Créditos ECTS Créditos ECTS: 18
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 18.5 Clase Interactiva: 6.5 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal do Traballo Fin de Máster (TFM) é a realización dun traballo no ámbito da Enxeñaría Química e Bioprocesos de natureza profesional ou investigadora no que se sinteticen e integren as diferentes competencias adquiridas nas distintas materias que integran o Máster, contribuíndo así mesmo a complementar a súa formación.
O TFM consistirá nun exercicio orixinal realizado individualmente, consistente nun proxecto integral de Enxeñaría Química de natureza profesional no que se sinteticen as competencias adquiridas no Máster. O proxecto pode consistir nun traballo de investigación, de deseño ou estudos de desenvolvemento científico ou técnico, sempre relacionados coas distintas materias do Máster.
O proxecto poderá realizarse a través dunha estadía nunha empresa, organismo público, universidade (incluíndo grupos de investigación da USC), centro de investigación ou centro tecnolóxico que teña asinado un convenio de colaboración coa USC no contexto do Máster.
A bibliografía será a axeitada á tipoloxía e temática do traballo a desenvolver.
Coñecemento
(CN01) Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinal no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(CN02) Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo en un ou máis campos de estudo en Enxeñería Química.
Competencia
(CP01) Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia, e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables economicamente a problemas técnicos.
(CP02) Conceptualizar modelos de enxeñería, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas adecuadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
(CP03) Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización de outros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da Enxeñería Química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñería das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
(CP04) Deseñar, construír e implementar métodos, procesos e instalacións para a xestión integral de subministros e residuos, sólidos, líquidos e gasosos, nas industrias, con capacidade de avaliación dos seus impactos e dos seus riscos.
Habilidade
(HD03) Comunicar conclusións, xunto con coñecementos e razóns que as sustenten, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
(HD04) Buscar, procesar, analizar e sintetizar, de forma crítica, información procedente de diversas fontes para o establecemento das correspodentes conclusións.
(HD07) Participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas e tecnolóxicas, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia de coñecemento.
(HD09) Abordar os problemas desde unha perspectiva científica, recoñecendo a importancia da busca e xestión da información existente.
(HD11) Dominar a xestión do tempo e das situacións críticas.
(HD12) Desempeñarse con iniciativa e espírito emprendedor.
Nomearase un(ha) profesor(a) titor(a) do Máster e, de ser o caso, tamén un(ha) titor(a) externa/o pertencente á empresa/entidade na que se desenvolva o TFM.
Non se considera razoable establecer unha metodoloxía xeral válida para todos os TFM, polo que se definirá de forma específica polas persoas que exerzan a titorización para cada TFM a realizar, dependendo das súas características pero garantindo a adquisición de todos os resultados de aprendizaxe da da materia: CN01, CN02, CP01, CP02, CP03, CP04, HD03, HD04, HD07, HD09, HD11, HD12.
A/O titor(a) programará sesións de traballo co(a) estudante, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor á/ó estudante as características do traballo, de orientala/o no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados.
A(s)/O(s) titor(a/as/es) emitirá(n) un informe preceptivo e confidencial sobre o seguimento do TFM antes da defensa do traballo. A/O estudante elaborará unha memoria do seu traballo, que exporá nunha sesión pública, diante do tribunal de avaliación designado, que estará formado por PDI do Máster. Nesta sesión, a/o estudante defenderá o TFM fronte ó tribunal e responderá a aquelas cuestións que lle sexan formuladas.
Os criterios de avaliación serán os seguintes:
* Traballo realizado pola/o estudante, incluíndo a calidade da memoria presentada (50 %) (CN01, CN02, CP01, CP02, CP03, CP04, HD03, HD04, HD07, HD09, HD11, HD12)
* Informe preceptivo da(s)/do(s) titor(a/as/es) (25 %) (HD03, HD04, HD07, HD11, HD12)
* Presentación e defensa do TFM ante o tribunal de avaliación (25 %) (HD03, HD04, HD09, HD11)
A avaliación de cada un dos criterios farase consonte a rúbrica elaborada para este efecto.
A materia ten unha carga de traballo de 18 ECTS, que equivale a 450 h de traballo total, distribuídas da seguinte forma:
Actividade formativa – Horas – Presencialidade (%)
Estadía de desenvolvemento do TFM – 440 – 100
Titorización individualizada – 3 – 100
Exame e revisión – 1 – 100
Traballo persoal da/o estudante – 6 – 0
Os TFM entregados só poderán ser defendidos e avaliados unha vez se teña constancia de que a/o estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de máster, salvo os correspondentes ó propio TFM.