Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquisición de coñecementos para realizar traballos de planificación hidrolóxica e loita contra a desertificación.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Conceptos, principios e lexislación da planificación de concas. Modelización hidráulica de ríos. Restauración e manexo agro-hidrolóxico de concas. A desertificación: causas, técnicas de diagnóstico e prevención e control de riscos.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
As horas que aparecen asignadas son de clases expositivas e interactivas e son unha previsión de distribución de horas
Tema 1. Conceptos e principios da planificación integrada de concas (2 horas)
Planificación hidrolóxica. Conceptos e principios da planificación integrada de concas. Inventario de masas de auga. Indicadores de calidade das masas de auga. Lexislación sobre planificación hidrolóxica
Tema 2. Modelado hidráulico: fluxo de auga en correntes naturais (4 horas)
Modelado hidráulico: fluxo de auga en correntes naturais, cálculo de perfís de fluxo en ríos, modelos hidráulicos. Delimitación do dominio público hidráulico. Estudios de inundabilidade.
Tema 3. Caudais ecolóxicos. (2 horas)
Tipos de réximes de caudais ecolóxicos. Métodos de determinación de réximes de caudais ecolóxicos: hidrolóxicos e hidrobiolóxicos. Metodoloxía IFIM e PHABSIM. Réximes de caudais ecolóxicos nos planos hidrolóxicos.
Tema 4. Xeomorfoloxía fluvial (2 horas)
Introdución á xeomorfoloxía fluvial. Tipos de formas en planta de ríos. Estabilidade dun cauce: concepto de equilibrio nun río. Morfoloxía de cauces. Análise xeomorfolóxica dos cambios nos cauces.
Tema 5. Restauración de concas hidrográficas de montaña (6 horas)
Introdución e principios das Restauracións Hidrolóxico-Forestais. Hidrotécnias transversais. Hidrotécnicas lonxitudinais. Proxectos de Restauración hidrolóxico-forestais.
Tema 6. Ordenación agrohidrolóxica de concas (4 horas)
Manexo de Concas. Conceptos utilizados no estudio da conca. Actuacións hidrolóxico-forestais en concas vertentes con distintos escenarios. Bases para o manexo sostible dunha conca. Manexo Ecolóxico do solo. Propostas agroforestais
Tema 7. Desertificación (1 hora)
Definición de desertificación. Causas e efectos da desertificación. Paisaxes da desertificación. A loita contra a desertificación.
Prácticas
Práctica Nº 1: Modelado de fluxo de auga en canles en réxime permanente co “software” HEC-RAS (2 horas).
Práctica Nº 2: Ordenación agrohidrolóxica dunha conca (1 hora)
Bibliografía básica
• ASCE. 1996. River hydraulics. ASCE Press. New York. 144 pp. https://www.publications.usace.army.mil/USACE-Publications/Engineer-Man…
• Chaudhry, M.H. 1993. Open-channel flow. Prentice Hall. New Jersey. 483 pp.
• Chow, V.T. 1982. Hidráulica de los canales abiertos. Editorial Diana. México. 633 pp.
• De Aranda, G. (Ed.). 1992. Hidrología forestal y protección de suelos. Técnicas y experiencias en dirección de obras. ICONA. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Madrid. 693 pp.
FISRWG. 1998. Stream Corridor Restoration: Principles, Processes, and Practices. Federal Interagency Stream Restoration Working Group (FISRWG)(15 Federal agencies of the US gov't). https://www.nrcs.usda.gov/wps/portal/nrcs/main/national/water/manage/re…
• French, W.H. 1988. Hidráulica de canales abiertos. McGraw-Hill. México.
• López, F. (Ed.). 1998. Restauración hidrológico forestal de cuencas y control de la erosión. Ministerio de Medio Ambiente, Tragsa, Tragsatec y Ediciones Mundi-Prensa. Madrid. 945 pp.
• López, F. 1988. Corrección de torrentes y estabilización de cauces. FAO. Roma. 182 pp..
• Martín Vide. 1999. Ingeniería fluvial. Edicions UPC. 199 pp.
• Mintegui, J.A. y López, F. 1990. La ordenación agrohidrológica en la planificación. Servicio central de publicaciones del Gobierno Vasco. Vitoria. 306 pp.
• Suárez, L.M. 1993. Presas de corrección de torrentes y retención de sedimentos. Ministerio del Ambiente y de los Recursos Naturales Renovables. Caracas.
