Acceso
Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.
Admisión
Modalidade: Criterios específicos
Titulacións de acceso:
- Titulacións en: Informática; Física; Matemáticas; Telecomunicacións; Electrónica; Industriais; outras áreas de ciencias e resto de enxeñarías.
Requírese que os solicitantes teñan competencias en programación básica e, en particular, nalgunha linguaxe de programación (por exemplo, C, Java, Fortran, Python ou Matlab).
Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega Celga II, ou española B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.
CRITERIOS DE SELECCIÓN:
- Expediente académico (70%)
- Experiencia laboral no ámbito das TIC (20%)
- Outros méritos relacionados co ámbito das TIC (10%)
Nota: a USC oferta 13 prazas e a U. Murcia, 12
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula