Laboratorio de Biomembranas
Matilde Casas Parada
IP | Coordinadora
Ver perfil da Prof. Matilde Casas no Portal da Investigación da USC.
Emi Vázquez Lage
Persoal investigador en formación
- Emi estudou Farmacia na USC, tendo defendido o seu Traballo Fin de Grao sobre a interacción de bevacizumab con compoñentes de nanopartículas lipídicas deseñadas para o tratamento intravítreo de retinopatías. Comezou na investigación da man da Prof. Bebel Sández, fundadora e anterior coordenadora do laboratorio de Biomembranas. Desde entón ten participado en congresos de química a nivel nacional e internacional e publicado artigos no eido das monocapas como modelos de membranas biolóxicas e de sistemas supramoleculares de liberación de fármacos.
- Traballou durante un ano na unidade de Biofísica Molecular e Biotecnoloxía (MB2) do Laboratorio de Química Aplicada da Facultade de Farmacia da Universidade do Porto, baixo a orientación das Prof. Salette Reis e Marina Pinheiro. Alí estudou a interacción de péptidos e fármacos antituberculosos con membranas e a caracterización desta interacción por técnicas espectroscópicas e elipsométricas.
- Actualmente traballa no estudo de modelos bacterianos e tumorais de membrana plasmática e o efecto de péptidos antimicrobianos sobre eles, da man da Prof. Rebeca G. Fandiño e o Prof. Ángel Piñeiro, ben como outros proxectos do noso laboratorio coa Prof. Matilde Casas.
- Foi representante de estudantes na Universidade e tamén se dedica á divulgación científica.
Susana Álvarez Pérez
Técnica de investigación
- Susana é farmacéutica pola USC, e técnica de investigación nos laboratorios de Fisicoquímica e Bromatoloxía da Facultade de Farmacia.
- Participa no apoio á docencia das prácticas de laboratorio de Fisicoquímica II, Técnicas Instrumentais e Nutrición e Bromatoloxía I e II do Grao en Farmacia. Tamén colabora coa docencia do Curso de Especialización en Ortopedia que se imparte na Facultade.
León Felipe Ureña Sánchez
Estudante
- León é estudante de 5º ano do Grao en Farmacia. Iniciouse na investigación das biointerfaces no ano 2023 a través das Prácticas Externas que ofrece a Facultade, co traballo "Interacción de surfactantes gemini con membranas lipídicas: estudo na interface a/w", que tivo ocasión de expor nun congreso internacional de química. Neste momento está realizando o seu Traballo Fin de Grao tamén no eido dos tensioactivos gemini na liberación de fármacos a través do seu efecto sobre a estrutura de vesículas.
- É representante de estudantes desde 2020, tendo responsabilidades na Coordinadora de Representantes de Universidades Públicas do Estado (CREUP), e tendo sido Vicepresidente de Educación da Federación Española de Estudantes de Farmacia.