Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal é ofrecer os coñecementos teóricos e prácticos básicos necesarios para a aplicación dos datos e información xeográfica na xestión ambiental, introducindo aos estudantes nas técnicas básicas de análise territorial.
O desenvolvemento dos contidos proporcionará ó alumnado unha base sólida para o manexo e análise dos datos e información xeográfica dispoñible.
En definitiva, trátase de introducir ó alumnado no manexo das aplicacións informáticas propias da análise espacial e cartográfica.
O obxectivo da materia é que sexan capaces de:
• Comprender que é un SIX, que pode facer e como se está utilizando na actualidade.
• Ver como pode beneficiarse co uso dun SIX.
• Crear mapas básicos.
• Traballar con diferentes tipos e formatos de datos xeográficos.
• Acceder á información de entidades e datasets xeográficos.
• Aplicar un enfoque sistemático para analizar algúns datos e coñecer os patróns e relacións que teñen os teus datos.
• Utilizar capas, grupos de capas e proxeccións nun mapa
• Simbolizar as entidades por categorías ou por cantidades
• Traballar con táboas e realizar unións e relacións
• Realizar análise multicriterio para resolver problemas complexos: áreas de influencia, ubicacións óptimas, etc.
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descriptor da materia recollido no plan de estudos de Máster en Enxeñaría Ambiental:
· Definición e elementos dun SIX.
· Os datos nun SIX: xeográficos e alfanuméricos.
· Estruturas e modelos de almacenamento: modelos ráster e vectorial. Topoloxía, xeoreferenciación e xeocodificación.
· Captura, correción e almacenamento de datos.
· Servidores de Mapas. Bases de datos relacionais. Asignación de atributos.
· Análise e clasificacións espaciais e temáticas. Análise estatístico nun SIX.
· Avaliación territorial multicriterio.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
* ALDREY VÁZQUEZ, J. A. (2018): Curso de Sistemas de Información Xeográfica. Publicado bajo licencia Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0 Internacional en el repositorio Minerva de la Universidad de santiago de Compostela. 2018. URI: http://hdl.handle.net/10347/17306
https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/17306
* MORENO JIMÉNEZ, A. (Coor.) (2006): Sistemas y análisis de la información geográfica: manual de autoaprendizaje con ArcGIS. RA-MA, Paracuellos del Jarama. 895 pp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
* BARREDO;J. I. 1996: Sistemas de Información Geográfica y evaluación multicriterio del territorio., Ed. Rama.
* BURROUGH, P. (1988): Principles of Geographical Information Systems for land resources assessment. Oxford Univ. Press, Oxford.
* BUZAI, G.D. y BAXENDALE, C.A. (2006): Análisis socioespacial con sistemas de información geográfica. Ed. Lugar, Buenos Aires. 397 pp.
* COPPOCK, J.T. and RHIND, D.W. (1991) The History of GIS en Maguire, D.J.; Goodchild, M.F. and Rhind, D.W. (Eds.) Geographical Information Systems: Principles and Applications, John Wiley & sons, pp. 21-43. (www.wiley.co.uk/wileychi/gis/resources.html)
* COMAS, D. y RUIZ, E. (1993): Fundamentos de los Sistemas de Información Geográfica. Ariel, Barcelona. 295 pp.
* CORBERÓ Mª V. et al. (1988) Trabajar mapas. Biblioteca de recursos didácticos Alhambra.
* CHUVIECO, E. (1990) Fundamentos de teledetección espacial. Rialp
* CHUVIECO, E. (2002) Teledetección Ambiental. La observación de la Tierra desde el Espacio. Ed. Ariel
* DENT, B.D. (1990 2ª ed.) Cartography. Thematic map design. Wm. C. Brown Publishers.
* FERNÁNDEZ GARCÍA, F. (2000) Introducción a la fotointerpretación. Ariel Geografía.
* FRAILE GILPÉREZ, L. (1986) Lectura de planos. Penthalon.
* LONGLEY, P.A.; GOODCHILD, M.F.; MAGUIRE, D.J. (1991) An overview and definition of GIS en Maguire, D.J.; Goodchild, M.F. and Rhind, D.W. (Eds.) Geographical Information Systems: Principles and Applications. John Wiley & sons, pp. 9-20 (www.wiley.co.uk/wileychi/gis/resources.html).
* MAGUIRE, D.J., GOODCHILD, M.F. & RHIND, D.R. 2005: Geographical Information Systems and Science., Wiley.
* ORSBY, T. et al. 2004: ;Getting to Know ArcGis desktop, ERSI Press.
* PANAREDA CLOPÉS, J.P. (1984) Como interpretar el Mapa Topográfico. Anaya.
* PELLICER CORRELLANO, F. (1998) Cuadernos Técnicos de Ciencias Ambientales 1. Introducción a la Fotografía aérea. Azara Ed.
* PEREÑA, J.G. 1992: Introducción Conceptual a los Sistemas de Información Geográfica (S.I.G.), Estudio Gráfico Madrid
* PUYOL, R. e ESTÉBANEZ, J. (1978) Análisis e interpretación del mapa topográfico. Tebar Flores.
* ROULEAU, B. (1991) Methodes de la cartographie. Presses du CNRS.
* SANTOS PRECIADO, J.M. (2004): Sistemas de Información Geográfica. Universidad Nacional de Educación a Distancia. Madrid, 460 pp.
* SKIDMORE, A. (Ed.) (2002): Environmental modelling with GIS and remote sensing. Routledge, Londres. 268 pp.
* TOMLIN, D. (1990): Geographic Information Systems and cartographic modelling. Englewwod Cliffs. Prentice Hall.
