Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten coma obxectivo principal a formación sobre as diferentes alternativas de aproveitamento dos recursos dentro dos Espazos Naturais Protexidos (ENP), facendo especial mención nas opcións respectuosas co medio e que se achegan máis ao concepto de xestión sostible, así como naquelas outras que non son compatibles cos criterios de conservación.
Os contidos da materia recollidos na memoria verificada da titulación son:
Sistemas tradicionales y no tradicionales de aprovechamiento de los recursos en los espacios protegidos. Aprovechamientos no compatibles con la conservación en espacios protegidos. Estrategias y directrices de potenciación de los usos y aprovechamientos compatibles con la conservación.
Estes contidos desenvolveranse no seguinte programa:
Programa teórico
Tema 1. A sostibilidade produtiva e conservación. Limitacións legais ao aproveitamento dos recursos nos ENP. Estratexias europea e estatal de conservación da biodiversidade.
Tema 2. Os sistemas tradicionais de aproveitamento dos recursos e a biodiversidade. Efectos dos sistemas produtivos sobre os ecosistemas. Os hábitats seminaturais.
Tema 3. Principais sistemas tradicionais de aproveitamento dos recursos no NW ibérico: descrición e estado actual.
Tema 4. Sistemas produtivos e aproveitamentos dos recursos compatibles coa conservación (I): sistemas silvopastorais, aproveitamentos forestais madeireiros, aproveitamentos forestais non madeireiros.
Tema 5. Sistemas produtivos e aproveitamentos dos recursos compatibles coa conservación (II): Recursos agrícolas, recursos cinexéticos, piscícolas e marisqueiros. Recursos vexetais de valor cultural e etnográfico.
Tema 6. Sistemas produtivos e aproveitamentos dos recursos compatibles coa conservación (III): Recursos enerxéticos, hídricos e do subsolo.
Tema 7. Estratexias de potenciación dos usos e aproveitamentos compatibles coa conservación. agricultura ecolóxica, selos de calidade, denominacións xeográficas protexidas, certificación forestal, redes de establecementos de hostalería cualificados, planos de excelencia turística, etc.
Programa práctico
Dentro do horario dedicado a clases interactivas realizarase unha viaxe de prácticas para coñecer as limitacións legais ao aproveitamento dos recursos existentes dentro dun ENP, a problemática socio-económica que isto xera e as iniciativas desenvolvidas para a potenciación de usos e aproveitamentos compatibles co mantemento dos seus valores naturais. Esta actividade realizarase de maneira conxunta coa materia “P4171203 Criterios de deseño de espazos naturais protexidos”. Os estudantes deberán de entregar dentro do prazo que se estipule un informe sobre os principais aspectos tratados durante a realización desta actividade.
Bibliografía básica
- Acceso a los recursos genéticos y participación justa y equitativa en los beneficios que se deriven de su utilización Decisión X/1 adoptada por la Conferencia de las Partes en el Convenio Sobre la Diversidad Biológica en su décima reunión (COP10), Nagoya, Japón, 18–29 octubre 2010. (Descarga: https://www.cbd.int/doc/decisions/cop-10/cop-10-dec-01-es.pdf).
- Aplicación del Convenio y el Plan Estratégico. Decisión X/5 adoptada por la Conferencia de las Partes en el Convenio Sobre la Diversidad Biológica en su décima reunión (COP10), Nagoya, Japón, 18–29 octubre 2010. (Descarga: https://www.cbd.int/doc/decisions/cop-10/cop-10-dec-05-es.pdf).
- Convenio sobre la Diversidad Biológica (1992): Organización de las Naciones Unidas. Texto en Castellano (Descarga: https://treaties.un.org/doc/Publication/UNTS/Volume%201760/v1760.pdf).
- Plan Estratégico para la Diversidad Biológica 2011-2020 y las Metas de Aichi para la Diversidad Biológica Decisión X/2 adoptada por la Conferencia de las Partes en el Convenio Sobre la Diversidad Biológica en su décima reunión (COP10), Nagoya, Japón, 18–29 octubre 2010. (Descarga: https://www.cbd.int/doc/decisions/cop-10/cop-10-dec-02-es.pdf).
- Dans del Valle, F. & Molina Martínez, B. (Coords.)(2005): O monte galego segundo criterios de xestión sostible: 255-278. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia-Asociación Forestal de Galicia
- Ferreiro da Costa, J., Ramil-Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., López Castro, H., Oreiro Rey, C., Gómez-Orellana, L. & Fernández Bouzas, J.A. 2022. Galician Atlantic Islands National Park: Challenges for the Conservation and Management of a Maritime-Terrestrial Protected Area. In: M. N. Suratman (Edr.): Protected Area Management: 23 pp. London. UK. DOI: 10.5772/intechopen.101844.
- MAGRAMA (2000): Plan Estratégico Español para la Conservación y el Uso Racional de los Humedales, en el marco de los ecosistemas acuáticos de que dependen.
- Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino (2011): Real Decreto 1274/2011, de 16 de septiembre, por el que se aprueba el Plan estratégico del patrimonio natural y de la biodiversidad 2011-2017, en aplicación de la Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad.
- Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino (2012): Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE núm. 299, de 14 de diciembre de 2007. Texto Consolidado. Última modificación: 20 de diciembre de 2012.
- Ministerio para la Transición Ecológica (2018): Códigos electrónicos. Código de Parques Nacionales. Edición actualizada a 1 de octubre de 2018. Organismo Autónomo Parques Nacionales. Descarga: https://www.boe.es/legislacion/codigos/.
- Xunta de Galicia. 2014. Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. DOG 62, 31/03/2014. (Descarga: www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20140331/AnuncioCA02-270314-0001_gl.p…).
- Xunta de Galicia. 2019. Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. DOG Núm. 149 de Mércores, 7 de agosto de 2019. Consellería da Presidencia.
Bibliografía complementaria
- Junta de Andalucía (2011): Estrategia Andaluza de Gestión Integrada de la Biodiversidad. Consejería de Medio Ambiente.
- Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Hinojo Sánchez, B.A., Rodríguez González, P.M., Ferreiro da Costa, J., Rubinos Román, M., Gómez-Orellana, L., de Nóvoa Fernández, B., Díaz Varela, R.A., Martínez Sánchez, S. & Cillero Castro, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 189 pp. Accesible en: http://www.ibader.org/archivos/docs/Monografias_Ibader2.pdf
- Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Ferreiro da Costa, J., Rubinos Román, M., Gómez-Orellana, L., de Nóvoa Fernández, B., Hinojo Sánchez, B.A., Martínez Sánchez, S., Cillero Castro, C., Díaz Varela, R.A., Rodríguez González, P.M. & Muñoz Sobrino, C. (2008): Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 627 pp. Accesible en: http://www.ibader.org/archivos/docs/Monografias_Ibader3.pdf
- Romero Franco, R. & Rodríguez Guitián, M.A. (2007): Plantas medicinales y aromáticas. Aprovechamiento en la Cordillera Cantábrica. En: Uso sostenible y conservación en la Cordillera Cantábrica ¿es posible un acuerdo?: 117-123. Serie Cantábrica. Volumen 1. Plataforma para la defensa de la Cordillera Cantábrica. Oviedo.
- Romero Franco, R. & Rodríguez Guitián, M.A. (2011): 17. Aproveitamentos tradicionais. En: M. A. Rodríguez Guitián & A. Rigueiro Rodríguez (Coords.): Os faiais de Galicia: ecoloxía e valor ambiental: 429-447.
Bibliografía complementaria en lingua inglesa
- Cartagena Protocol on Biosafety to the Convention on Biological Diversity. Montreal, 29 January 2000. Multilateral, authentic texts: Arabic, Chinese, English, French, Russian and Spanish. Registered 11/09/2003. United Nations - Treaty Series (2005). Vol. 2226. (Accesible en: https://treaties.un.org/doc/Publication/UNTS/Volume%202226/v2226.pdf).
- Jones, E.T., McLain, R.J. & Weigand, J. (2002): Nontimber Forest Products in the United States. University Press of Kansas.
- Merino, A., Real, C. & Rodríguez-Guitián, M.A. (2008): Nutrient status of managed and natural forest fragments of Fagus sylvatica in southern Europe. Forest Ecology and Management 255: 3.691-3.699.
- McCool, S. & Lime, D. 2001. Tourism carrying capacity: tempting fantasy or useful reality? Journal of Sustainable Tourism 9(5):372-388.
- Piñeiro-Chousa J, López-Cabarcos MÁ, Romero-Castro N, Vázquez-Rodríguez, P. 2021. Sustainable tourism entrepreneurship in protected areas. A real options assessment of alternative management options. Entrepreneurship and Regional Development 33(3-4):249-272.
Competencias – Resultados da aprendizaxe
Nesta materia os estudantes adquirirán ou poñerán en práctica unha serie de competencias básicas, inherentes a calquera titulación universitaria, e específicas vinculadas aos obxectivos propios da materia. Dentro do cadro de competencias que incorpora a ficha correspondente a esta materia dentro da memoria verificada da titulación, inclúense as seguintes competencias:
- COM4-05: As alternativas de aproveitamento dos recursos dentro dos espazos protexidos.
Además, será capaz de:
- HAM4-02: Diseñar planes de aprovechamiento de los recursos dentro de los espacios protegidos.
Esta asignatura contribuirá a que el estudiante adquiera la competencia de la especialidad:
- CEM4-01: Capacidad para diseñar actuaciones de planificación y conservación de espacios protegidos en su contexto social, con la perspectiva de la gestión de ecosistemas y los servicios ambientales, desarrolladas en un escenario de cambio global y sostenibilidad.
Metodoloxía da ensinanza
A metodoloxía de ensinanza susténtase en clases teóricas (maxistrais), clases interactivas (viaxe de prácticas) e a valoración do esforzo individual relacionado coa confección dun traballo obrigatorio. A totalidade das actividades docentes desenvolvidas dentro desta materia considéranse de carácter presencial.
