- Código
- MP0182-CE0159
- Tipo
- Diploma de Especializacion
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 30.0
- Curso
- 2023-2024
- Prezo
- 600,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias da Educación
- Dirección
-
José Eugenio Rodríguez Fernández
Rubén Domínguez Domínguez - Contacto
geno.rodriguez [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Didácticas Aplicadas
José Eugenio Rodríguez Fernández
12014
geno.rodriguez [at] usc.es
Facultade de Ciencias da Educación
Datas
Duración: 15/01/2024 - 30/06/2024
Preinscrición: 06/07/2023 - 30/09/2023
Matrícula: 08/10/2023 - 20/12/2023
Número alumnos/as mínimo: 5
Número alumnos/as máximo: 20
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso forma parte de:
Código | Nome do curso |
---|---|
MP0182 | Máster de Formación Permanente en Educación Física Aplicada, Coaching e Adestramento Deportivo |
Requisitos de acceso
Mestres de educación física, pedagogos, psicopedagogos, psicólogos, educadores sociais, traballadores sociais, avogados, médicos, enfermeiros e aqueles outros que a xuizo da Comisión Académica poidan realizar o curso con aproveitamento.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Adecuación da titulación, entrevista, orden de preinscrición, expediente e méritos
Obxectivos
- Contextualizar, propor e afondar na situación actual da educación física a nivel escolar.- Deseñar plans, programas e proxectos de educación física e deporte escolar.
- Coñecer e desenvolver as principais estratexias e os métodos máis actuais en educación física.
- Coñecer e afondar nas principais investigacións e innovacións no ámbito da educación física e da formación deportiva.
- Coñecer e aplicar os distintos modelos e teorías da educación física nas aulas de educación infantil e primaria.
- Afondar no coñecemento das habilidades para o manexo da aula de educación física e a correcta xestión das emocións.
- Coñecer a ferramenta de coaching para poder utilizala na función de profesor de educación física e coordinación deportiva de forma que mellore o noso traballo profesional.
- Afondar no coñecemento das habilidades para a correcta xestión das emocións na aula de educación física.
- Potenciar as actitudes necesarias para a xestión de problemas e conflitos, mediante a comunicación, con técnicas específicas para a aula de educación física e na formación deportiva.
Competencias
A metodoloxía terá presente tanto a dimensión científica como a profesional do Curso. O Programa Presencial combinará as sesións maxistrais con sesions prácticas en diferentes Centros e Institucions, que permitirá aos alumnos recibir unha formación nos escenarios adecuados, e que será titorizada por un profesional do sector. O Programa das Actividades non Presenciais, tamén titorizadas por profesionais do Curso, completará a formación.Avaliación
Continua, con 3 exames na modalidade de pregunta curta ou tipo test na fase presencial, e tareas encomedadas polo profesorado na materia on line
Metodoloxía
Parte presencial do 15 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2024. Asignaturas: Educación Física/, Estratexias e métodos na Educación Física/, Actividades Educativas na Natureza/, Coaching para a Educación Física e o Deporte I/, Educación Física e Saúde/, Deportes Colectivos e Entrenamento/, Deportes Individuais e Entrenamento/, Deporte Adaptado e Entrenamento/, Organización de Competicions e Eventos Deportivos. Parte non presencial, do 1 de marzo de 2024, ata o 15 de xunio de 2024 - Coaching para a Educación Física e o Deporte II.
Parte presencial: De luns a venres: Do 15 de xaneiro ata o 16 de febreiro, de 9 a 14 horas e de 15.30 a 20.30 horas.
Observacións
Curso impartido na modalidade HÍBRIDA (85% presencial)
As sesions serán teórico-prácticas e desenvolveranse na Facultade de Educación e outras instalacions deportivas.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Coaching para a Educación Física e o Deporte I. | 4.0 |
2 | Educación Física e Saúde. | 2.5 |
3 | Deportes Colectivos e Entrenamento. | 5.5 |
4 | Deportes Individuais e Entrenamento. | 1.0 |
5 | Deporte Adaptado e Entrenamento/ Organización de Competicions e Eventos Deportivos. | 1.0 |
6 | Educación Física. | 5.0 |
7 | Estratexias e Métodos na Educación Física. | 3.5 |
8 | Actividades Educativas na Natureza. | 2.5 |
9 | Coaching para a Educación Física e o Deporte II. | 5.0 |