Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introducir o alumno no campo da modelización e simulación de incendios forestais para a súa aplicación na prevención, extinción e na avaliación do risco e da severidade potencial.
Os contidos da materia recollidos na memoria verificada da titulación son:
Análise do comportamento do lume. Fundamentos, descrición e uso dos principais modelos e sistemas de simulación de incendios operativos e de ferramentas complementarias.
Estes contidos desenvolveranse no seguinte programa:
Programa de teoría:
1. Análise do comportamento do lume
2. Modelos de predición do comportamento do lume de superficie
3. Modelos de transición do lume de superficie ás copas
4. Modelos e criterios de propagación do lume polas copas
5. Modelos de focos secundarios
6. Sistemas de peligro meteorolóxico de incendio forestal
7. Sistemas de simulación de incendios; características, aplicacións e manexo dos principais simuladores existentes
8. Ferramentas complementarias: modelos de predición da humidade dos combustibles, modelización de complexos de combustible de superficie, modelos de estimación de variables estruturais de copa
Programa de prácticas:
O programa de prácticas coincide co teórico, non existindo separación temporal entre ambos. A parte práctica da materia ten un peso moi importante, todos os temas teóricos levan asociados exercicios prácticos relacionados. Especialmente práctico é o tema 7 no que se traballará cos simuladores de incendios BehavePlus, FARSITE e CFIS cuxos módulos de cálculo e sistemas de axuda están integramente en inglés. Isto implicará que o alumno teña que manexar dita lingua e ademais supoñerá unha boa oportunidade para coñecer a terminoloxía específica da materia no devandito idioma.
Bibliografía básica
Alexander, ME.; Cruz, MG.; Lopes, AMG. 2006. CFIS: A solfware tool for simulating crown fire initiation and spread. In: Proceedings of V ICFFR (Figueira da Foz, Portugal), Viegas, D.X (editor). Elsevier, Meppel, Netherlands.
Andrews, PL. 2009. BehavePlus fire modeling system, version 5.0: Variables. USDA Forest Service. RMRS-GTR-213WWW Revised.
Cruz, MG.; Alexander, ME.; Wakimoto, RH. 2004. Modeling the likelihood of crown fire occurrence in conifer forest stands. Forest Science 50: 640-658.
Cruz, MG.; Alexander, ME.; Wakimoto, RH. 2005. Development and testing of models for predicting crown fire rate of spread in conifer forest stands. Canadian Journal of Forest Research 35: 1626-1639.
Finney MA. 2004. FARSITE: Fire Area Simulator—Model Development and Evaluation. USDA Forest Service. RMRS-RP-4 Revised.
Bibliografía complementaria
Rothermel, RC. 1972. A mathematical model for predicting fire spread in wildland fuels. USDA Forest Service. Res. Pap. INT-115.
Scott, JH. and Reinhardt, ED. 2001. Assessing crown fire potential by linking models of surface and crown fire behavior. USDA Forest Service. Res. Pap. RMRS-RP-29.
Quen supere esta materia, coñecerá:
- COM5-01: Os fundamentos da modelización e simulación de incendios forestais para a súa aplicación en prevención, en extinción e na avaliación do risco e a severidade potencial.
Ademais, será capaz de:
- HAM5-01: Utilizar sistemas operativos de predición do comportamento do lume.
Esta materia contribuirá a que se adquira a competencia da especialidade:
- CM5-01: Capacidade para deseñar estratexias de prevención e loita contra incendios forestais.
Clase expositivas e prácticas:
O ensino desta materia baséase fundamentalmente na resolución de problemas e casos prácticos polos alumnos (COM5-01, HAM5-01, CM5-01) despois de que o profesor realice unha breve exposición teórica dos contidos de cada tema (COM5-01). Para as exposicións teóricas o profesor apoiarase en presentacións realizadas mediante ordenador, e tamén no uso da pizarra clásica. Algúns dos casos prácticos requerirá da búsqueda de información en internet. Os contidos teóricos da materia, os casos prácticos propostos, e o material complementarios de interese, incluiranse na aula virtual.
A avaliación será continua, tendo en conta os rendementos do alumno nos seguintes sistemas de avaliación:
Realización de exercicios e casos prácticos (80%): competencias avaliadas COM5-01, HAM5-01, CM5-01
Probas escritas (20%): competencias avaliadas COM5-01, HAM5-01, CM5-01
Os criterios son os mesmos para ambas oportunidades, la ordinaria e a extraordinaria de recuperación. Tamén son os mesmos para os alumnos repetidores e para alumnos con dispensa. Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela", terán que realizar os exercicios propostos, entregar os traballos solicitados como parte da avaliación e facer a proba escrita, igual ca o resto do alumnado. Só será obrigada a asistencia presencial á proba escrita e á revisión das cualificacións.
Para os casos de realización fraudulenta de traballos ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Previstas 51 horas de traballo persoal do alumno. Esto implica que por cada hora de traballo presencial o alumno deberá inverter unhas dos horas de traballo persoal que incluirá o tempo dedicado á comprensión e estudio de contidos teóricos, realización e revisión de exercicios o prácticas, e preparación de probas escritas.
Para non perderse recoméndase un seguimento continuo da materia
Ana Daria Ruiz Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- anadaria.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 19 (Pav.II-PPS) |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 19 (Pav.II-PPS) |