- Código
- MP0154-CE0142
- Tipo
- Diploma de Especializacion
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 20.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 685,00€
- Centro
- Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Dirección
-
Maria De La Luz Couce Pico
Jose Maria Fraga Bermudez - Contacto
Maria.Luz.Couce.Pico [at] sergas.es
Departamento / Centro Organizador
Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
MARIA DE LA LUZ COUCE PICO
677109569
Maria.Luz.Couce.Pico [at] sergas.es
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Datas
Duración: 09/01/2023 - 23/12/2023
Preinscrición: 01/11/2022 - 30/11/2022
Matrícula: 05/12/2022 - 26/12/2022
Número alumnos/as mínimo: 6
Número alumnos/as máximo: 50
Comentarios: Cátedra Institucional da USC de Enfermidades Metabólicas Hereditarias- Área Docente de Pediatría. Dpto. Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría. Facultad de Medicina e Odontoloxía Online: páxina web Universidade de Santiago de Compostela. Internet (CeTA)
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso forma parte de:
Código | Nome do curso |
---|---|
MP0154 | Master Propio en Enfermidades Metabólicas Hereditarias |
Requisitos de acceso
Dispoñer da titulacion do Grao de Medicina, Farmacia, Bioloxía, Quimica, Bioquímica, Biomedicina, Biotecnoloxia ou dun grao ou licenciatura equivalente (a avaliar pola Comisión Académica do Máster)
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
A admisión farase seguindo os seguintes criterios xerais: 1. Expediente Académico-50% 2. Ser profesional en áreas do perfil do curso- 20% 3. Estudos e investigación nas áreas do perfil do curso- 30%
Obxectivos
Obxectivos xerais:Ilustrar os avances no diagnóstico, tratamento e investigación das principais enfermidades metabólicas hereditarias.
Obxectivos específicos:
Materia 1
1. Coñecer as indicacións do diagnóstico xenético prenatal e preimplantacional.
2. Coñecer e entender as novas técnicas de secuenciación masiva.
3. Ter unha perspectiva global das probas de imaxe nas enfermidades metabólicas.
Materia 2
1. Coñecer as pautas de actuación das descompensacións metabólicas.
2. Saber levar a cabo un asesoramento xenético.
3. Coñecer as novas terapias nas enfermidades metabólicas e coñecer a situación actual da terapia xénica nas enfermidades metabólicas e os novos ensaios postos en marcha.
4. Saber indicar en enfermidades metabólicas o transplante hematopoético.
Materia 3
1. Coñecer a caixa de primeiros auxilios metabólico de urxencia básico que debe haber en cada hospital de acordo ao seu nivel asistencial e referencia.
2. Saber e entender o acceso aos diferentes tipos de fármacos e en particular aos medicamentos orfos.
3. Coñecer as ferramentas posibles de valoración dos medicamentos orfos.
Competencias
O curso está formado por 3 materias ou unidades didácticas ás que se vai accedendo progresivamente, segundo supérese o anterior. Próximo a finalizar o curso haberá unha xornada presencial de 10 horas, dividida nunha sesión de mañá e outra de tarde, de actualizacións das Unidades Docentes. O curso e en formato online na súa maioría o que permite ao alumno organizarse adecuadamente para desenvolver o curso ao ritmo que se adapte mellor ás súas posibilidades. O alumno terá acceso ao material do curso mediante unha clave.Avaliación
Consideraranse os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos polo alumno mediante avaliación continua. Levarase a cabo un seguimento dos alumnos ao longo de todo o curso valorando a participación activa nas titorías e os foros de debate. Como complemento, realizarase unha proba test escrita ao final de cada unha das tres unidades didácticas para valorar o nivel de asimilación dos coñecementos adquiridos.
Metodoloxía
Haberá coordinadores para cada Módulo-Unidade Didáctica (3 cocordinadores, 1 coordinador para cada módulo) que serán os responsables xuntamente con a Dirección do Máster de revisar e valorar a documentación de cada tema adxuntado polos profesores asi como as preguntas de avaliación tipo test. Estes Coordinadores tutelarán aos alumnos do seu módulo correspondente e levarán o foro de debate das Unidades Didácticas pertencentes a cada módulo. O alumno deberá descargar os temas de cada Unidade Didáctica, estudialos, valoralos, criticalos e resolver cuestións co seu titor. Realizaranse foros de debate coa finalidade de reforzar os coñecementos.
O formato é "online", non presencial, na súa meirande parte (98,33%), a docencia presencial (1,67%) será de 10 horas en dúas xornadas a celebrarse un venres, de 16h a 20:30h, e un sábado de 8:30 a 14:00h. Datas a definir.
Observacións
Os días nos que terá lugar a docencia presencial serán os mesmos que os do Máster propio en Enfermidades Metabólicas Hereditarias (venres, de 16h a 20:30h, e sábado de 8:30h a 14h de novembro ou decembro, na data e no lugar que se anunciara previamente).
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Técnicas Diagnósticas das Enfermidades Metabólicas Hereditarias. | 6.0 |
2 | Ferramentas Terapéuticas nas Enfermidades Metabólicas Hereditarias. | 9.0 |
3 | A Farmacia nas Enfermidades Metabólicas Hereditarias-1-. | 5.0 |