Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da materia é que os estudantes do Máster Universitario en Enxeñería Química e de Bioprocesos adquiran un coñecemento profundo da problemática asociada á eliminación de nutrientes en augas residuais, ós reactores biolóxicos de tratamento de augas coas configuracións máis innovadoras (reactores de membrana, sistemas híbridos e sistemas granulares), así como ó tratamento biolóxico de emisións gaseosas (biofiltración de gases para a eliminación de compostos orgánicos volátiles, cheiros e gases de efecto invernadoiro).
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia: “Novas tecnoloxías no tratamento de efluentes líquidos e gasosos. Sistemas avanzados de eliminación de nitróxeno. Sistemas granulares. Sistemas de membranas. Reactores híbridos. Biofiltración de gases” tal como sinala a memoria do Máster. Dividirase o programa da materia en 5 temas relacionados cos descritores.
Programa
Tema 1. Novos retos no tratamento de efluentes líquidos (3 h)
Novos retos na concepción das plantas de tratamento de augas residuais: Reutilización de auga e recuperación de recursos; Redución do consumo de enerxía e de emisións de gases de efecto invernadoiro.
Tema 2. Tecnoloxías de eliminación e de recuperación de fósforo (7 h)
O ciclo do fósforo e balances de fósforo nas EDAR. Tecnoloxías de Eliminación de fósforo. Sistemas fisico-químicos. Procesos biolóxicos convencionais e sistemas de granulación aerobia de lodos. Reutilización de fósforo das lamas: Uso agrícola, normativa; Recuperación de fósforo das lamas, tratamento químico/térmico. Recuperación de fósforo de correntes acuosas: fosfatos de aluminio, calcio, ferro, estruvita. Estudio de casos.
Tema 3. Biorreactores de membrana (6 h)
Uso de membranas no tratamento de augas, tipos e características. Fundamentos dos procesos de membranas: Forza impulsora, polarización e fluxo crítico. Ensuciado e colmatación de membranas. Biorreactores aerobios e anaerobios de membrana. Tecnoloxías comerciais de biorreactores de membrana para o tratamento de augas residuais. Deseño e operación de procesos de membrana. Sistemas híbridos de membranas.
Tema 4.Tecnoloxías para a eliminación de contaminantes emerxentes (5 h)
Contaminantes emerxentes e microcontaminantes. Contaminantes orgánicos emerxentes. Bacterias resistentes a antibióticos e xenes de resistencia a antibióticos. Microplásticos. Propiedades físico-químicas e biodegradabilidade. Presencia de microcontaminantes no ambiente. Mecanismos de eliminación nas EDAR, influencia dos parámetros de operación. Tecnoloxías de postratamento para a eliminación de OMPs. Experiencias de eliminación de OMPs na USC.
Tema 5. Tecnoloxías para a biofiltración de emisións gasosas (5 h)
Contaminantes en fase gasosa, emisións. Emisións en EDAR. Tecnoloxías de tratamentos de gases contaminados. Fundamentos dos procesos biolóxicos. Biorreactores: Biofiltro de gases, torre de lavado biolóxico, Biofiltro percolador, difusión de gases en reactores de lodos activos. Bases enxeñeriles para o deseño de biorreactores. Aspectos económicos e panorama actual.
Libros básicos
• Metcalf & Eddy Inc. "Wastewater Engineering. Treatment and resource recovery ". 5ª Edición. Editorial Mc-Graw Hill, (2014). Signatura B-ETSE: A213 13 H/I
• Juan M. Lema & Sonia Suarez Martínez (eds). Innovative Wastewater Treatment & Resource Recovery Technologies: Impacts on Energy, Economy and Environment. (2017). IWA Publishing, ISBN: 978-1-780-40786-9. Signatura B-ETSE: A213 62 (A).
Material complementario (libros/capítulos de libro)
• Biotechnology for odor and air pollution control. Shareefdeen & Singh (Eds.), Berlin Heidelberg: Springer-Verlag (2005). Signatura B-ETSE: 222 10
• The MBR book. Judd S. 2ª Ed. Editorial Elsevier. Oxford (2011). Signatura B-ETSE: A213 32 A.
• Guang-Hao Chen, Mark C.M. van Loosdrecht, G.A. Ekama, Damir Brdjanovic. Biological Wastewater Treatment: Principles, modelling and design. 2nd Edition. IWA Publishing. London, UK (2020). Solicitado a B-ETSE. (1ª edición do Libro electrónico en castelán: https://iwaponline.com/ebooks/book/707/Tratamiento-biologico-de-aguas-r…)
Material complementario (resumos)
• Resumos do profesor dos temas 2.- tecnoloxías de eliminación e recuperación de fósforo; e 3. -Biorreactores de Membranas. Selección actualizada de artigos de investigación (a disposición dos alumnos, vía Campus Virtual).
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas e específicas, propias da enxeñería en xeral e específicas da ciencia e tecnoloxía de tratamento de augas e gases en particular.
Competencias básicas e xerais
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG1.- adquirir coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
CG3.- Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
CG6.- Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder corrixir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño.
CG8.- Realizar a investigación apropiada, emprender o deseño e dirixir o desenvolvemento de solucións de enxeñería, en contornas novas ou pouco coñecidas, relacionando creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía.
CG15.- Adaptarse aos cambios estruturais da sociedade motivados por factores ou fenómenos de índole económico, enerxético ou natural, para resolver os problemas derivados e aportar solucións tecnolóxicas cun elevado compromiso de sustentabilidade.
Competencias específicas:
CE3.- Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co área de estudo da Enxeñería Química.
CE5.- Concibir, proxectar, calcular, e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, no ámbito da enxeñería química e sectores industriais relacionados, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente
Competencias transversais:
CT2.- Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
CT4.- Capacidade analítica, crítica e de síntese.
Antes do inicio do curso facilitarase aos alumnos unha guía onde se indicará a planificación detallada de actividades, indicando os diversos artigos ou capítulos ou libros dos que se recomenda a súa lectura previa a tratalos nas aulas da materia. As clases realizaranse de forma presencial en forma de seminario, onde o profesor tratará de facer fincapé nos aspectos máis salientables do estado do arte, e onde se verificará a asimilación de contidos por parte dos alumnos, ao final de cada un dos temas da materia, mediante o uso de probas tipo test ou cuestionarios. Valorarase a participación do alumnado nas clases.
Asemade, está planificada a realización de un traballo en equipo por parte dos alumnos, en grupos de 2 ou 3 persoas. Farase uso da aula virtual da USC (Moodle) para a distribución de materiais docentes, a entrega do traballo en equipo e realización de probas de avaliación tipo test. Durante a titoría obrigatoria programada, os alumnos presentaran aos seus compañeiros o traballo realizado.
Realizaranse dúas prácticas de laboratorio de 2 h por sesión no que os alumnos centraranse nalgunha das tecnoloxías estudadas. Contémplase substituír unha das sesións de laboratorio por unha visita técnica a unha instalación industrial. sempre e cando as circunstancias a fagan posible.
Utilizarase a aplicación MS Teams para fomentar as titorías individuais, a petición dos estudantes. Utilizarase unha folla de cálculo para a resolución de problemas.
O desenvolvemento de competencias realizarase a través das diferentes actividades planificadas para a aprendizaxe da materia:
CB7. Temas 1, 2, 3, 4 e 5. Traballo en equipo. Laboratorio.
CB10. Traballo en equipo. Laboratorio.
CG1.Temas 1, 2, 3, 4 e 5. Traballo en equipo. Laboratorio.
CG3. Temas 1, 2, 3, 4 e 5. Traballo en equipo. Laboratorio. Exame.
CG6. Cuestionarios. Traballo en equipo e Laboratorio.
CG8. Traballo en equipo. Laboratorio.
CG15. Temas 1, 2, 3, 4 e 5. Traballo en equipo.
CE3.Cuestionarios, traballo en equipo, laboratorio e visita técnica.
CE5. Traballo en equipo.
CT2. Traballo en equipo e titoría
CT4. Traballo en equipo e titoría
A avaliación do alumno efectúase mediante cinco tipo de actividades diferentes que se enumeran a continuación:
1. Tests, cuestionarios de avaliación e participación 25 %.
2. Calidade do traballo en equipo 15%.
3. Presentación do traballo na titoría 10 %
4. Rendemento do traballo realizado no laboratorio/visita 10%.
5. Exame 40 %.
A avaliación final de cada alumno sería unha suma das puntuacións acadadas en cada tipo de actividade. Para superar a materia e preciso obter o 50% da nota de Titorías e do Exame e obter unha cualificación global mínima de 5,0 puntos, aqueles alumnos que non cumpran estes requisitos obterían, como máximo, unha cualificación de 4,9 suspenso. A recuperación da titoría realizaríase antes da proba da 2ª oportunidade, asignando ó alumnado unha proba análoga que sería presentada diante do profesor.
Desenvolvemento das competencias nos cinco tipos de actividades avaliadas:
1. CB7. CG1; CG3; CG4; CG6; CG15; CE3; CT2; CT4
2. CB10. CG1; CG3; CG4; CG6; CG15; CE3; CE5; CT2; CT4
3. CT4
4. CB7; CG1; CG6; CG8;CG15; CE3; CE5; CT4
5. CB7; CG3
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 3 ECTS que se reparten da forma que se sinala na táboa. As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un computo do produto do factor polas actividades e total a carga de traballo que supón cada actividade.
Actividade Horas presenciais H. traballo alumno ECTS
Clases maxistrais 10 10 0,80
Seminarios ____________12_________ 14___________ 1,04
Prácticas Lab.________ 4__________ 5___________ 0,36
Titorías grupo___________1___________ 4___________ 0,20
Subtota________________27___________ 33___________ 2,40
Titorías individualizadas__1___________ 4___________ 0,20
Exame e revisión________ 2___________ 8___________ 0,40
Total________________ 30___________ 45___________ 3,00
É importante que os alumnos estuden previamente aqueles textos, documentos ou artigos que se vaian sinalando na guía docente. Dado que os recursos da materia se entregan en inglés, é imprescindible ter alo menos un dominio medio de dito idioma.
IDIOMA: A materia impartirase preferentemente en Castelán ou alternativamente en galego/inglés, en función da procedencia dos alumnos. Os materiais docentes entregaranse preferentemente en inglés.
SEGURIDADE: O alumnado disporá dun manual básico de funcionamento para cada unha das prácticas, no que se recollerán os aspectos máis relevantes en relación á seguridade e prevención de riscos laborais.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no “Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais” da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet.
2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais”.
Juan Manuel Garrido Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816778
- Correo electrónico
- juanmanuel.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A5 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A5 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A5 |
29.05.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A5 |
29.05.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A5 |
29.05.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A5 |
05.07.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A5 |
05.07.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A5 |
05.07.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A5 |