Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O curso está dirixido a estudantes con coñecementos moi básicos sobre o mundo microbiano. Trátase de iniciar ao alumnado en conceptos básicos da Microbioloxía que vaian ter relevancia á hora do deseño dunha fermentación ou proceso microbiano industrial. Algunhas clases impartiranse no laboratorio de maneira que se podan conectar os conceptos coa aplicación práctica á vez que nos familiarizamos coas condicións de traballo e o instrumental dun laboratorio de Microbioloxía.
Todos os temas serán impartidos parte na aula e parte no laboratorio de prácticas. A docencia no laboratorio levarase a cabo cando se considere que a materia a tratar queda máis clara co traballo práctico do alumnado.
1. Introdución ao mundo microbiano. Morfoloxía e fisioloxía dos microorganismos. Diferenzas entre microorganismos procariotas e eucariotas. Observación ao microscopio. Tincións simples e diferenciais.
2. Crecemento microbiano. Parámetros importantes. Factores ambientais. Cultivo de microorganismos en diferentes substratos. Tipos de medios de cultivos.
3. Tipos de fermentacións. Produción de metabolitos secundarios. Curva de crecemento microbiano, depleción de glucosa e produción dun metabolito secundario. Manexo dun fermentador.
4. Os microorganismos como causantes de problemas: contaminacións, patoxenicidade e alteración de produtos de interese industrial. Control e prevención de riscos microbiolóxicos na industria. Métodos de desinfeción, esterilización e redución da carga microbiana.
5. Encimas. Grupos importantes desde o punto de vista industrial. Encimas recombinantes. Inmobilización de encimas e células enteiras. Fermentacións con encimas e células inmobilizadas. Aspectos éticos e legais do emprego de microorganismos modificados xenéticamente na industria
Clases interactivas:
Consistirán na exposición por parte do alumnado dun traballo de investigación realizado en equipo.
Visita técnica:
Poderá realizarse unha visita á empresa "Bioetanol Galicia"
Clases prácticas de laboratorio:
-Tincións simples e diferenciais para a observación de microorganismos ao microscopio
-Cultivo de microorganismos en distintos medios
-Curvas de crecemento, consumo de glucosa e produción de carotenoides por parte dunha levadura pigmentada de interese industrial
-Fermentación usando levaduras e encimas inmobilizadas en alxinato.
As normas de seguridade de cada práctica están detalladas no guión que estará ao dispor do alumnado ao comezo das mesmas.
Bibliografía básica:
Título: Microbiología Esencial, 1ª edición
Editores: Martín A, Béjar V, Gutiérrez J, Llagostera M, Quesada E.
Editorial: Editorial Médica Panamericana
Ano: 2019
ISBN: 978-84-9835-786-8 (versión impresa + eBook
ISBN: 978-84-9110-242-7 (versión eBook
MADIGAN, Michael T. et al. Brock: Biología de los microorganismos. 14ª edición. Ed. Pearson. ISBN: 978-84-9035-279-3
MARTÍN, Ana et al. Microbiología esencial. Ed. Panamericana. ISBN: 978-84-9835-786-8
Bibliografía e material complementario:
artigos científicos para cada tema en concreto
Competencias xerais: CB10, CG7
Competencias específicas: CE1, CE2
Competencias transversais: CT4, CT5
Todos os temas serán impartidos parte na aula e parte no laboratorio de prácticas. A docencia no laboratorio levarase a cabo cando se considere que a materia a tratar queda máis clara co traballo práctico do alumnado (CT4, CG7,CB10, CE1)
O alumnado deberá preparar e expoñer un traballo realizado en equipo (CT4, CT5, CB10, CE1, CE2).
Realizarase visita a unha empresa coordinada polas tres materias do módulo (CT4,CE1). Esta actividade valorarase cun pequeno cuestionario sobre a mesma.
Clases de laboratorio:
A asistencia ás clases de laboratorio é obrigatoria. A non asistencia ás clases de laboratorio sen unha xustificación suporá a imposibilidade de presentarse ao exame.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes coma entre estes e o docente, poderá empregarse o foro do Campus Virtual, Ms Teams ou o correo electrónico.
A avaliación realizarase en función do exame, a memoria do traballo realizado no laboratorio e a exposición do traballo en equipo. O exame constará de preguntas relativas tanto aos contidos teóricos como prácticos da materia e deberá aprobarse para superar a mesma. A cualificación complementarase con outras actividades programadas e un informe do profesor relativo a actitude e aptitudes desenvolvidas na materia.
Distribución da cualificación:
Exame 60% (deberá aprobarse o exame cun 5/10) (CT4, CG7,CB10)
Traballo en equipo 15% (CT4, CT5, CB10, CE1, CE2)
Memoria de prácticas 10% (CT4, CG7,CB10, CE1 )
Cuestionario da visita técnica 10% (CT4,CE1) (no caso de non poder realizarse a visita, levarase a cabo un traballo individual sobre o tema da visita que se avaliará tamén cun 10%)
Titorías/informe do profesor 5%
Ao alumnado que non aprobe o exame, non se lle terá en conta a avaliación continua, sendo a cualificación final a nota que obteña no exame sobre 10 puntos.
O exame da segunda oportunidade suporá o 60% da nota e deberá superarse cun 5/10 coma na primeira, manténdose as notas acadadas na avaliación continua (traballos, prácticas etc.)
Non se conservarán as notas dun ano para outro
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na
Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno ECTS
Clases maxistrais 15,0 15,0 1,20
seminarios 8,0 16,5 0,98
Aula informática -- -- --
Prácticas laboratorio 18,0 20,0 1,52
Visita técnica 4,0 1,0 0,20
subtotal 42,0 55,5 3,90
Titorías individualizadas 1,0 4,0 0,2
Exame e revisión 2,0 8,0 0,4
total 45,0 67,5 4,5
O idioma de impartición da materia será o castelán
Farase uso do Campus virtual
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que este coñeza e cumpra as normas incluídas no "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais" da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web, ó que se pode acceder do seguinte xeito:
1. https://www.usc.gal/gl/centro/escola-tecnica-superior-enxenaria
2. Acceder á intranet coas credenciais persoais.
3. Entrar en Documentación > Seguridade > Formación.
4. Premer en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais".
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na
Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Carlos Rodriguez Osorio
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816050
- Correo electrónico
- cr.osorio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
16.10.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
16.10.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
16.10.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
18.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
18.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
18.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |