Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A transformación de residuos/biomasa en produtos de alto valor engadido (é dicir, a súa valorización) está xurdindo como unha forte tendencia como consecuencia do esgotamento dos recursos naturais, o aumento das emisións que provocan o efecto invernadoiro e a sensibilización acerca da necesidade dun desenvolvemento sostible en termos dunha reutilización segura dos residuos e a biomasa. Nesta materia preténdese presentar unha panorámica completa das posibles alternativas a seguir para conseguilo de maneira que se adquira ademais a capacidade de formular, para un material dado, o/os camiño/s óptimos para a súa valorización.
Os obxectivos que se perseguen inclúen:
- Comprender as traxectorias a seguir no desenvolvemento de produtos e procesos.
- Comprender as propiedades e composición da biomasa, os procesos de fabricación e a ciencia e enxeñaría dos materiais derivados dos recursos renovables.
- Adquirir a capacidade para deseñar e xestionar tecnoloxías eficaces, economicamente rendibles e ambientalmente aceptables para producir combustibles, produtos químicos, materiais e enerxía a partir de materiais renovables.
Os contidos que se desenvolven na materia son os indicados no descriptor da materia na Memoria do Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos:
. O reto dun desenvolvemento sostible.
. Os recursos renovables: natureza e dispoñibilidade.
. Un concepto integrado: A biorrefinería.
. A biomasa como fonte renovable de enerxía.
. Bioadhesivos para a industria da madeira.
. Desenvolvemento e aplicación de bioadsorbentes.
. Obtención de antioxidantes naturais.
O programa da materia estruturouse en sete Temas cuxos contidos son os que se detallan a continuación:
TEMA 1. TECNOLOXÍAS BASEADAS EN RECURSOS RENOVABLES. AS BIOREFINERÍAS.
O reto dun desenvolvemento sostible. Indicadores de sostibilidade para produtos e procesos. Os recursos renovables. Natureza e dispoñibilidade. A biomasa e a súa clasificación. Un concepto integrado. A biorefinería. Tipos de biorefinerías.
TEMA 2. OBTENCIÓN DE PRODUTOS QUÍMICOS A PARTIR DE MATERIAIS LIGNOCELULÓSICOS.
Materias primas lignocelulósicas. Orixe e composición. Métodos de conversión de materiais lignocelulósicos. Pretratamentos. Illamento da lignina e áreas de aplicación. Illamento de hemicelulosas e áreas de aplicación. Illamento da celulosa e áreas de aplicación.
TEMA 3. BIOADHESIVOS PARA A INDUSTRIA DA MADEIRA.
Situación actual da industria dos adhesivos para taboleiros de madeira. Bioadhesivos: perspectiva histórica e necesidades da industria da madeira. Adhesivos baseados en taninos. Os taninos. Clasificación. Formulacións de adhesivos baseados en taninos.Adhesivos baseados en lignina. Pretratamentos. Formulacións de adhesivos con lignina.
TEMA 4. FABRICACIÓN DE TABOLEIROS DE MADEIRA.
Clasificación dos taboleiros de madeira. Características. Fabricación de taboleiros contrachapado. Fabricación de taboleiros de partículas. Fabricación de taboleiros de fibra de densidade media.
TEMA 5. O APROVEITAMENTO ENERXÉTICO DA BIOMASA.
Situación actual do sector da enerxía. As enerxías renovables: a biomasa como fonte renovable de enerxía. Procesos de aproveitamento enerxético da biomasa. Clasificación: procesos físicos, microbiolóxicos, termoquímicos e químicos. Produción de briquetas e pellets. Produción de biodiésel e bioetanol. Gasificación. Pirólise. Combustión. Obtención de electricidade a partir da biomasa.
TEMA 6. DESENVOLVEMENTO E APLICACIÓN DE BIOADSORBENTES PARA A ELIMINACIÓN DE CONTAMINANTES DE AUGAS RESIDUAIS.
Estado actual e perspectivas futuras dos adsorbentes. Tipos de materiais absorbentes. Os bioadsorbentes. Tratamentos para a súa modificación química. A biomasa como precursora de carbóns activados. Emprego de bioadsorbentes para a eliminación de contaminantes de aguas.Caracterización do bioadsorbente. Adsorción en discontinuo e en continuo. Modelización do
proceso de adsorción. Rexeneración do bioadsorbente.
