Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 14 Total: 42
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia, Economía Aplicada
Áreas: Historia Contemporánea, Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ofrecer ao estudantado o coñecemento adecuado dos problemas básicos que afectan ao deseño das medidas de política forestal a escala autonómica, estatal e internacional.
Posibilitar a adquisición de coñecementos básicos sobre a historia da política forestal no Estado Español e na Galiza
Posibilitar a adquisición de coñecementos de socioloxía forestal e do medio natural.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Problemas socio-ambientais. Capital social. Métodos de participación. Resolución de conflitos. Política forestal en perspectiva histórica. Directrices e instrumentos das políticas forestais estatal e autonómica. As organizacións no sector forestal.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Parte I. Políticas Forestais (2,5 ECTS)
Tema 1. A política forestal en perspectiva histórica (4 horas presenciais)
Tema 2. Principios, obxectivos e Instrumentos de política forestal (6,5 horas presenciais)
Tema 3. Políticas públicas aplicadas ao sector forestal: As políticas forestais no contexto Europeo, España e Galicia. As políticas forestais noutros contextos. (7 horas presenciais)
Parte II. Socioloxía Forestal (2,5 ECTS)
Tema 4 Socioloxía Ambiental. Problemas socioambientais (7 horas presenciais)
Tema 5 O Capital Social. Os procesos de participación (5 horas presenciais)
Tema 6 A conflitividade ao redor do monte. Resolución de conflitos (5,5 horas presenciais)
Programa Práctico*:
P1:Política forestal en perspectiva histórica. Traballo a entregar.
P2: Análise da Lei de Montes de Galicia
P3: Análise da Política Forestal Española
P4: Deseño dunha proposta de Estratexia Forestal
P5: Mundo Rural a Debate. Participación nas sesións de debate/visitas
*horas docentes contabilizadas no tema correspondente
Parte I. Básica
Balboa, X., 1990, O monte en Galicia, Vigo, Xerais
García Dory, M. A. et al, 1985, “Política forestal en España, 1940-1985”, Quercus (monográfico)
COMISIÓN EUROPEA(2021). Nueva Estrategia de la UE en favor de los Bosques para 2030. Bruselas 16.7.21, COM(2021) 572 final
FAO (2010): Elaboración de una política forestal eficaz : una guía. Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación, Roma. ix, 81 p.: il.; 25 cm
Groome, H. (1989). La evolución de la política forestal en el estado español desde el siglo XIX hasta la actualidad. Universidad Autónoma de Madrid.
MITECO(2022). Estrategia forestal española. Horizonte 2050. Madrid.175 pp.
MITECO (2022). Plan Forestal Español 2022-2032. Madrid. 104pp.
MITECO (2022). Directrices básicas comunes de gestión forestal sostenible. Madrid 42pp.
XUNTA DE GALICIA (2021). Primera revisión del Plan forestal de Galicia 2021-2040. Santiago de Compostela. 100pp.
Parte I. Complementaria
COMISIÓN DE LAS COMUNIDADES EUROPEAS (2010). LIBRO VERDE sobre protección de los bosques e información forestal en la UE: Preparación de los bosques al cambio climático. Bruselas.
Parte II. Básica
Aledo Tur, A. e Domínguez Gómez, J.(2001): Sociología ambiental. Grupo Editorial Universitario, Granada.
Bell, M. M., & Ashwood, L. L. (2015). An invitation to environmental sociology. Sage Publications.
Hannigan, J. (2014). Environmental sociology. Routledge.
Lemkow, L, (2002): Sociología ambiental: pensamiento socioambiental y ecología social del riesgo. Icaria, Barcelona.
Lorenzo Cadarso, P. (2001): Fundamentos teóricos del conflicto social. Siglo XXI Editores, Madrid
Martínez Alier, J. (2011): El Ecologismo de los pobres: conflictos ambientales y lenguajes de valoración. Ed Icaria, Barcelona
Toledo, V. e Barrera-Bassols, N. (2008): La memoria biocultural. La importancia ecológica de las sabidurías tradicionales. Perspectivas agroecológicas. Ed. Icaria. Barcelona.
Quen supere esta materia, coñecerá:
- COM3-13. Os principios, obcetivos e instrumentos das políticas forestais.
- COM3-14. As políticas forestais en Europa, España e Galiza.
- COM3-15. Os principais desafíos socio-ambientais e as características dos conflitos xerados polas políticas forestais.
- COM3-16. O papel do capital social e as formas de participación no sector forestal.
Ademáis, será quen de:
- HAM3-09. Deseñar propostas de políticas e estratexias no sector forestal.
- HAM3-10. Analizar conflitos no sector forestal e propoñer solucións.
Esta materia contribuirá a que o estudantado adquira as competencias do módulo:
A) Específicas:
- CEM3-06. Coñecemento dos problemas básicos que afectan ao deseño das medidas de política forestal a escala autonómica, estatal e internacional.
- CEM3-08. Coñecemento de socioloxía no ámbito forestal e do medio natural.
B) General:
- CG07. Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais.
Docencia presencial (compentencias traballadas: COM3-13, COM3-14, COM3-15, COM3-16, HAM3-09, HAM3-10, CEM3-06, CEM3-08, CG07):
A docencia organízase en clases maxistrais, seminarios e conferencias. Usarase material gráfico de apoio que estará dispoñible na Aula Virtual da materia. Este material ten como obxectivo facilitar ao alumnado a comprensión do exposto, EN NINGÚN CASO DEBE DE SER CONSIDERADO COMO O MATERIAL A PARTIR DO CAL SE PREPARARÁ A MATERIA PARA O EXAME FINAL.
A área de Economía Política e Socioloxía Agraria xunto co departamento de Historia Contemporánea organizará diversas xornadas de debate/visitas, nas que se reflexionará sobre os problemas e a situación actual do medio rural galego no que se enmarca o sector forestal. Estas xornadas constitúen unha práctica obrigatoria, polo que os contidos nelas tratados serán avaliados mediante o exame. Agárdase do alumnado que participe activamente nestas sesións de discusión activa.
Todas as actividades propostas son obrigatorias polo que a non entrega dalgún traballo, nas condicións especificadas (presentación oral de ser o caso) suporá un suspenso na materia.
Titorías individuais e colectivas (COMPETENCIAS TRABALLADAS: COM3-13, COM3-14, COM3-15, COM3-16, HAM3-09, HAM3-10, CEM3-06, CEM3-08, CG07)
Prográmanse sesións de titoría colectiva para a resolución de dúbidas dos traballos en grupo. As titorías individualizadas serán a demanda do alumnado.
Proba ou probas parciais ou finais, orais e/ou escritas (60%): competencias avaliadas COM3-13, COM3-14, COM3-15, COM3-16, CEM3-06, CEM3-08, CG07)
Presentación de traballos ou informes relacionados co contido da materia (40%): competencias avaliadas COM3-13, COM3-14, COM3-15, COM3-16, HAM3-09, HAM3-10, CEM3-06, CEM3-08, CG07).
Para superar a materia será obrigatorio entregar a totalidade dos traballos propostos.
O alumnado en segunda oportunidade e repetidor será avaliado cos mesmos criterios.
A realización de prácticas fraudulentas pode conlevar o suspenso na primeira e na segunda oportunidade. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicaçom o recolhido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa segundo o disposto no Regulamento de asistencia a aulas será avaliado da seguinte forma:
-Exame final en convocatoria oficial 80%
-Presentación de traballos 20%
Está previsto que o traballo se desenvolva do seguinte xeito:
40 horas de traballo presencial na aula, incluídas titorías en grupo.
85 horas de traballo autónomo fóra da aula incluíndo actividades de avaliación.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Para os casos de realización fraudulenta de tarefas ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de calificacións: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade-proteccion-datos
Ana Isabel García Arias
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Do Mar Pérez Fra
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Correo electrónico
- mariadomar.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Cabana Iglesia
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- ana.cabana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 20 (Pav.II-PPS) |