- Código
- FD0133
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 1.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 0,01€
- Centro
- Facultade de Ciencias da Comunicación
- Dirección
- Mª Soliña Barreiro Gonzalez
- Contacto
mariasolina.barreiro [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Ciencias da Comunicación
Mª SOLIÑA BARREIRO GONZALEZ
mariasolina.barreiro [at] usc.es
Facultade de Ciencias da Comunicación
Datas
Duración: 04/10/2022 - 05/10/2022
Preinscrición: 09/09/2022 - 17/09/2022
Matrícula: 18/09/2022 - 27/09/2022
Número alumnos/as mínimo: 15
Número alumnos/as máximo: 100
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
O curso está aberto a público xeral e especializado.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Non se contemplan criterios de selección.
Obxectivos
O obxectivo do curso é unha reflexión sobre a construción cinematográfica da paisaxe galega na contemporaneidade. Para iso estudaremos os seus elementos constitutivos, as súas relacións coa pintura e a fotografía, a súa evolución visual e as concomitancias con outras tradicións fílmicas. O estudo terá unha vertente teórica, que se traballará en compañía de investigadores especializados, e unha vertente práctica, na que se interrogará a creadores contemporáneos sobre a construción da paisaxe nos seus filmes dende o visionado da propia obra.Este traballo permitiranos desenvolver una reflexión interdisciplinar sobre a importancia da paisaxe e do territorio na cultura e na identidade galega mais dende o eido da imaxe; conectar a reflexión académica e artística coas inquedanzas contemporáneas sobre a vertebración do espazo galego; poñer en valor territorio e artes visuais na construción dun patrimonio compartido e explorar as actitudes cinematográficas cara a paisaxe como un xeito de reflexión sobre o territorio e a identidade.
Competencias
As metodoloxías de traballo serán a lección maxistral con debate posterior e construción colaborativa nas sesións con investigadores, e o visionado e reflexión sobre os procesos produtivos nas sesións con cineastas.Avaliación
As persoas que soliciten o recoñecemento do crédito teñen que asistir a todas as sesións do curso.
Metodoloxía
O programa divídese en dous bloques temáticos diferenciados.
Martes, 4 de outubro: 16.00 - 21.00 / Mércores, 5 de outubro: 16.00 - 21.00
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | A Configuración da Paisaxe Fílmica Galega: da Luz a Memoria. | 1.0 |