Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Poñer ao alumno en contacto coa tecnoloxía empregada no uso da biomasa de orixe forestal para a obtención de enerxía.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Sistemas de aproveitamento da biomasa forestal. Mecanización dos aproveitamentos de biomasa forestal. Loxística dos aproveitamentos de biomasa forestal. A biomasa como fonte de enerxía. Procesos de transformación da biomasa: térmicos, químicos e biolóxicos. Coxeración. Biocombustibles.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (horas presenciais - horas non presenciais):
1. Condicionantes da biomasa forestal para o seu aproveitamento (1 h - 1.5 h).
2. Maquinaria para acondicionar residuos forestais (5 h - 7.5 h).
3. Organización e avaliación da recollida mecanizada de residuos forestais (3 h - 4.5 h).
4. Materia prima da biomasa forestal (1 h - 1.5 h).
5. Utilización da biomasa forestal como fonte de enerxía (1 h - 1.5 h) .
6. Aproveitamento dos residuos silvícolas (1 h - 1.5 h).
7. Procesos de transformación da biomasa (2 h - 3 h).
8. Tecnoloxías de conversión térmica (3 h - 4.5 h).
9. Biocombustibles sólidos (2 h - 3 h).
10. Biocombustibles líquidos (1h - 1.5 h).
11. Coxeración (1h - 1.5 h).
Prácticas:
Fendedora: morfoloxía, funcionamento, mantemento (0.5 h - 1 h)
Suposto práctico de cadea completa de aproveitamento de residuos forestais (1 h - 1.5 h) Dimensionado de caldeiras de vapor (0,5 h - 1 h)
Estudo de custos e de amortización de caldeiras (1 h - 1.5 h).
Básica:
Sebastian, F.; García Galindo, D. ; Rezeau, A. 2010. Energía de la biomasa. Prensas Universitarias de Zaragoza. Velázquez Martí, Borja. 2006. Aprovechamiento de los residuos forestales para uso energético. Editorial UPV. Nieto Ojeda, R. (Editor). Manual de Mecanización Forestal, 4ª Ed.
Complementaria:
Linares Hurtado, J.L. (ed.). 2009. Biomasa: estado actual y perspectiva inmediata. U. Pontificia de Comillas. Asociación N. de Ingenieros del ICAI.
Alain Damien. 2010. La Biomasa. Fundamentos, Tecnologías y Aplicaciones. Mundi Prensa.
Obernberger, I., Theck, G. 2010. The pellet handbook : the production and thermal utilization of pellets. IEA Bioenegy.
Seoánez Calvo, M. 2013. Tratado de la biomasa : con especial incidencia sobre la biomasa como fuente energética. McGraw-Hill/Interamericana de España, D.L.
Brown, R. (ed.). 2011. Termochemical Processing of biomass. Vonversion into fuels, chemicals and power. Wiley. Strezov, V.; Evans, T. (ed.). 2014. Biomass Processing Technologies CRC Press.
Martin, A.M., Owendw P.M.O., Holden N.M., Ward S.M. 2001. Designation of timber extraction routes in a GIS using road maintenance cost data. Forest Products Journal 51 (10), 32-38.
Quen supere esta materia, coñecerá:
COM1-01. A tecnoloxía existente para utilizar a biomasa forestal como fonte de enerxía.
COM1-02. Os procesos térmicos, químicos e biolóxicos de transformación da biomasa forestal.
Ademais, será capaz de:
HAM1-01. Dimensionar instalacións de aproveitamento da biomasa forestal con fins enerxéticos.
HAM1-02. Deseñar a loxística do aproveitamento da biomasa forestal.
Esta materia contribuirá a que se adquiran as competencias:
A) Específicas:
CEM1-01. Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenvolvemento, aserrío e moble e para o aproveitamento de enerxías renovables.
CEM1-04. Coñecemento e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía no ámbito das enerxías renovables no medio forestal e natural.
B) Xeral:
CG05. Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovables.
O conxunto de actividades formativas docentes con carácter presencial, a realizar polos estudantes, clasifícase como segue:
1. Sesións expositivas, que consistirán basicamente en leccións maxistrais impartidas polo profesorado, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. Este método facilita a comprensión de conceptos complexos e permite sintetizar na exposición distintas fontes de información, que se poden traballar co alumnado de forma máis coherente. COM1-01, COM1-02, HAM1-01, HAM1-02, CEM1-01, CEM1-04, CG05.