TEMA 7. OBTENCIÓN DE ANTIOXIDANTES NATURAIS A PARTIR DA BIOMASA.
Os antioxidantes. Clasificación dos antioxidantes. Fontes de antioxidantes naturais. Flavonoides e compostos relacionados. Procesos de extracción. Técnicas de caracterización.
Bibliografía básica
CLARK, J.H. &DESBARTE, F. (eds.), Introduction to Chemicals from Biomass. Chichester: Wiley, 2008. ISBN: 9780470058053 (Sig. IFE 164, IFE 166, 243 6, 243 6A, 243 6B)
KAMM, B., GRUBER, P.R. & KAMM, M. (eds.), Biorefineries-industrial processes and products: status quo and future directions. Weinheim: Wiley-VCH, 2010. ISBN: 9783527310272 (Sig. A132 10) (solicitado acceso “on line”)
Artigos publicados en diversas revistas disponibles a través de EZproxy.
Bibliografía complementaria
Libros
BERGERON, C., CARRIER, D.J. e RAMASWAMY, S. (eds.), Biorefinery co-products : phytochemicals, primary metabolites abd value-added biomass processing. Chichester, West Sussex, Hoboken: John Wiley & Sons, 2012. ISBN: 9780470973578
PIZZI, A. (ed.), Wood adhesives: Chemistry and Technology. Vol 1. New York: Marcel Dekker, 1983. ISBN: 9780824715793
PIZZI, A. (ed.), Wood adhesives: Chemistry and Technology. Vol 2. New York: Marcel Dekker, 1989. ISBN: 9780824780524
PIZZI, A. y MITTAL, K.L. (eds.), Handbook of adhesive technology. New York: Marcel Dekker, 2003. ISBN 9781498736442
POKORNY, J., YANISHLEVA, N. e GORDON, M. (eds.), Antioxidants in food. Practical applications, Boca Ratón: CRC, 2001. ISBN: 9781855734630
ROWELL, R.M. (ed.), Handbook of wood chemistry and wood composites. Boca Raton, Florida: CRC Press, 2005. ISBN: 0849315883
SOETAERT, W. e VANDAMME, E. (eds.), Biofuels. Hoboken (New Jersey): Wiley, 2008. ISBN: 9780470026748
VOLESKY, B. Sorption and biosorption. Montreal-St.Lambert: BV Sorbex, 2003. ISBN: 9780973298307
YANG, R. T. Adsorbents: fundamentals and applications. New Jersey: Wiley-Interscience, 2003. ISBN: 9780471297413
Revistas
Bioresource Technology, Industrial Crops and Products, Biomass and Bioenergy, Journal of Agriculture and Food Chemistry, Food Chemistry, Journal of Food Engineering, Wood Science and Technology, Journal of Hazardous Materials, Water Research, Chemical Engineering Journal, Biotechnolgy Advances, Progress in Energy and Combustion Science, Journal of Chemical Technology and Biotechnology, etc.
Competencias xerais e básicas: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG7 e CG10.
Competencias específicas: CE4, CE5 e CE6.
Competencias transversais: CT1 e CT6.
Independentemente do escenario no que nos atopemos durante a impartición da materia usarase a Aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle cos seguintes obxectivos:
• Proporcionar información sobre a materia (programación docente, horarios, exames, anuncios varios, etc.)
• Proporcionar os materiais necesarios para as clases (presentacións dos temas, vídeos, artigos científicos necesarios para a realización das tarefas expostas, etc.).
• Servir de ferramenta de comunicación cos alumnos a través do foro de novidades.
• Crear os grupos de traballo.
• Propoñer todas as tarefas programadas incluído o traballo en grupo.
• Incluír os accesos á sesións de videoconferencia por Teams (para escenarios 2 e 3).
• Realizar cuestionario de avaliación.
Escenario 1: normalidade adaptada
• A docencia será de carácter presencial (clases expositivas (14 h), clases interactivas (12 h) e titoría de grupo (1 h).
• Para expoñer os conceptos teóricos básicos empregarase a clase maxistral, apoiada co emprego de presentacións (competencias CB6, CB10, CT6).
• Nas clases interactivas de seminario exporase a análise de detallado dalgúns procesos, así como o estudo dalgúns tópicos de interese en grupos de traballo, apoiándose en estudos recentemente publicados, vídeos, etc. que se realizarán parte na aula e parte en horas de traballo persoal. Prepararase un informe/presentación que se entregará a través dunha tarefa creada na aula Virtual e algunhas delas presentaranse oralmente na aula (3/4 tarefas) (competencias CG7, CG10, CB8, CB9, CT1).
