estratexias de prevención e control.
- Emisións atmosféricas e inventarios.
II.. Química e física atmosféricas:
- Transformacións químicas dos contaminantes atmosféricos: contaminantes primarios e secundarios.
- Meteoroloxía e contaminación atmosférica.
- Modelos meteorolóxicos.
- Interpretación de mapas meteorolóxicos.
III.. Dispersión atmosférica e modelos de calidade do aire:
- Estabilidade atmosférica.
- Sobreelevación e expansión de penachos.
- Modelos de calidade do aire.
- Aplicacións.
IV. Laboratorio de modelización da contaminación atmosférica:
- Estimación de emisións atmosféricas.
- Dispersión e transformación química.
- Estimación da altura de chimenea.
Os contidos que se desenvolven en 4,5 ECTS son os recollidos de forma sucinta no descritor da materia no plan de estudos do Máster en Enxeñaría Ambiental, e son: "O medio atmosférico. Contaminantes atmosféricos. Prevención e control da contaminación atmosférica. Emisións de contaminantes atmosféricos. Química atmosférica. Meteoroloxía e contaminación atmosférica. Dispersión de contaminantes atmosféricos. Avaliación da contaminación atmosférica: aplicacións.".
En consecuencia o descritor arriba sinalado o programa estrutúrase nos seguintes bloques temáticos.
Bloque I. Contaminación atmosférica e focos emisores
Tema 1. Introdución. Estructura e composición da atmosfera terrestre. Conceptos básicos en contaminación atmosférica. Prevención e control da contaminación atmosférica.
Tema 2. Focos emisores e inventarios de emisións. Focos emisores. Estimación de emisións atmosféricas. Inventarios de emisións atmosféricas. Aplicacións.
Bloque II. Química e física atmosféricas
Tema 3. Contaminantes e química atmosférica. Clasificación dos contaminantes atmosféricos. Química en fase gas. Química en fase acuosa. Aerosois. Problemas causados pola contaminación atmosférica.
Tema 4. Meteoroloxía e contaminación atmosférica. Forzas e ventos. Circulación xeral da atmosfera. Sistemas de presión e sistemas térmicos. Condicións meteorolóxicas e contaminación atmosférica. Mapas meteorolóxicos. Modelos atmosféricos.
Bloque III. Dispersión atmosférica e modelos de calidade do aire
Tema 5. Dispersión atmosférica. Turbulencia e estabilidade atmosférica. Escalas de transporte: Escala local. Sobreelevación e dispersión de penachos atmosféricos.
Tema 6. Modelos de calidade do aire. A ecuación de difusión atmosférica. Modelos Eulerianos. Modelos Lagrangianos. Modelos Gaussianos. Aplicacións.
Bloque IV. Laboratorio de modelización da contaminación atmosférica
Tema 7. Estimación de emisións atmosféricas. Emisións industriais.
Tema 8. Dispersión de contaminantes atmosféricos. Dispersión e transformación química a escala local.
Bibliografía básica
Jacobson, M.Z. "Atmospheric Pollution". Cambridge: Cambridge University Press, 2002. ISBN: 9780511802287. SINATURA: 222 4.
European Environment Agency “EMEP/EEA air pollutant emission inventory guidebook”. EEA Technical Report, 2019. ISSN 1977-8449.
Bibliografía complementaria
Baumbach, G. “Air Quality Control”. Berlin: Springer-Verlag, 1996. ISBN 10: 3540579923.
Boubel, R.W., Fox, D.L., Turner, D.B., Stern, A.C. "Fundamentals of Air Pollution". London: Academic Press, 1994. ISBN 0-12-118930-0.
Catalá Icardo, M., Aragón Revuelta, P. “Contaminantes del aire: Problemas resueltos”. Valencia: Editorial Universidad Politécnica de Valencia, 2008. ISBN 978-84-8363-224-6.
Finlayson-Pitts, B.J., Pitts Jr., J.N. “Atmospheric Chemistry”. New York: John Wiley and Sons, 1986. ISBN 0-471-88227-5.
Jacobson, M.Z. “Fundamentals of Atmospheric Modelling”. Cambridge: University Press, 2005. ISBN 9780521548656. SINATURA: A220 4 A
Ministerio de Industria y Energía. "Manual de cálculo de chimeneas industriales". Madrid: Servicio de Publicaciones Miner, 1992. ISBN 978-84-7474-635-8.
Pielke, R.A. “Mesoscale meteorological modeling”. Academic Press, New York, 1984. ISBN 9780123852373.
Seinfeld, J.H. "Atmospheric Chemistry and Physics of Air Pollution". New York: J. Wiley & Sons, 1985. ISBN 0-471-82857-2.
Seinfeld, J.H., Pandis, S.N. “Atmospheric Chemistry and Physics”. 2nd edition, New York: John Wiley and Sons, 2006. ISBN 978-0471720171. SINATURA: 220 5.
Stull, R.B. "An introduction to boundary layer meteorology". The Netherlands: Kluwer Academic Publishers, 1988. ISBN 978-94-009-3027-8.
US EPA. “Compilation of air pollutants emissions factors – Vol I: Stationary points and area sources”. AP-42, Research Triangle Park, California, 2016. https://www.epa.gov/air-emissions-factors-and-quantification/ap-42-comp…
Vilà-Guerau de Arellano, J., van Heerwaarden, Ch.C., van Stratum, B.J.H., van den Dries, K. “Atmospheric Boundary Layer” New York: Cambridge University Press, 2015. ISBN 9781107090941. SINATURA: 220 7.