2. Sesións interactivas en grupos reducidos, que permitirán a adquisición de habilidades prácticas ou a aplicación inmediata dos contidos teórico-prácticos. Este tipo de sesións inclúen os seminarios ou conferencias, as prácticas na aula de informática, nos laboratorios ou nas saídas de campo, ou visitas técnicas a empresas ou institucións. Tamén inclúen as exposicións de traballos por parte dos estudantes e o debate posterior que se estableza sobre eles. COM1-01, COM1-02, CEM1-01.
3. Titorías de grupos reducidos de menos de 10 estudantes, que permitirán o seguimento do proceso ensino-aprendizaxe. Empregaranse con diferentes fins en función da metodoloxía docente: aclaración de dúbidas, seguimento dos traballos, análises dos informes de prácticas etc. HAM1-01, HAM1-02, CEM1-04.
4. As titorías individuais, que servirán para a orientación no seguimento da materia, para a resolución de dúbidas ou para complementar as actividades docentes realizadas na aula. COM1-01, COM1-02, HAM1-01, HAM1-02, CEM1-01, CEM1-04, CG05.
5. Traballo autónomo. Ao longo do curso, o alumno deberá preparar un traballo para entregar ao final do curso sobre algún tema que propoñerá o profesor. Será un traballo de revisión de artigos ou catálogos técnicos de máquinas forestais, en lingua inglesa. Inclúe o emprego da aula virtual. COM1-01, COM1-02, HAM1-01, HAM1-02, CG05.
6. Prácticas de campo, visitas técnicas a empresas ou administracións, fundamentais na formación no ámbito da Enxeñaría que pon o contacto ao alumnado cunha realidade que como profesionais han de elixir, xestionar, coñecer en profundidade e, finalmente, ser capaces de intervir sobre ela. Neste caso, os profesores organizan actividades prácticas de coñecementos procedementais ou habilidades manipulativas e instrumentais sobre unha temática que se realiza ao aire libre, ou observacionais en campo ou en empresas e administracións. COM1-01, COM1-02, HAM1-01, HAM1-02, CEM1-04.
1.Probas escritas: avalían os resultados COM1-01, COM1-02, HAM1-01, HAM1-02, CEM1-01, CEM1-04. Incluirán exames de preguntas obxectivas ou de desenvolvemento.
Contarán o 65% da cualificación. Para poder superar a materia o alumno deberá ter como mínimo unha cualificación de 5 (sobre 10).
2. Traballos entregados e/ou expostos: con eles avalíanse os resultados de aprendizaxe COM1-02, HAM1-01, HAM1-02, CG05. Terán un peso na cualificación do 35%. Deberase ter como mínimo unha cualificación de 5 (sobre 10).
Na oportunidade extraordinaria de recuperación, deberanse realizar as probas escritas e/ou traballos que non superasen a cualificación de aprobado na oportunidade ordinaria. En todo caso, manteríase o peso relativo de cada parte indicado no parágrafo anterior.
No caso de alumnos repetidores, o sistema de avaliación será idéntico ao anteriormente citado.
Nos casos de dispensa de asistencia, todo será idéntico, tanto no referente ás probas escritas como aos traballos para realizar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
DOCENCIA PRESENCIAL (24.0 h):
Clases expositivas: 12.0
Clases interactivas: 12.0
OUTRAS ACTIVIDADES (4.0 h):
Titorías en grupo: 1.0
Exames e revisión: 3.0
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (47.0 h):
Lectura e preparación de temas de teoría: 24.0
Lectura e preparación de clases interactivas: 3.0
Prácticas: 2.0
Traballos: 8.0
Exames e revisión: 10.0
TOTAL: 75.0 h.
Recoméndase a asistencia regular ás clases e demais actividades, así como a realización das actividades propostas polo/os profesor/es.
Maximo Antonio Dugo Paton
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Teléfono
- 982823213
- Correo electrónico
- maximo.dugo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 20 (Pav.II-PPS) |