Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia céntranse sobre as alteracións que sofren os solos tras un incendio, as actuacións para evitar arrastres contaminantes cara a masas de auga, a estrutura e dinámica das comunidades vexetais tras incendio, as estratexias rexenerativas de especies forestais en relación co lume e a restauración de áreas incendiadas en relación coa rexeneración natural e o réxime de protección.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Actuacións paliativas e correctoras de urxencia, e a medio e longo prazo. As comunidades vexetais afectadas por incendios forestais: estrutura e dinámica tras incendio, rexeneración. Estratexias rexenerativas en relación co lume. Criterios de restauración de zonas incendiadas.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Programa teórico (Clases expositivas):
- Efectos dos incendios sobre os solos. Actuacións paliativas e correctoras de urxencia a acometer nos solos afectados por incendios. Actuacións correctoras con efectos a medio e longo prazo. 3 horas.
- As comunidades vexetais afectadas por incendios forestais en España e en Galicia. Estrutura e dinámica de comunidades vexetais tras incendio. A rexeneración a curto e medio prazo da súa composición, estrutura e función. 2 horas.
- Estratexias rexenerativas das especies forestais en relación co lume. Especies rebrotadoras e xerminadoras. Tipos de especies rebrotadoras. Os bancos de sementes . As estratexias rexenerativas das especies forestais atlánticas. 1 hora.
-Criterios de restauración de zonas incendiadas. Planificación da restauración en relación coas características do lume, a capacidade de rexeneración natural e o réxime de protección da área incendiada. Sementeiras de emerxencia de herbáceas e/ou arbustivas. Medidas para a recuperación forestal e da biodiversidade . Avaliación e seguimento da restauración. 3 horas.
Programa práctico (Clases interactivas):
1. Prácticas
Práctica 1: Rexeneración e restauración tras incendio forestal. Práctica de campo. Viaxe de prácticas. 6 horas.
Práctica 2: Caracterización e avaliación do banco de sementes na rexeneración tras incendio forestal. 2 horas.
Práctica 3: Uso de software específico de simulación relativa a efectos dos lumes nos solos e medidas paliativas. 4 horas.
Bibliografía básica
Utilizaranse publicacións recentes de revistas científicas especializadas, ademais de software específico, e ademais manuais máis xenéricos e clásicos:
Morgan R.P.C. (1997). Erosión y conservación del suelo. MundiPrensa, Madrid.
Hudson N. (1982). Conservación del suelo. Reverte, Barcelona.
Vallejo R. 1996: La restauración de la cubierta vegetal en la Comunidad Valenciana, Fundación Centro de Estudios Ambientales del Mediterráneo (CEAM).
Vega, J.A., Fontúrbel, T., Fernández, D., Arellano, A., Díaz-Raviña, M., Carballas, M.T., Martín, A., González-Prieto, S., Merino, A., Benito, E. 2013. Acciones urgentes contra la erosión en áreas forestales quemadas. Guía para su planificación en Galicia. Tórculo. Santiago de Compostela.
WWF/Adena (2008): Criterios de restauración de zonas incendiadas. WWF/Adena, Madrid.
Bibliografía complementaria
Brower, J. E., Zar, J. H., Von Ende, C. N. 1997. Field and Laboratory Methods for General Ecology, 4ª ed. McGraw-Hill.
Cubo, J.E., Enríquez , E., Gallar, J., Jemes, V., López, M., Mateo, M.L., Muñoz, A., Parra, P.J. 2013. Los incendios forestales en España. Decenio 2001-2010. Ministerio Agricultura Alimentación y Medio Ambiente. Madrid.
Elvira L.M. y Hernando C. (1989): Inflamabilidad y energía de las especies de sotobosque, INIA, Madrid.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contextos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais
CG2 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e planos de actuación integrais no medio natural.
CG7- Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais. (Esta competencia se traballa, non se avalía)
Competencias transversais
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
Competencias específicas:
CE38 - Adquirir unha formación completa sobre os procesos de rexeneración da vexetación esperables tras incendios de distintas características, así como das actuacións necesarias de restauración a acometer, tanto a curto como a medio prazo, se a recuperación natural non é suficientemente rápida.
CE54 - Capacidade para a realización de inventario de rexeneración e para planificar unha restauración tras incendio forestal.
Escenario 1: Normalidade adaptada
As clases impartiranse de maneira presencial e nelas explicaranse os contidos establecidos no programa da materia con axuda da plataforma e os medios audiovisuais que se consideren oportunos. Tomaranse as medidas hixienico-sanitarias recomendadas (hidroxel e obrigatoriedade de máscara). Estas medidas también se tomarán nas prácticas de campo, laboratorio e na aula de informática.
A metodoloxía de ensinanza consiste en 9 horas de clases expositivas (realizadas mediante presentacións e materiais audiovisuais) e 12 horas de clases interactivas (viaxe de prácticas e prácticas de laboratorio e aula de informática), que constitúen a docencia presencial, obrigatoria para os alumnos; así como a revisión das obras recomendadas, e o esforzo individual para a realización dos informes de prácticas e dun traballo de curso, que constitúen a docencia non presencial.
Nas clases expositivas se presenta unha síntese actualizada da dinámica de recuperación tralo lume e das estratexias rexenerativas das plantas, así como dos criterios e da planificación da restauración de zonas incendiadas.
Nas clases interactivas de prácticas realizaranse dúas prácticas de laboratorio e aula de informática e unha viaxe de prácticas a unha zona queimada recentemente, orientada a avaliar a dinámica da vexetación e as estratexias rexenerativas tralo lume. A asistencia é obrigatoria, e o alumno elaborará un informe de cada unha delas axustado ao protocolo proposto polo profesor.
As clases teóricas e prácticas complementaranse coa elaboración dun traballo individual sobre a rexeneración e restauración tralo lume. Cada alumno presentará o tema por escrito e mediante presentación oral na aula.
Os contidos desenvolvidos durante as clases expositivas e interactivas complementaranse con materiais que quedarán a disposición dos alumnos no espazo reservado para esta materia dentro da Aula Virtual.
Realizarase un seguimento da asistencia e participación na docencia presencial.
Escenario 1: Normalidade adaptada.
Para superar a materia, é preciso superar as tres partes, teoría, prácticas e traballo. O sistema de avaliación, as competencias avaliadas e no peso na cualificación é o seguinte:
Sistema de avaliación Competencias avaliadas Peso na cualificación (%)
Proba/s escrita ou oral CB7, CB8, CB9, CB10, CE38 50%
Traballos entregados e/ou expostos CB8, CB9, CG2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE38, CE54 15%
Informes entregados e/ou expostos
e aproveitamento das prácticas CB8, CB9, CT6, CT9, CT10, CE38, CE54 25%
Asistencia e participación do alum-
nado nas actividades presenciais CT1, CT2, CE38 10%
Proba/s escrita ou oral. Competencias avaliadas: CB7, CB8, CB9, CB10, CE38,. Peso na cualificación: 50%.
Traballos entregados e/ou expostos Competencias avaliadas: CB8, CB9, CG2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE38, CE 54. Peso na cualificación: 15%.
Informes entregados e/ou expostos e aproveitamento das prácticas. Competencias avaliadas: CB8, CB9, CT6, CT9, CT10, CE38, CE 54. Peso na cualificación: 25%.
Asistencia e participación do alumnado nas actividades presenciais. Competencias avaliadas: CT1, CT2, CE38. Peso na cualificación: 10%.
A competencia CG7 trabállase, aínda que non se avalía individualmente.
No caso dos alumnos con dispensa de asistencia concedida, para aprobar esta materia é obligatoria la asistencia ás actividades interactivas programadas no horario de clases e dacordo coa guía docente. Os alumnos deberán de presentarse nas datas establecidas oficialmente de primeira e/ou segunda oportunidade para realizar a proba escrita sobre os contidos de teoría da materia.
Proba/escrita ou oral. Competencias avaliadas: CB7, CB8, CB9, CB10, CE38. Peso na cualificación: 60%.
Traballos entregados ou expostos. Competencias avaliadas: CB8, CB9, CG2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE38, CE54. Peso na cualificación: 15%.
Informes entregados ou expostos e aproveitamento das prácticas. Competencias avaliadas: CB8, CB9, CT6, CT9, CT10, CE38, CE54. Peso na cualificación: 25%.
A competencia CG7 trabállase, aínda que non se avalía individualmente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou exames, será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas presenciais:
Clases expositivas: 9 horas.
Clases interactivas: 12 horas
Actividades de avaliación: 3 horas
Outras actividades (traballo en grupo,...): 3 horas
Total horas presenciais: 27 horas
Traballo persoal do alumno:
Lectura e preparación de temas: 18 horas
Realización de exercicios: 4 horas
Preparación previa e elaboración do informe de prácticas : 8 horas
Elaboración do traballo: 12 horas
Preparación de probas de avaliación: 6 horas
Total horas non presenciais: 48 horas
Total horas de Traballo do alumno = 75 horas
Seguimento das indicacións dos profesores, tanto as difundidas nas sesións presenciais coma as correspondentes ás sesións ou aula virtual.
Recoméndase que os alumnos fagan un seguimento da materia no Campus Virtual, para poder acceder a materias das clases expositivas e interactivas, así como á documentación complementaria, notificacións e cualificacións.
Tamén se recomenda o estudo diario, para poder integrar axeitadamente os contidos da materia.
Plan de continxencia
De conformidade co Acordo do Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020 polo que se regulan as bases para o desenvolvemento da docencia durante o curso académico 2020-2021, e a fin de minimizar o impacto dun posible rebrote do COVID-19, incorpóranse plans de continxencia que contemplan un escenario 2 (distanciamento) e un escenario 3 (peche de instalacións).
Escenario 2. Distanciamento.
Docencia:
Neste escenario as clases expositivas e seminarios serán telemáticas, preferentemente síncrona, aínda que se contempla a posibilidade de incluír retransmisións asíncronas.
A docencia práctica distribuirase do seguinte modo: o 50% das prácticas desenvolveranse no campo/aula de informática (cos grupos reducidos á metade do alumnado) e o outro 50% completarase con actividades telemáticas cuxa temática estará relacionada coas mesmas prácticas.
As titorías realizaranse por vía telemáticas síncrona (videoconferencia), ou a través do correo, foros ou o chat da plataforma dixital.
Sistema de avaliación
O exame final será presencial se as normativas sanitarias o permiten.
Se non é posible un exame presencial, este será telemático. Consistirá en probas subidas á plataforma dixital da materia con cuestións tipo test e/ou preguntas ensaio con temática teórica.
Se o exame é telemático, o peso das contribucións á nota final intercámbianse: examen final 40%, e avaliación continua 60%.
Proba/s escrita ou oral. Competencias avaliadas: CB7, CB8, CB9, CB10, CE38,. Peso na cualificación: 40%.
Traballos entregados e/ou expostos Competencias avaliadas: CB8, CB9, CG2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE38, CE 54. Peso na cualificación: 35%.
Informes entregados e/ou expostos e aproveitamento das prácticas. Competencias avaliadas: CB8, CB9, CT6, CT9, CT10, CE38, CE 54. Peso na cualificación: 25%.
Asistencia e participación do alumnado nas actividades presenciais. Competencias avaliadas: CT1, CT2, CE38. Peso na cualificación: Non se avalía.
A competencia CG7 trabállase, aínda que non se avalía individualmente.
Escenario 3. Peche das instalacións.
Docencia:
Neste escenario as clases expositivas e seminarios serán telemáticas, preferentemente síncrona, aínda que se contempla a posibilidade de incluír retransmisións asíncronas.
As prácticas substituiranse por actividades virtuais que poden incluír retransmisións asíncronas asociadas á realización de cuestionarios na plataforma da materia, ou outras actividades que manteñan un carácter formativo práctico.
As titorías realizaranse por vía telemáticas síncrona (videoconferencia), ou a través do correo, foros ou o chat da plataforma dixital.
Sistema de avaliación
No escenario 3 o exame final será telemático. Neste escenario o peso do exame final suporá o 40% da nota, e avaliación continua 60%.
Proba/s escrita ou oral. Competencias avaliadas: CB7, CB8, CB9, CB10, CE38,. Peso na cualificación: 40%.
Traballos entregados e/ou expostos Competencias avaliadas: CB8, CB9, CG2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE38, CE 54. Peso na cualificación: 35%.
Informes entregados e/ou expostos e aproveitamento das prácticas. Competencias avaliadas: CB8, CB9, CT6, CT9, CT10, CE38, CE 54. Peso na cualificación: 25%.
Asistencia e participación do alumnado nas actividades presenciais. Competencias avaliadas: CT1, CT2, CE38. Peso na cualificación: Non se avalía.
A competencia CG7 trabállase, aínda que non se avalía individualmente.
Avelino Nuñez Delgado
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- avelino.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Del Pilar González Hernández
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- pilar.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elvira Antonia Diaz Vizcaino
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- elvira.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | Aula 19 (Pav.II-PPS) |
12.01.2021 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |
14.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |