Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Poñer ao alcance dos futuros enxeñeiros un modelo e unhas técnicas de organización e xestión necesarios tanto para a súa aplicación na explotación directa no monte como nas empresas industriais derivadas.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Dirección económico-financeira da empresa forestal. Plan de empresa. Estrutura do mercado da madeira, dos seus elaborados industriais e doutros produtos forestais. Dirección comercial das empresas forestais. Comercio exterior. Fiscalidade no ámbito forestal.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario. As horas indicadas para cada tema deben entenderse como unha aproximación:
Bloque 1. Dirección económico-financeira da empresa forestal. Plan de empresa (18 horas presenciais-2.25 ECTS)
1. A dinámica empresarial. Os novos modelos de coordinación e cooperación empresarial. (3 horas presenciais)
2. O sistema de financiamento na empresa: achegas dos socios; autofinanciamento; fontes de financiamento allea. (3 horas presenciais)
3. Bases e contido dun plan de empresa (6 horas presenciais)
4. Análise económica e financeira da empresa (4 horas presenciais)
5. Fiscalidade da empresa.(2 horas presenciais)
Bloque2. Estrutura do mercado da madeira dos seus elaborados industriais e de outros produtos forestais. (12 horas presenciais- 1.5 ECTS)
6. Estudo do contorno: a cadea da madeira, como conxunto de actividades integradas de produción de materias primas, elaboración e distribución. (4 horas presenciais)
7. Estrutura económica das unidades de produción primaria (4 horas presenciais)
8. Estrutura económica do sector da primeira e segunda transformación. (4 horas presenciais)
Bloque 3. Dirección comercial das empresas forestais. Comercio exterior (18 horas presenciais- 2.25 ECTS)
9. Marketing estratéxico. (5 horas presenciais)
10. Segmentación de mercados: obxectivos, criterios e límites. A información como base da segmentación. (6 horas presenciais)
11. O produto como obxecto de marketing. (5 horas presenciais)
12. Os mercados da madeira no entorno internacional. Incoterms. (2 horas)
PROGRAMA PRÁCTICO
PRÁCTICAS OBRIGATORIAS (Dentro das horas presenciais consignadas na distribución anterior por temas, considéranse as seguintes prácticas)
1. Análise económico e financeiro de empresas da madeira (2 horas presenciais)
2. Elaboración dun plan de empresa en cinco fases (4 horas presenciais)
OUTRAS PRÁCTICAS
3. PRÁCTICAS DE MERCADOS (12 horas presenciais)
4. ANÁLISIS DE CASOS DE MÁRKETING (4 horas presenciais)
5. Incoterms (2 horas)
Básica:
KOTLER, P. E ARMSTRONG (2013): Fundamentos de Marketing. Pearson, Mexico.
ALONSO SEBASTIÁN, R., 2008, Economía de la Empresa Agroalimentaria, Mundi Prensa, 392 pp
FERNÁNDEZ, X.A. e PRADA, A. (1996) “Estrutura y Tendencias del Sector Forestal”, en PAPELES DE ECONOMÍA ESPAÑOLA: Economía de las Comunidades Autónomas, nº 16, pp: 130-140.
Molero, R. M. (2003). La fiscalidad de los montes en España. Papeles de trabajo sobre medio ambiente y economía= Working papers on environment and economics, (2), 1-48.
VVAA (2016): Análise da Cadea Forestal-Madeira. Instituto Galego de Estatística. Xunta de Galicia
MEIXIDE VECINO, A (Dir). (2020) A Economía Galega. Informe 2019. AFundación-IDEGA.
Complementaria
GONZÁLEZ GURRIARÁN, J. FIGUEROA DORREGO, P. et al., 1999, La Cadena empresarial de la madera en Galicia: diagnóstico estratégico y propuestas de mejora de su competitividad,Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza, D.L., A Coruña .
MARTÍNEZ NUÑEZ Y DÍAZ BALTEIRO (2007) La Industria forestal en España. Aspectos productivos, organizativos y medioambientales. En Investigación Agraria: Sistemas y Recursos Forestales 2007 16(2), 182-196
PAPELES DE ECONOMÍA ESPAÑOLA: Economía de las Comunidades Autónomas, nº 16, pp: 130-140.
PRADA BLANCO, A. (1991): Montes e Industria. O circuito da Madeira en Galicia. Fundación Caixa Galicia, Vigo, 306 pp.
