Ir o contido principal

Axudas USC - Banco Santander para persoal investigador Predoutoral 2025

  • Convocatoria aberta

 As presentes axudas teñen por obxecto promover e fomentar a calidade da educación superior e a actividade investigadora do persoal investigador predoutoral con vinculación laboral coa Universidade de Santiago de Compostela. . Así mesmo teñen como obxecto promover o desenvolvemento da súa carreira investigadora mediante axudas á formación, a súa mobilidade, e sufragar parcialmente os gastos de aloxamento, transporte, inscrición a congresos, publicación en revistas de alto impacto, e/ou pequeno material de investigación. 

 O contido da axuda consistirá na achega da cantidade de 2.000 € por persoa beneficiaria, que se adxudicará ás 30 persoas que obteñan máis puntuación segundo o establecido nestas bases.

O obxecto da presente convocatoria é a concesión de axudas dirixidas ao persoal investigador predoutoral residentes en España que se atopen contratados na USC e que teña como obxecto a realización de actividades recollidas no segundo paragrafo desta publicación.

Tipo de convocatoria
Propias
Organismo convocante
Universidade de Santiago de Compostela
Prazo de presentación da solicitude
15/10/2025
Data de resolución
02/06/2025
Estado da convocatoria

Convocatoria aberta