- Código
- FP0122
- Tipo
- Curso de Formación Continua
- Modalidade
- Non Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 11.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 500,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Dirección
-
Luis Alberto Otero Gonzalez
Maria Celia Lopez Penabad - Contacto
catedra.empresafamiliar [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Economía Financeira e Contabilidade
MARIA GARRIDO RUSO
catedra.empresafamiliar [at] usc.es
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Datas
Duración: 17/11/2022 - 30/06/2023
Preinscrición: 26/09/2022 - 21/10/2022
Matrícula: 24/10/2022 - 08/11/2022
Número alumnos/as mínimo: 14
Número alumnos/as máximo: 20
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso engloba os seguintes cursos de posgrao ou formación continua:
Código | Nome do curso |
---|---|
FP0122-FA0203 | Curso de actualización Aspectos organizativos, xurídicos e fiscais da empresa familiar |
FP0122-FP0123 | Curso de Perfeccionamento de Xestión de inversións da empresa familiar |
FP0122-FA0204 | Curso de actualización de Valoración de empresas e xestión do risco |
Requisitos de acceso
Sen requisitos. O curso poden facelo Graduados, Licenciados ou Diplomados de calquera especialidade, así como Directivos de Empresas, funcionarios das administración públicas, estudantes universitarios e público en xeral.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Curriculo académico, experiencia profesional e, no seu caso, entrevista persoal.
Obxectivos
Relativos á caracterización da empresa familiar:Coñecer as características das empresas familiares (características, problemas, conflitos, etc), Coñecer as diferentes estruturas societarias, os protocolos familiares e a xestión da sucesión na empresa. Coñecer os principios de responsabilidade social empresarial (RSE) e de bo goberno.
Relativos á xestión patrimonial:
Saber deseñar unha estratexia financeira para a xestión do patrimonio das empresas familiares. Coñecer as diferentes alternativas de investimento: renda fixa, variable, derivados, estruturados, commodities, criptoactivos, fondos de investimento, etc. Saber deseñar unha carteira dado un determinado perfil de risco. Coñecer os métodos de valoración de empresas e aplicalos á valoración dunha empresa familiar.
Saber aplicar diferentes metodoloxías de valoración de empresas. Saber elaborar un informe de valoración dunha empresa.
Coñecer as particularidades da fiscalidade nas empresas familiares. Saber como implementar un sistema de xestión de riscos na empresa familiar.
Competencias
Ao longo das horas de docencia online, farase unha análise teórico e práctico das cuestións de maior transcendencia enovidade no ámbito da xestión patrimonial da empresa familiar. Os alumnos contarán con material bibliográfico como complemento á docencia.
Avaliación
Asistencia ao curso, realización de casos prácticos e test de coñecementos
Metodoloxía
Titorías online.
Xoves, 16 a 21 horas
Observacións
Os horarios indicados son para as clases síncronas
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Valoración de Empresas e Análise de Risco. | 2.0 |
2 | Aspectos Organizativos e Xurídicos da Empresa Familiar. | 1.0 |
3 | Planificación da Xestión do Patrimonio da Empresa Familiar. | 2.0 |
4 | Xestión do Risco. | 1.0 |
5 | Aspectos Fiscais da Empresa Familiar. | 1.0 |
6 | Produtos Financeiros na Xestión do Patrimonio da Empresa Familiar. | 4.0 |