Posibilitar a continuación da formación das doutoras e doutores que comezaron a súa formación posdoutoral, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.
Nesta convocatoria, poderán optar a estas axudas os organismos e entidades que presenten como candidatas persoas co grao de doutoramento que se atopen na data de peche da convocatoria nalgún dos seguintes supostos:
- Que estivesen contratadas na convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral de 2022 e que non renunciaran ao contrato.
- Que estiveran contratadas a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2019 e 2021 nas entidades alleas ao SUG, que tiveron unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei e que non se presentaron á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral en convocatorias anteriores.
As persoas investigadoras que tiveron ou teñan unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei ou que non finalizaran o seu contrato antes do día 1 de setembro de 2025, poderán optar entre participar nesta convocatoria ou na do ano 2026, de ser convocada. A participación nesta convocatoria impide participar na do ano 2026, de ser convocada.
- Tipo de convocatoria
- Autonómicas
- Organismo convocante
- Consellería de Educación, Ciencias, Universidades e Formación Profesional
- Prazo de presentación da solicitude
- 28/02/2025
- Data de resolución
- 04/02/2025
-
Estado da convocatoria
Convocatoria pechada
- Tipo de convocatoria
- Autonómicas
- Organismo convocante
- Consellería de Educación, Ciencias, Universidades e Formación Profesional
- Prazo de presentación da solicitude
- 28/02/2025
- Data de resolución
- 04/02/2025
-
Estado da convocatoria
Convocatoria pechada