Vicente-Archie, J. I. (2003). La afección de bienes a la actividad forestal y sus consecuencias tributarias en la imposición directa (No. 1102-2016-90811, p. 183).
Quen supere esta materia, coñecerá:
- COM3-10. As características e estrutura do mercado (nacional e internacional) da madeira, os seus derivados industriais e outros produtos forestais.
- COM3-11. As bases da xestión económico-financeira das empresas forestais e a súa fiscalidade.
- COM3-12. As técnicas de marketing aplicables aos produtos forestais e os seus derivados.
Ademáis, será quen de:
- HAM3-07. Desenvolver plans de negocio adaptados ao sector forestal.
- HAM3-08. Desenvolver plans de marketing para empresas do sector forestal.
Esta materia contribuirá a que se adquiran as competencias:
A) Específicas:
- CEM3-01. Capacidade para analizar e diagnosticar a contorna e a propia empresa, elaborar e xestionar plans de
negocio e realizar estudios de rendibilidade de investimentos forestais.
- CEM3-03. Coñecemento das ferramentas para a análise económica e financeira e capacidade para a xestión
dos recursos económicos.
- CEM3-04. Coñecemento das estratexias de marketing, estudos de mercado e políticas de distribución.
B) Xerais:
- CG01. Capacidade para aplicar as técnicas de marketing e comercialización de produtos forestais.
Utilizaremos as seguintes ferramentas:
Leccións maxistrais participativas, seminarios e conferencias.(Competencias traballadas: CG01, CEM3-01, CEM3-03, CEM3-04, COM3-10, COM3-11, COM3-12). A área de Economía Política e Socioloxía Agraria xunto co departamento de Historia Contemporánea organizará diversas xornadas de debate, nas que se reflexionará sobre os problemas e a situación actual do medio rural galego no que se enmarca o sector forestal. Estas xornadas constitúen unha práctica obrigatoria, polo que os contidos nelas tratados serán avaliados mediante o exame. Agárdase do alumnado que participe activamente nestas sesións de discusión activa.
Utilización de encerados clásicos. Utilización da aula virtual. (Competencias traballadas: CG01, CEM3-01, CEM3-03, CEM3-04, COM3-11)
Resolución de problemas. (Competencias traballadas: CG01, CEM3-03, CEM3-04, COM3-10, COM3-11)
Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e en proxectos. (Competencias traballadas: CG01, CEM3-01, CEM3-03, CEM3-04, COM3-12)
Titorías individualizadas e colectivas .(Competencias traballadas: CG01, CEM3-01, CEM3-03, CEM3-04, COM3-10, COM3-11, COM3-12)
Traballo autónomo e estudio independente do alumnado. (Competencias traballadas: CG01, CEM3-01, CEM3-03, CEM3-04, HAM3-08)
Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa. Sesión/s de discusión activa.(Competencias traballadas: CG01, CEM3-01, CEM3-03, CEM3-04, HAM3-07, COM3-11)
Avaliación de competencias mediante exercicios de control. (Competencias traballadas: CG01, CEM3-01, CEM3-03, CEM3-04, HAM3-08)
Participación nas clases expositivas, interactivas e outras actividades complementarias (10%) CG01, CEM3-01, CEM3-03, CEM3-04
Realización de prácticas e seminarios (10%) CG01, CEM3-01, CEM3-03, CEM3-04, COM3-11, COM3-10
Presentación de traballos ou informes relacionados co contido da materia: competencias avaliadas
Plan de empresa (20%) CEM3-03, HAM3-07
Traballos Márketing (10%) CG01, CEM3-04, HAM3-08
Proba ou probas parciais e/ou finais, orais e/ou escritas (50%): CG01, CEM3-01, CEM3-03, CEM3-04, COM3-10, COM3-11, COM3-12.
O alumnado en segunda oportunidade e repetidor será avaliado cos mesmos criterios.
A realización de prácticas fraudulentas poden conlevar o suspenso na primeira e na segunda oportunidade. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación
Ademais da asistencia á clase, considérase suficiente, para a aprendizaxe da materia, unha dedicación de 102 horas de traballo persoal do alumno incluíndo as actividades de avaliación.
Estímase necesario un estudo regular ao longo do semestre que incida na resolución dos problemas prácticos.
Ana Isabel García Arias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Do Mar Pérez Fra
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Correo electrónico
- mariadomar.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Iban Vazquez Gonzalez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Correo electrónico
- iban.vazquez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 (Pav.II-PPS) |