Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 2.6
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Bioloxía Funcional, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Historia, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Economía Aplicada
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Ecoloxía, Fisioloxía Vexetal, Xenética, Zooloxía, Historia Contemporánea, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, Produción Vexetal, Proxectos de Enxeñaría, Economía Aplicada, Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Realización de prácticas externas en empresas e institucións co obxectivo de coñecer a realidade das saídas laborais da titulación e adquirir unha primeira experiencia profesional nun centro de traballo.
Resultados esperados da aprendizaxe:
Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. Saber comunicar as conclusións, e os coñecementos e razóns que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. Coñecer e aplicar a lexislación, regulamentos e normativas legais vixentes que se apliquen en virtude dos contidos dos estudos de Mestrado. Ter capacidade para facer crítica dos acertos, erros e resultados propios e alleos, así como para responsabilizarse na adquisición e transmisión de coñecementos. Capacidade para expresarse correctamente na terminoloxía propia da Enxeñaría de Montes.
A diversidade e o elevado número de convenios existentes provoca que sexa difícil sintetizar os contidos das prácticas que realizará cada estudante. Os contidos en cada práctica poderán ser tan diversos como os contidos do propio mestrado.
Na normativa de prácticas externas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC establécense os criterios para a súa solicitude así como todos os aspectos que regulan a súa concesión, desenvolvemento e avaliación. O estudantado deberá presentar na secretaría do centro unha proposta seguindo un formulario normalizado. Tanto a normativa como o formulario están dispoñibles en: https://www.usc.gal/gl/centro/escola-politecnica-superior-enxenaria/pra…
Dadas as particularidades desta materia, resulta imposible especificar unha bibliografía xeral válida para todos os tipos de prácticas que se van realizar. En xeral, non se considera necesario especificar o apartado de bibliografía no modelo de solicitude de prácticas externas. Se fose preciso, a bibliografía do prácticum podería indicarse no dito modelo de solicitude.
Quen supere esta materia, coñecerá:
COM7-01: As actividades concretas que realiza a entidade.
COM7-02: Como está organizada a entidade e cal é o papel dos distintos titulados nela, especialmente os titulados de nivel mestrado.
COM7-03: Os modos de traballo e estándares internos de calidade da entidade.
COM7-04: A relación entre a entidade e os seus clientes.
Ademais, será capaz de:
HAM7-01: Analizar e describir a actividade e organización da entidade na que realizou as prácticas externas.
HAM7-02: Especificar as actividades concretas nas que participou durante as prácticas externas.
HAM7-03: Analizar criticamente as fortalezas e debilidades da súa formación previa en relación coas responsabilidades asumidas durante as prácticas externas.
HAM7-04: Describir como mellorou a súa formación durante o desenvolvemento das prácticas externas.
Esta materia contribuirá á adquisición da seguinte competencia do módulo:
CEM7-01: Capacidade para realizar prácticas externas no ámbito profesional da Enxeñaría de Montes e elaborar unha memoria das actividades realizadas durante a estancia externa, adquirindo coñecementos sobre a realidade das saídas laborais da titulación e tendo unha primeira experiencia profesional nun centro de traballo.
CEM6-01: Capacidade para desenvolver modelos de crecemento e produción de sistemas forestais e implementalos en simuladores informáticos para realizar predicións.
A metodoloxía docente a empregar será o traballo persoal do alumnado realizado durante a estancia externa e a elaboración da memoria das actividades desenvolvidas durante a mesma. Con este traballo persoal adquiriranse todas as competencias e habilidades que correspondan ao traballo realizado, e que figurarán no informe final do alumnado.
A cualificación das prácticas externas obterase a partir da nota outorgada pola persoa titora da entidade colaboradora e pola persoa titora académica. Na cualificación final, a nota da titoría da entidade colaboradora contará o 70% e a nota da titoría académica o 30%.
Traballo persoal do alumnado por horas:
Estancia externa: 144 horas
Elaboración da memoria de actividades da práctica externa: 6 horas
Total traballo persoal do alumnado: 150 horas
A Comisión de Título é a responsable de velar polo correcto desenvolvemento de todos os aspectos relacionados con esta materia. Recoméndase ao estudantado seguir atentamente a información que a Comisión de Título publique.