Bibliografía complementaria
ASCE. 1995. Hydraulic design of flood control channels. ASCE Press. New York. 120 pp. https://www.publications.usace.army.mil/USACE-Publications/Engineer-Man…
CEDEX. 2011. Mapa de caudales máximos Memoria Técnica. CEDEX. Madrid. 73 pp. https://www.miteco.gob.es/es/cartografia-y-sig/ide/descargas/agua/mapa-…
Sánchez Martínez, F.J., Lastra Fernández, J. (Coordinadores). 2011. Guía metodológica para el desarrollo del Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Madrid 349 pp. https://www.miteco.gob.es/es/agua/publicaciones/guia_metodologica_ZI.as…
WMO. 2012. Glosario hidrológico internacional . WMO-No. 385 https://library.wmo.int/doc_num.php?explnum_id=8209
COM2-14 O concepto e o marco lexislativo da planificación hidrolóxica de conca
COM2-15 Técnicas de modelización hidrolóxica e hidráulica de ríos e concas
COM2-16 Técnicas de restauración de ríos e concas hidrográficas
Ademais, poderás:
HAM2-8 Avaliar os riscos hidrolóxicos existentes nunha conca e os cambios actuais ou futuros do seu estado
HAM2-9 Deseñar plans de prevención de riscos hidrolóxicos e de restauración hidrolóxica
Esta materia contribuirá a adquirir as competencias:
A) Específico:
CEM2-4 Capacidade para deseñar accións de planificación hidrolóxica e loitar contra a desertización
B) Xeral:
CG2 Capacidade para deseñar, dirixir, preparar, executar e interpretar proxectos e plans de actuación integral no medio natural
No transcurso da docencia expositiva facilítase o acceso do alumno ás bases científicas e técnicas da materia impartida.
O profesor encargado de cada unidade encárgase da exposición dos fundamentos teóricos e da súa comprensión por parte dos alumnos. A ensinanza é de carácter práctico e aplicado. Unha vez que o alumno coñece as principais fontes de información, a materia desenvólvese dun xeito eminentemente práctico mediante docencia interactiva, coa realización de exercicios e realización de prácticas e elaboración dun traballo posterior sobre as mesmas
Nesta materia na docencia presencial traballaranse as seguintes competencias:
*Lección maxistral COM2-14 COM2-15 COM2-16 HAM2-8 HAM2-9 CEM2-4 CG2
*Seminarios e resolución autónoma de problemas COM2-15 HAM2-8 HAM2-9
*Prácticas en aula de informática e elaboración de traballos COM2-15 COM2-16 HAM2-8 HAM2-9 CG2
*Titorías en grupos reducidos COM2-14 COM2-15 COM2-16 HAM2-8 HAM2-9 CEM2-4 CG2
1. Exame escrito, constará de dúas partes (Exame de preguntas obxectivos e resolución de problemas) e, terá un valor do 70% da puntuación final da materia.
COM2-14* COM2-15* COM2-16* HAM2-8* HAM2-9* CEM2-4* CG2
2. Prácticas de laboratorio: O traballo práctico será voluntario, asignado a cada grupo, para a realización deste utilizaranse os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e prácticas. Valoración 15%.
COM2-15* COM2-16* HAM2-8 HAM2-9* CG2
3. Outras actividades, exercicios e traballos propostos 15% da puntuación total da materia.
Incluirá a seguinte actividade: usando o glosario de termos hidrolóxicos publicado pola organización meteorolóxica mundial e a base de datos web of science e Scopus, recabar información sobre artigos de temas da materia publicados en inglés sobre un área específica determinada polo profesorado da materia
COM2-15* CG2
Aquelas habilidades e competencias cun asterisco son avaliadas
Este sistema de avaliación estará vixente tanto na primeira como na segunda oportunidade
O cualificacións das prácticas e das outras actividades conservaranse durante o curso académico actual e o seguinte.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia aos exames, podendo realizar o resto de actividades programadas na Guía docente de xeito non presencial.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións correspondente ao artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC, DOG do 21/07/2011.
Clases expositivas, seminarios, prácticas e titorías en grupo 24 h
Lectura e preparación de temas: 14 h
Elaboración de traballos de curso: 3h
Realización de exercicios: 18h
Preparación práctica e traballo posterior das mesmas 7 h
Preparación de probas avaliación: 6 h
Realización de probas 3 h
Total 75 horas
A asistencia a clase recoméndase que sexa dun xeito activo, participando no seu desenvolvemento. Así mesmo, é interesante facer uso das titorías, recorrer á bibliografía recomendada e participar nas prácticas e realizar os traballos prácticos.
Tomas Serafin Cuesta Garcia
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- tomas.cuesta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Dafonte Dafonte
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- jorge.dafonte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 20 (Pav.II-PPS) |