As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de coñecementos dispoñibles sobre as limitacións de usos e aproveitamentos que establece o corpus legal vixente na UE, o Estado Español e a Comunidade Autónoma de Galicia, así como as estratexias e liñas de actuación preferente en materia de compatibilización do uso dos recursos naturais e a conservación da biodiversidade. A traveso da Plataforma do Campus Virtual da USC se proporcionará aos estudantes documentación relativa ao desenvolvemento dos contidos impartidos nas clases teóricas que poderá ser utilizada na proposta de exercicios ou estudos de caso. Estas actividades académicas están relacionadas coa avaliación das competencias COM4-05 y HAM4-02.
A parte dedicada a prácticas desenvolverase mediante unha viaxe de prácticas orientada a coñecer as limitacións existentes dentro dun ENP con relación ao aproveitamento dos seus recursos naturais así como as iniciativas desenvolvidas para a potenciación daqueles usos compatibles co mantemento dos seus valores naturais. Esta actividade académica está relacionada coa avaliación das competencias COM4-05 y HAM4-02.
As partes teóricas e prácticas complementaranse coa elaboración dun traballo individual que consistirá na detección de problemas de conservación dentro dun ENP en relación cos usos e aproveitamentos non acordes co seu estatus legal e a proposta de alternativas destinadas a eliminar/minimizar os efectos negativos causados por ditos usos sobre os recursos naturais. Ao inicio do curso proporcionaráselles aos estudantes un guión de elaboración e maquetado do traballo ao que poderán acceder desde a Plataforma do Campus Virtual da USC. Esta actividade académica está relacionada coa avaliación das competencias COM4-05, HAM4-02 y CEM4-01.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Os sistemas de avaliación terán en conta a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas, a cualificación obtida nos exercicios realizados sobre os contidos da materia e o informe da viaxe de prácticas, así como a redacción e exposición do traballo obrigatorio, dentro do cal deberán de incluírse, obrigatoriamente, referencias bibliográficas en lingua inglesa. A asistencia á viaxe de prácticas considérase obrigatoria. A aportación de cada un dos sistemas de avaliación citados á cualificación final da materia seguirá o seguinte reparto:
Sistema de avaliación Competencias avaliadas Ponderación sobre a nota final (%)
- Participación nas clases expositivas, interactivas e outras actividades complementarias
COM4-05, HAM4-02, CEM4-01 10%
- Presentación de traballos ou informes relacionados co contido da materia COM4-05, HAM4-02, CEM4-01 20%
- Otras actividades específicas que también garanticen la evaluación objetiva del rendimiento del estudiante (entrega e exposición do traballo da materia) COM4-05, HAM4-02, CEM4-01 70%.
Os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade serán avaliados mediante o mesmo sistema na segunda oportunidade. No caso de alumnos repetidores, se lles manterán as calificacións das partes que houberan aprobado dentro do curso académico anterior.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela", terán que terán que asistir ás actividades prácticas que están recollidas no horario académico e programadas na Guía Docente. Ademais, os estudantes deberán de presentarse nas datas establecidas oficialmente de primeira e segunda oportunidade para expoñer o traballo obrigatorio da materia (duración máxima: 15 min.). Nestes casos, o sistema de avaliación a aplicar será o seguinte:
Sistema de avaliación Competencias avaliadas Ponderación sobre nota final (%)
- Presentación de traballos ou informes relacionados co contido da materia COM4-05, HAM4-02, CEM4-01 30%
- Otras actividades específicas que también garanticen la evaluación objetiva del rendimiento del estudiante (entrega e exposición do traballo da materia) COM4-05, HAM4-02, CEM4-01 70%.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, e en particular para os de realización fraudulenta de exercicios ou probas, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Tempo de estudos e de traballo persoal
Establécese a seguinte asignación de horas de traballo persoal que cada estudante debe levar adiante para superar a materia:
Traballo persoal do estudante Horas
Lectura e preparación de temas 12 h
Realización de exercicios e informes 8 h
Elaboración do traballo individual 28 h
TOTAL 48 h
Recomendase asistir con regularidade ás actividades académicas programadas para esta materia; do mesmo xeito, recoméndase que, unha vez se inicie o período lectivo establecido para o desenvolvemento da materia, os estudantes realicen o antes posible a escolla da área na que teñen previsto realizar o traballo.
Recoméndase aos estudantes o acceso e utilización da información relacionada cos contidos desta materia que se atopa aloxada na páxina web institucional do IBADER (ibader.gal). Do mesmo xeito, os estudantes deberán consultar regularmente o espazo correspondente a esta materia que se atopa aloxado na Plataforma Virtual da USC, ao fin de consultar os materias e recursos docentes e complementarios que se irán aloxando periodicamente.
Calquera dúbida poderá ser resolta de xeito presencial dentro do horario oficial de titorías do profesor encargado da docencia desta materia ou mediante consulta enviada ao correo electrónico: manuelantonio.rodriguez [at] usc.es (manuelantonio[dot]rodriguez[at]usc[dot]es). Tamén se contempla, se existen causas xustificadas, a realización de titorías virtuais mediante o software Teams ou similar, previa concertación de día e hora co profesor responsable da materia.
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |