- Código
- FD0360
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 1.5
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- Abonado pola entidade solicitante
- Centro
- Oficina de Igualdade de Xénero
- Dirección
-
Sonia Esperanza Rodriguez Boente
Eva Maria Barreira Cerqueiras - Contacto
vanessa.vidal.freire [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Oficina de Igualdade de Xénero
VANESSA VIDAL FREIRE
vanessa.vidal.freire [at] usc.es
Oficina de Igualdade de Xénero
Datas
Duración: 21/10/2025 - 29/10/2025
Preinscrición: 15/09/2025 - 28/09/2025
Matrícula: 29/09/2025 - 10/10/2025
Número alumnos/as mínimo: 10
Número alumnos/as máximo: 25
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Acceso sen titulación universitaria
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Destinatarios que teñen preferencia: -Estudantado do Grao en Mestra/e de Educación Infantil, Grao en Mestra/e de Educación Primaria e Dobre Grao en Mestra/e de Educación Infantil e de Educación Primaria · Campus Terra (Lugo) - Profesorado en activo de Educación Infantil e de Educación Primaria. O criterio de selección será a orde de inscripción.
Obxectivos
1. Comprender os conceptos básicos da perspectiva de xénero e o seu impacto na educación.2. Identificar e cuestionar os estereotipos de xénero presentes no entorno educativo (materiais, aula...).
3. Desenvolver estratexias pedagóxicas inclusivas e equitativas que promovan a igualdade de oportunidades para todo o estudantado.
4. Analizar e adaptar o currículo escolar dende unha perspectiva de xénero.
5. Favorecer a reflexión crítica sobre as propias prácticas docentes e a construción de identidades de xénero.
Competencias
T2.1. Procesar información, ideas e conceptosT2.2. Planificar e organizar
T2.3. Lidar con problemas
T2.4. Pensar de maneira creativa e innovadora
T3.2. Adoptar un enfoque proactivo
Avaliación
O sistema de avaliación fai referencia aos tres elementos fundamentais das accións formativas, isto é, alumnado, profesorado e desenvolvemento do propio curso. En todo caso, atende aos tres momentos fundamentais: avaliación inicial —coñecementos previos do alumnado mediante actividades introdutorias ao inicio do curso e de cada módulo—; avaliación continua —a través da participación activa nas dinámicas e sesión de aula así como na calidade das producións realizadas— e a avaliación final —mediante cuestionarios e formularios de valoración de coñecementos e da organización e metodoloxía do curso—.
PARTICIPACIÓN ACTIVA (30%).
PRODUCIÓNS DO ALUMNADO (50%)
COÑECEMENTOS ADQUIRIDOS (20%)
Titorías
O curso terá unha duración de 15 horas totais, das cales 13 horas serán distribuídas en módulos de duración variable —nos que se abordarán contidos relacionados coa perspectiva de xénero no ensino— e, 2 horas destinaranse á elaboración e entrega do proxecto final. A adaptación aos destinatarios, sexa este profesorado ou futuro profesorado de Educación Infantil e/ou Primaria, realizarase nos propios contidos e dinámicas que se formulen nos distintos módulos, abordando cuestións propias destes corpos docentes (normativa, currículo, contexto educativo, etc.). As dinámicas e actividades a desenvolver estarán baseadas en estratexias metodolóxicas activas e participativas, fomentando a reflexión crítica e a colaboración entre as persoas participantes: - Análise de casos prácticos. - Dinámicas de grupo. - Traballo cooperativo. - Posta en común de experiencias e reflexións persoais. - Uso de recursos audiovisuais e tecnolóxicos. - Lectura e comentario de textos. Os recursos docentes precisos para a posta en marcha deste curso serán, entre outros, os seguintes: - Espazo amplo e flexible (con cadeiras e mesas móbiles) e con soporte dixital (ordenador, proxector, altofalantes...). - Libros de texto e materiais educativos con perspectiva de xénero. - Artigos e publicacións sobre coeducación e igualdade de xénero. - Recursos audiovisuais (vídeos, documentais, etc.). - Material de papelería e outros recursos didácticos. A lingua de docencia será o galego.
21 de outubro de 2025: 16.30 h. – 18.30 h. 22 de outubro de 2025: 16.30 h. – 19.30 h. 23 de outubro de 2025: 16.30 h. – 19.30 h. 28 de outubro de 2025: 16.30 h. – 19.30 h. 29 de outubro de 2025: 17 h. – 19 h.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Perspectiva de Xénero na Docencia: Ferramentas e Estratexias para a Coeducación no Ensino Infantil e Primario. | 1.5 |