Rede Empresa e Administración
A Rede universitaria «Empresa e Administración» ED431D-2017/19 do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas da Xunta de Galicia, está compuesta polos grupos:
- GI-1876 Empresa e Administración da Universidade de Santiago
- GI-1866 Valoración Financeira Aplicada, VALFINAP da Universidade de Santiago
- Agrupación Grupos de Investigación de Dereito Administrativo e Filosofía do Dereito, AGAF, da Universidade de Vigo
- Empresa, Consumo e Dereito, G00078 da Universidade da Coruña.
A Rede ten como eixo temático común, dentro do ámbito da empresa e da administración, o estudo dos efectos disruptivos das tecnoloxías dixitais. A Rede serviu de base para lanzar un novo proxecto dentro do SUG: a proposta de creación da Agrupación Estratéxica TRANSDIXITAL.
A Rede tamén participa no Convenio coa Consellería de Economía, Emprego e Industria “PARA A ANÁLISE E SEGUIMENTO DO IMPACTO DA AUTOMATIZACIÓN NA ECONOMÍA GALEGA”.
Outro fito destacable é a súa participación no proxecto POCTEP “Deseño e establecemento de mecanismos de concertación permanente entre as administracións galego- portuguesas para favorecer a localización e atracción de empresas industriais na Eurorrexión” UBICUA (Código: 1735_UBICUA_1_E).
Transdixital
TRANSDIXITAL - Transformación Dixital da Sociedade, é un proxecto de Agrupación Estratéxica do Sistema Universitario de Galicia, composta por grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, que asumen a misión de contribuír de forma permanente e activa na investigación, o debate e a xeración de políticas e normas fronte as tecnoloxías e procesos que configuran a nova sociedade e economía dixital.
TRANSDIXITAL reúne diversos grupos de investigación dos ámbitos das ciencias sociais e xurídicas, tecnolóxico, saúde e biotecnolóxico, co obxectivo de xerar investigación e crear coñecemento, dende unha perspectiva multidisciplinar, dos impactos da economía dixital nos distintos ámbitos da sociedade, buscando solucións que permitan que a sociedade obteña os maiores beneficios desta transformación da economía e a sociedade e que se minimicen os seus posibles impactos negativos.