Zannetti, P. "Air Pollution Modeling". New York: Computational Mechanics Publications, Van Nostrand Reinhold, 1990. ISBN 978-1-4757-4465-1. SINATURA: A222 7.
Outra documentación
O profesor facilitará presentacións dos contidos da disciplina e outros documentos a través da súa Aula Virtual, na lingua de impartición dela.
Nesta materia o estudiante adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas, xerais e transversais, desexables en calquera máster universitario, e específicas, propias da enxeñería ambiental. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, os alumnos deberán alcanzar as seguintes competencias:
Competencias xerais e básicas: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG2, CG3, CG4
Competencias transversas: CT1, CT2, CT4, CT7, CT8
Competencias específicas: CE1, CE2, CE5, CE8, CE9
Mecanismos de ensino e aprendizaxe.
Esta materia desenvolverase mediante diferentes mecanismos de ensino e aprendizaxe, como se indica nos seguintes puntos:
MD1: Clases maxistrais participativas: Bloques I, II e III.
MD2: Seminarios de problemas e conferencia de profesionais, en función dos medios e condicións dispoñibles: Bloques II e III.
MD4: Prácticas en Aula de Informática (A.I.): Bloque IV. A asistencia a estas prácticas, que se avaliará a partir dos resultados obtidos nelas, é obrigatoria.
MD5: Visitas técnicas a empresas e institucións, en función dos medios e condicións dispoñibles.
MD7: Aprendizaxe superada na resolución de problemas, casos prácticos e proxectos (ABP): Desenvolvemento dun traballo en equipo (Bloques I e II).
MD8: Titorías individualizadas e colectivas: Titorías individualizadas para a aclaración de contidos da materia (Bloques I, II e III), e titorías colectivas para a organización e seguimento do traballo en equipo (Bloques I e II).
MD14: Presentacións orais de temas previamente preparados, incluíndo o debate cos
compañeiros e os profesores: Presentación e defensa do traballo en equipo, con quenda de debate (Bloques I e II).
MD15: Utilización de software especializado, bases de datos e recursos web: Bloque IV. Soporte docente online: Campus Virtual.
MD2:
- Conferencia sobre "Aplicacións dos modelos de calidade do aire" impartida polo director da División de Clima en España do Grupo Suez (multinacional francesa líder no sector do ambiente). En función dos medios e condicións internos e externos dispoñibles.
MD5:
- Visita a Meteogalicia, servizo meteorolóxico galego, para coñecer os modelos atmosféricos e a instrumentación meteorolóxica deste servizo. En función dos medios e condicións internos e externos dispoñibles.
5.2. Desenvolvemento de competencias nas actividades docentes
Competencia A = MD1 B = MD2 C=MD4 D=MD E=MD7 F=MD8 G=MD14 H=MD15
CB6 A C D E F G H
CB7 B C E F G H
CB8 A C D E F G
CB9 B D E F G
CB10 A B C D E F G H
CG1 A B E F G
CG2 A C D E F G H
CG3 B C D E F G H
CG4 A B C E F H
CT1 E F G H
CT2 E F G
CT4 A B C D E F G H
CT8 A B C D E F G H
CE1 A C E F G
CE2 A B C D H
CE5 B C H
CE8 B C D E F G H
CE9 A B C D E F G H
Sistema de cualificacións
A avaliación da materia comporase dunha combinación de:
Sistema de cualificación Modo de avaliación Peso na nota global Valor mínimo sobre 10
Examen final Individual 40 % 3,5
Actividades en laboratorio (A.I.) En equipo 40 % -
Participación activa en clase e titorías de grupo Individual 10 % -
Participación activa en actividades con profesionais Individual 10 % -
Para superar a materia, o estudante deberá obter unha cualificación mínima de 3,5 sobre 10 no exame escrito. Noutro caso, a cualificación global do alumno corresponderase coa do dito exame escrito.
As cualificacións das clases, actividades e titorías de grupo obtidas no curso en que o estudiante cursase a docencia presencial da materia, conservaranse en tódalas avaliacións do dito curso. Sendo sempre necesario que en cada nova oportunidade o estudante realice o exame final, que recibirá a cualificación correspondente.
Avaliación de competencias
Competencia A = Examen B = A.I. C=Tutorías/Clases D=Activ. profesionais
CB6 A B C D
CB7 B
CB8 C D
CB9 C
CB10 A B
CG1 D
CG2 B
CG3 A D
CG4 A B D
CT1 C
CT2 C
CT4 A B D
CT8 B C D
CE1 A B
CE2 A B D
CE5 B D
CE8 C
CE9 C D
ACTIVIDADE FORMATIVA Horas presenciais Traballo autónomo do estudante ECTS
Clases maxistrais 14 28
Seminarios 10 24
Aula informática 8 6,5
Titorías de grupo 4 2
Subtotal 36 60,5
Exame 2 14
Totais 38 74,5
Horas totais 112,5 - 4,5
O estudante deberá aplica-os seus fundamentos de matemáticas, física, química e enxeñaría ó ambiente atmosférico e as relacións entre este e a contaminación atmosférica que se estudian nesta materia. Tamén se manexarán modelos matemáticos e bases de datos que facilitan a aplicación práctica das técnicas estudadas.
Idioma en que se imparte: Castelán.
A materia contará cunha Aula Virtual.
Jose Antonio Souto Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816757
- Correo electrónico
- ja.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
07.11.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
07.11.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |
16.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |
16.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |