Ir o contido principal

Asesoramento e consultoría

A USC ofrece servizos de asesoramento e consultoría a entidades públicas ou privadas para a realización de traballos científico-técnicos.

Asesoramento científico-técnico e consultoría
Comporta a realización dun traballo técnico, xa sexa de laboratorio ou de consultoría, dirixido a obter información científico-técnica pero que non implica a xeración de novo coñecemento aínda que si requirirá a utilización do coñecemento xa dispoñible para a súa realización.

Investigación baixo demanda
Concrétase na realización dun proxecto de I+D para o que é necesario experimentar, optimizar ou desenvolver co fin de poder contrastar unha hipótese.

O financiamento para a súa execución pode proceder directamente da entidade que promove o proxecto, na súa totalidade ou contar con financiamento público no marco de plans e programas específicos de I+D+I (Investigación colaborativa).

De estar interesada a súa entidade pode consultar a oferta científica dos nosos grupos de investigación ou contactar coa área de apoio técnico e administrativo de investigación  para identificar os grupos de investigación idóneos e as distintas opcións contractuais nas que se pode concretar.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.02.2024.