* VÁZQUEZ MAURE, F. e MARTÍN LÓPEZ, J. (1989) Lectura de mapas. IGN.
*WISE, S. (2002): Gis Basics. Taylor & Francis, Londres, 218 pp.
* WRIGHT, D.J.; GOODCHILD, M.F. and PROCTOR, J.D. (1997): Demystifying the Persistent Ambiguity of GIS as Tool vs. Science The Annals of the Association of American Geographers 87(2): 346-362 (http://dusk.geo.orst.eddu/annals.html).
Básicas e Xerais
• CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
• CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
• CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
• CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
• CG1 - Identificar e enunciar problemas ambientais
• CG2 - Ser capaces de predecir e controlar a evolución de situacións complexa mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo innovadoras adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade
• CG3 - Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo.
Transversais
• CT3 - Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
• CT4 - Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese.
• CT5 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes e proxectos de carácter científico e técnico.
• CT6 - Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional no marco do compromiso co desenvolvemento sostible.
Específicas
• CE3 - Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do ámbito temático da Enxeñería Ambiental, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia do coñecemento.
• CE5 - Conceptualizar modelos de Enxeñería, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas adecuadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
• CE8 - Abordar un problema real de Enxeñería Ambiental baixo unha perspectiva científico-técnica recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
• CE9 - Posuír as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da Enxeñería Ambiental que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.
• CE10 - Ser capaz de aplicar ferramentas de xestión ambiental (Estudos de impacto ambiental, Análises do ciclo de vida, Ecoloxía Industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ISO, EMAS) á hora de realizar informes ou proxectos.
Trátase dunha materia eminentemente aplicada, baseada principalmente na aprendizaxe de técnicas, de xeito que polo seu enfoque práctico, realizaranse unha serie de traballos específicos e secuenciais, encamiñados á posta en práctica dos aspectos máis relevantes dos contidos, e que demostren os coñecementos adquiridos.
Dende o comezo do curso, estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicarse co docente e coa clase.
A docencia será impartida de xeito presencial. Nas aulas expositivas serán tratados os aspectos teóricos referentes aos contidos previstos. Estos serán necesarios para entender ferramentas e procesos necesarios para a realización dos exercicios prácticos. As aulas interactivas estarán dedicadas á realización de casos prácticos por parte do alumnado. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que o alumnado poida organizar o propio tempo de estudo.
Atenderanse as dúbidas que poidan xurdir durante as horas de titorías. Estas serán principalmente individuais e fundamentalmente de carácter presencial, se ben se poderán programar titorías por vía telemática sempre que exista xustificación (e que terán lugar por Microsoft Teams).
A metodoloxía da ensinanza avaliará as seguintes competencias (mencionadas anteriormente) das aulas expositivas, interactivas e proba de avaliación:CB6, CB7,CB8, CB9, CB10, CG1, CG2, CT3, CT4, CT5, CE3, CE5, CE8, CE9, CE10. As competencias non sinaladas serán traballadas pero non evaluadas. As competencias evaluadas estruturanse do seguinte modo:
• Clases maxistrais:CB6,CG1
• Prácticas de aula interactiva:CB10, CG2, CT3, CE3, CE5
• Traballo final práctico:CB8, CB9, CT5, CE8, CE10
• Proba de avaliación de coñecementos e competencias:CB7, CE9
A cualificación do alumnado será froito do seu rendemento nas tres partes nas que se avalía a aprendizaxe:
1) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas presencias, que serán de tipo individual. Computarán o 40% da nota final. Nesta compoñente,tendráse en conta a participación activa do alumnado nas clases .
2) Traballo final que supondrá o 40% da nota.
3) Proba de avaliación de coñecementos e competencias: na data estabelecida polo centro, realizaráse unha proba final presencial de avaliación (complementaria á avaliación continua). Computará o 20% da nota final.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual ou por medios propios da universidade como a nube.
A asistencia a clase ten incidencia no sistema de avaliación. Será valorada coma un factor máis da avaliación continua (10% da nota nese apartado).
Para superar a materia será necesario realizar a entrega de tódalas actividades prácticas solicitadas durante o curso, así como a entrega, do traballo final. Cada actividade entregada deberá alcanzar como mínimo o 40% da súa nota máxima para que pondere para a nota final. Tamén é obrigatoria a realización da proba de avaliación de coñecementos e a súa entrega para poder superar a materia. Esta deberá alcanzar como mínimo o 30% da súa nota máxima para que pondere para a nota final. Se a media final de todas as actividades de avaliación, non resultara nunha calificación por enriba de 5, fai falta afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
Na segunda oportunidade a avaliación se fará do mesmo xeito que a primeira.
Para o alumnado con dispensa académica concedida, requeriránse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa. Tendrá que realizar a proba de avaliación de coñecementos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais:
Horas de traballo presencial do alumnado:
Clases expositivas 10
Clases prácticas 12
Titorías personalizadas 2
Exame 2
Horas de traballo persoal do alumnado:49
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías, alén das preguntas na aula.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
• Os alumnos instalen o software nos seus computadores persoais. Para que poidan traballar fora da aula.
In what respects to the Block I and given the different formative origin of the students, is normal to find differences in the knowledge of the handle of cartography and aerial photography, by what do not demand previous requirements.
For the Block II, centred in the handle of the Systems of Geographic Information, requires that the student have some minimum knowledges of Computing to level of user.
The subjet will give in Spanish.
Ramon Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ramonlopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A7 |
Venres | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A7 |
15.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
15.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |
18.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
18.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A7 |