Ir o contido principal

Navegar por Intenet de forma segura

Navegadores, seguridade, privacidade, certificados, extensións...

INCIBE - Navegar de forma segura
INCIBE - Navegar de forma segura

Despois de tantas mensaxes de alerta recibidas sobre os perigos de navegar por Internet, semella que a comunidade universitaria está perfectamente concienciada acerca das múltiples trampas ás que estamos expostos cando usamos a rede, tanto para traballar como na nosa vida privada. O que ofrecemos agora é un lugar no que atopar toda a información básica necesaria sobre navegar por Internet e as medidas de seguridade que debemos adoptar.

Aproveitaremos a páxina que o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) pon á nosa disposición, na que atoparemos un compendio de boas prácticas para ter en conta cando navegamos por Internet e para que a nosa experiencia non se vexa perturbada polas trampas que axexan en calquera lugar da rede. O sumario de contidos desta páxina é o seguinte:

  • Nocións básicas sobre que son os navegadores.
  • Cales son os modos de navegación dispoñibles.
  • Principais funcionalidades de seguridade e privacidade do navegador.
  • Como eliminamos a información que almacena o navegador.
  • Cal é a función principal dos certificados e protocolos web.
  • Como podemos engadir unha capa de seguridade e personalización aos navegadores. (Extensións: superpoderes para os navegadores)

Os contidos son amenos e claros, con infografía, videos e material didáctico de fácil lectura ou visionado. Prema na seguinte ligazón para acceder a eles: 

INCIBE - Navegación segura

 

Adicionalmente, na páxina https://www.incibe.es/index.php/ciudadania/tematicas o INCIBE proporciona información acerca de materias tan interesantes como intelixencia artificial, o internet das cousas, fraudes online, compras online e outras. Recomendamos encarecidamente botarlle unha ollada para saber máis acerca do mundo tecnolóxico en que vivimos e aprender a movernos de forma segura entre tantas novidades. Incluimos as ligazóns a cada item no mosaico ao pé desta páxina.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2025.