SUPRABIOIN (Química Bioinorgánica e Supramolecular) é un grupo de investigación recoñecido como de excelencia competitiva. Investigación en química supramolecular, helicatos cluster, novas rotas de síntese de complexos e estudo da actividade catalítica dos complexos metálicos e a determinación dos mecanismos de reacción destes procesos.
Este grupo foi impulsor da Rede MetalBIO (Rede galega de investigación de ións metálicos en sistemas biolóxicos).
SUPRABIOIN é membro da rede europea Perspect-H2O (Supramolecular Photocatalytic Water Splitting) e das redes de excelencia MetalBIO (Red de iones metálicos en sistemas biológicos), MetDrugs (Metals in Therapy and Diagnosis) e H2BioCatO2(Complejos metálicos biomiméticos: utilización de hidrógeno, oxígeno y dióxido de carbono).
A actividade de innovación e investigación do ámbito docente do grupo recóllese no portal de CienciaNOSA, Grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica. En funil.gal podes acceder a laboratorio visual de química desenvolto dende este grupo.