• Levarase a cabo un traballo en grupo enfocado ao deseño de procesos de aproveitamento de biomasa. Realizarase ao longo de todo o cuadrimestre nas horas de traballo persoal contempladas para a materia. Elaborarase un informe e presentarase oralmente o día fixado para o exame (competencias CB7, CB8, CB9, CB10, CE4, CE5, CE6, CG7, CG10, CT1, CT6). Na sesión de titoría grupal farase unha presentación dos aspectos básicos dos procesos elixidos (competencias CB8, CB9).
• Contémplase a visita a unha empresa do sector. Propoñerase unha actividade de avaliación relacionada coa mesma. En caso de non poder realizarse substituirase polo proposto no escenario 3.
• As titorías individualizadas serán preferentemente presenciais, pero darase a opción de realizalas tamén a través da plataforma MS Teams.
Escenario 2: distanciamento
• As clases expositivas e interactivas serán non presenciais e impartiranse de forma síncrona a través da plataforma MS Teams de acordo co calendario programado.
• Os informes de actividades e do traballo en grupo entregaranse a través de tarefas creadas na aula Virtual da materia.
• O traballo en grupo presentarase oralmente a través de MS Teams na data fixada para o exame da materia. A titoría grupal para a presentación do traballo realizarase a través de MS Teams na data fixada.
• Contémplase a visita a unha empresa do sector. Propoñerase unha actividade de avaliación relacionada coa mesma. En caso de non poder realizarse substituirase polo proposto no escenario 3.
• As titorías serán exclusivamente virtuais a través de MS Teams.
Escenario 3: peche das instalacións
• A docencia será completamente de carácter non presencial. As clases expositivas impartiranse de forma síncrona a través da plataforma MS Teams de acordo co calendario programado.
• As actividades expostas para os seminarios realizaranse de forma asíncrona e expoñeranse a través de MS Teams nas horas programadas.
• A titoría grupal realizarase a través de MS Teams na data fixada.
• O traballo en grupo presentarase oralmente a través de MS Teams na data fixada para o exame da materia.
• A visita a empresa substituirase pola visualización de vídeos ou opcionalmente unha presentación de persoal técnico do sector a través de MS Teams, e propoñerase unha actividade de avaliación relacionada.
• As titorías serán exclusivamente virtuais a través de MS Teams.
Non hai cambios nas actividades propostas nin nos criterios de avaliación en función do escenario. A diferenza está exclusivamente no carácter presencial (escenario 1) ou telemático (escenarios 2 e 3) das presentacións orais das diversas actividades propostas, da visita a empresa e da proba final.
A avaliación da materia inclúe unha parte de avaliación continua, que representa un 60% da cualificación, e un exame, que consistirá nunha proba tipo test independentemente do escenario, que representa unha 40% da cualificación global da materia. Realizarase a través do módulo de cuestionarios da Aula Virtual independentemente do escenario. A distribución da cualificación é a seguinte:
a) Exame, 40% (CB6, CB9, CG7, CG10)
b) Traballos/actividades de avaliación continua, 55%: Traballo en grupo (30%), outras actividades (20%) e visita técnica (5%) (CB7, CB8, CB9 e CB10; CG7 e CG10; CE4, CE5 e CE6; CT1 e CT6).
c) Titorías/Informe do profesor, 5%: Presentación da proposta de traballo na titoría de grupo (CB8, CB9)
Para poder aprobar a materia teñen que realizarse todas as actividades propostas de avaliación continua e o exame no que deberá alcanzarse unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10. Na segunda oportunidade consérvanse as cualificacións obtidas nos apartados b) e c).
A consideración de “non presentado” terase se non se realiza ningunha das actividades obxecto de avaliación.
Escenario 1: normalidade adaptada
Presentacións orais de actividades e do traballo en grupo e proba final presenciais.
Escenario 2: distanciamento
Presentacións orais de actividades e do traballo en grupo e proba final telemáticas síncronas.
Escenario 3: peche das instalacións
Presentacións orais de actividades e do traballo en grupo e proba final telemáticas síncronas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo de 3 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25
h de traballo total, distribuidos da seguinte forma:
Horas presenciais- Horas traballo alumno- ECTS
Clases maxistrais: 14,0- 14,0-1,12
Seminarios: 12,0 - 15,0 - 1,08
Titorías grupo: 1,0 - 4,0 - 0,20
Subtotal: 27,0 - 33,0 - 2,40
Titorías individualizadas: 1,0- 4,0 - 0,20
Examen e revisión: 2,0 - 8,0 - 0,40
Total: 30,0 - 45,0 - 3,0
Traballarase con materiais en inglés polo que se recomenda certo dominio do idioma.
A materia impártese en castelán.
Recomendacións para a docencia telemática:
• É preciso dispoñer dun ordenador con micrófono e cámara para a realización das actividades telemáticas que se programen ao longo do curso incluida a avaliación en escenarios 2 e 3. Recoméndase a adquisición de equipos coa contorna MS Windows, xa que outras plataformas non soportan algúns dos programas informáticos dispoñibles na USC que se empregan nas materias.
• Mellorar as competencias informacionales e dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
O alumnado debe facer uso de máscara durante o seu tempo de permanencia na ETSE, así como lavar frecuentemente as mans con auga e xabón ou usar hidrogel seguindo as indicacións respecto diso. Cando sexa posible, debe manter a distancia de seguridade co resto do alumnado e profesorado na aula e demais espazos do centro. Teñen que seguirse escrupulosamente todas as indicacións das autoridades sanitarias e da propia USC, para a protección da saúde fronte ao Covid-19.
“PLAN DE CONTINXENCIA”
Metodoloxía da ensinanza
Independentemente do escenario no que nos atopemos durante a impartición da materia usarase a Aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle cos seguintes obxectivos:
• Proporcionar información sobre a materia (programación docente, horarios, exames, anuncios varios, etc.)
• Proporcionar os materiais necesarios para as clases (presentacións dos temas, vídeos, artigos científicos necesarios para a realización das tarefas expostas, etc.).
• Servir de ferramenta de comunicación cos alumnos a través do foro de novidades.
• Crear os grupos de traballo.
• Propoñer todas as tarefas programadas incluído o traballo en grupo.
• Incluír os accesos á sesións de videoconferencia por Teams (para escenarios 2 e 3).
• Realizar cuestionario de avaliación.
Escenario 2: distanciamento
• As clases expositivas e interactivas serán non presenciais e impartiranse de forma síncrona a través da plataforma MS Teams de acordo co calendario programado.
• Os informes de actividades e do traballo en grupo entregaranse a través de tarefas creadas na aula Virtual da materia.
• O traballo en grupo presentarase oralmente a través de MS Teams na data fixada para o exame da materia. A titoría grupal para a presentación do traballo realizarase a través de MS Teams na data fixada.
• Contémplase a visita a unha empresa do sector. Propoñerase unha actividade de avaliación relacionada coa mesma. En caso de non poder realizarse substituirase polo proposto no escenario 3.
• As titorías serán exclusivamente virtuais a través de MS Teams.
Escenario 3: peche das instalacións
• A docencia será completamente de carácter non presencial. As clases expositivas impartiranse de forma síncrona a través da plataforma MS Teams de acordo co calendario programado.
• As actividades expostas para os seminarios realizaranse de forma asíncrona e expoñeranse a través de MS Teams nas horas programadas.
• A titoría grupal realizarase a través de MS Teams na data fixada.
• O traballo en grupo presentarase oralmente a través de MS Teams na data fixada para o exame da materia.
• A visita a empresa substituirase pola visualización de vídeos ou opcionalmente unha presentación de persoal técnico do sector a través de MS Teams, e propoñerase unha actividade de avaliación relacionada.
• As titorías serán exclusivamente virtuais a través de MS Teams.
Sistema de avaliación
Non hai cambios nas actividades propostas nin nos criterios de avaliación en función do escenario. A diferenza está exclusivamente no carácter presencial (escenario 1) ou telemático (escenarios 2 e 3) das presentacións orais das diversas actividades propostas, da visita a empresa e da proba final.
Escenario 2: distanciamento
Presentacións orais de actividades e do traballo en grupo e proba final telemáticas síncronas.
Escenario 3: peche das instalacións
Presentacións orais de actividades e do traballo en grupo e proba final telemáticas síncronas.
Julia González Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816761
- Correo electrónico
- julia.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A5 |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A5 |
04.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática I2 |
04.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática I2 |
12.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |
12.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |