Que facemos
A Subárea de Proxectos desenvolve a súa actividade en tres bloques de tarefas:
- Divulgación, promoción e dinamización da participación en programas europeos e internacionais
- Apoio e asesoramento na presentación de solicitudes de proxectos a convocatorias competitivas de ámbito europeo e internacional e na fase de negociación previa ao inicio do proxecto
- Colaboración, coa Área de Xestión da Investigación, na xestión e administración de proxectos europeos e internacionais
Axudas acadadas pola subárea de proxectos
Creada como Oficina de Proxectos Europeos no marco da convocatoria 2006 do programa Eurociencia no Plan Estatal co obxetivo de aumentar a participación e os retornos procedentes do Programa Marco de investigación e innovación da UE, a oficina acadou nos últimos 10 anos, que abarcan o todo o programa H2020 e a primeira mitade de Horizonte Europa, un total de 4 axudas do Plan Estatal para promover a participación no programa marco da UE.
Igualmente, algunhas das actividades son financiadas mediante convenios institucionais da USC coa Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.
Programas Internacionais
Desde o ano 2020, a unidade de proxectos integra a un equipo técnico que asume a promoción, dinamización e apoio no eido do programa Horizonte Europa así como dos proxectos de cooperación asociados ao programa Erasmus+ e doutros programas de ámbito europeo (como Interreg, LIFE...),
Estes son alguns dos programas de financiamento competitivo no ámbito internacional:
- Horizonte Europa (2021-2027): Programa Marco de Investigación e Innovación
- Erasmus+ (2021-2027): Programa de Educación, formación, xuventude e deporte.
- Interreg (2021-2027): Programas de Cooperación Territorial Europea
- Outros programas internacionais