- Código
- MP0246-FE0172
- Tipo
- Diploma de Experto/a
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 15.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 0,00€
- Centro
- Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Dirección
-
Paula López Martínez
Victor Manuel Brea Sanchez - Contacto
p.lopez [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC
Paula López Martínez
16435
p.lopez [at] usc.es
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Datas
Duración: 01/10/2025 - 31/03/2026
Preinscrición: 21/07/2025 - 31/07/2025
Matrícula: 01/09/2025 - 22/09/2025
Número alumnos/as mínimo: 1
Número alumnos/as máximo: 15
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso forma parte de:
Código | Nome do curso |
---|
Requisitos de acceso
Grao ou Licenciatura. Tamén poderá ser admitido o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requirida. Neste caso, non poderá obter o título de Diploma de Experto quen non supere esos créditos restantes antes de que finalice o ano académico no que se desenvolve o curso.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
A oferta total de prazas é de 15 alumnos. 1. Os estudantes matriculados no máster completo terán preferencia para a admisión sobre os aspirantes que opten só por un dos títulos de experto ou microcredenciais asociados. 2. No caso de que existan prazas vacantes unha vez finalizado o proceso de admisión ao mestrado completo, asignaranse aos aspirantes aos títulos de experto e microcredenciais, segundo os seguintes criterios: Curriculum Vitae e entrevista persoal.
Obxectivos
O obxectivo do título é proporcionar ao alumnado as competencias necesarias para:- Comprender e aplicar os principios de deseño lóxico dixital na tecnoloxía CMOS.
- Desenvolver subsistemas dixitais complexos (percorrido de datos, memoria, control).
- Deseñar e sintetizar algoritmos de procesamento de sinal en FPGA utilizando linguaxes como VHDL e Verilog.
- Coñecer e utilizar ferramentas actuais de síntese e simulación, como Vivado.
Competencias
- Pensamento analítico e crítico: capacidade para comprender, descompoñer e abordar problemas técnicos no deseño dixital.- Innovación tecnolóxica e autonomía nas TIC: habilidade para aprender e aplicar novas ferramentas e metodoloxías de forma autónoma.
- Deseño e implementación de sistemas dixitais: competencia para analizar e desenvolver circuítos dixitais complexos con tecnoloxías CMOS e FPGAs.
- Uso de linguaxes de descrición hardware e ferramentas de síntese: capacidade para implementar funcións dixitais en plataformas reconfigurables como as FPGAs.
- Coñecementos aplicados en electrónica e automatización: comprensión dos principios e técnicas clave da electrónica dixital.
Avaliación
O profesor avaliará o rendemento do alumnado mediante a avaliación oral e escrita de distintas prácticas ao longo do curso.
Titorías
A formación é híbrida e combina teoría e práctica mediante o deseño e simulación de sistemas dixitais en tecnoloxía CMOS e FPGAs. Utilízanse linguaxes como VHDL/Verilog e ferramentas de síntese e simulación. Castelán. Horario de titorías: As titorías presenciais e/ou virtuais estarán dispoñibles previa cita cos docentes.
6h/semana
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Deseño Específico de Algoritmos de Procesamento de Sinal en Fpga. | 6.0 |
2 | Deseño de Sistemas Digitales. | 9.0 |