Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
* Adquirir un repertorio de coñecementos e información sobre os principais procesos implicados na xestión do comportamento organizacional.
* Adquirir unha progresiva toma de conciencia da importancia do factor humano na organización.
* Adquirir unha serie de coñecementos introductorios sobre os métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de avaliación e de intervención nas organizacións.
* Adquirir hábitos de observación, análise, comprensión e interpretación dos problemas sobre os que terá que intervir para contribuir á súa solución.
1. A Psicoloxía das Organizacións.
1.1. O comportamento nas organizacións.
1.2. O concepto de organización.
1.3. A análise do comportamento nas organizacións: Un modelo.
1.4. A Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e a súa relación con outras disciplinas integradas na análise do Comportamento Orgaizacional (CO).
2. Enfoques teóricos da organización.
2.1. Formulacións teóricas clásicas:
2.1.1. O Taylorismo e a Administración Industrial e Xeral.
2.1.2. Os estudos Hawthorne e a Teoría das Relacións Humanas.
2.1.3. A teoría burocrática.
2.2. Formulacións actuais: A perspectiva do Desenvolvemento Organizacional.
3. A Motivación Laboral.
3.1. A motivación no contexto organizacional: Concepto.
3.2. Teorías de Contido da Motivación.
3.3. Teorías de Proceso da Motivación.
3.4. Aplicación dos principios teóricos á xestión de RR.HH.
4. A Comunicación Organizacional.
4.1. A comunicación: Un enfoque organizacional.
4.2. Funcións da comunicación.
4.3. A comunicación interpersoal nas organizacións.
4.4. A comunicación organizacional formal: Os fluxos de comunicación interna na organización.
4.5. A comunicación organizacional informal.
4.6. Redes organizacionais de comunicación.
5. A Toma de Decisiones.
5.1. Definición, problemas e condicións.
5.2. Modelos normativos da toma de decisións: Home Económico.
5.3. Modelos descriptivos da toma de decisións: Home Administrativo.
6. Equipos de traballo, dirección, participación e liderado.
6.1. Liderado organizacional.
6.2. Os equipos de traballo.
6.3. Liderado e participación: Modelo de Vroom e Yetton.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Montes, Carlos. (2024). Desafíos contemporáneos en los entornos laborales. Pirámide. [SIGNATURA: PS15 159]
- Robbins, Stephen P. y Judge, Timothy A. (2017). Comportamiento Organizacional (17ª ed.). Pearson. [Dispoñible en formato eBook]
- Robbins, Stephen P. y Judge, Timothy A. (2010). Introducción al Comportamiento Organizativo (10ª ed.). Pearson. [Dispoñible en formato eBook]
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Aamodt, Michael G. (2010). Evaluación y análisis de puesto. En Michael G. Aamodt (Ed.), Psicología Industrial/Organizacional (6ª ed.) (pp. 33-74). Wadsworth Cengage Learning.
- Collado, Carlos (2012). La comunicación en las organizaciones (3ª ed). Trillas.
- Gil, Francisco y Alcover, Carlos María (Coords.) (2014). Introducción a la Psicología de las Organizaciones. Alianza editorial. [Dipoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-670]
- Griffin, Ricky y Moorhead, Gregory (2010). Comportamiento Organizacional (9ª ed.). Cengage Learning.
- Luthans, Fred (2008). Comportamiento Organizacional (11ª ed.). McGraw Hill.
- Muchinsky, Paul M. (2007). Psicología Aplicada al Trabajo. Thompson Learning.
- Newstrom, John (2011). Comportamiento humano en el trabajo (13ª Ed.). McGraw-Hill.
- Palací, Francisco J., Osca, Amparo, Moriano, Juan Antonio y Lisbona, Ana María (2016). Nuevas Perspectivas en Psicología de las Organizaciones (1ª Ed.). Sanz y Torres. [Dispoñible en formato eBook]
- Pereda, Santiago, Berrocal, Francisca y Alonso, Miguel A. (2008). Psicología del Trabajo: Teoría y práctica. Síntesis. [Dispoñible en formato eBook]
- Spector, Paul (2010). Psicología Industrial y Organizacional. Investigación y práctica. Manual Moderno.
A súa vez, as/os estudantes terán a súa disposición, no Campus Virtual, diferentes seccións de apoio á docencia, nas que atoparán multitude de ferramentas e recursos.
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos
teóricos da Psicoloxía.
CE5 - Demostrar coñecementos e comprensión dos principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no
funcionamento dos grupos e das organizacións.
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes
ámbitos aplicados da Psicoloxía –clínico e da saúde, social, educativo.
CE8 - Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas de actuación
psicolóxica.
CE9 - Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediantes os
métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
CE10 - Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e
organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e dá saúde, do traballo e das organizacións, grupal e comunitaria.
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
CE12 - Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos
destinatarios, e avaliar os resultados obtidos.
CE13 - Saber transmitir aos destinatarios, de forma adecuada e precisa, os resultados da avaliación.
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
CE15 - Saber axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía.
A docencia da materia desenvolverase a través de diversos tipos de metodoloxías docentes:
1) Clases expositivas (a impartir en grupos de 75 estudantes aprox.), que están orientadas á capacitación das/dos estudantes respecto á adquisición dos coñecementos relativos aos tópicos incluído no programa.
2) Clases interactivas (a impartir en grupos de 25 estudantes aprox.), que serán de dous tipos: (i) As de carácter "expresivo", orientadas a experimentar e demostrar empiricamente algúns dos procesos ou efectos explicados; e, (ii) as de carácter "instrumental", que teñen por obxecto dotar ás/aos estudantes (a un nivel elemental) das competencias de consultoría necesarias para aplicar en situacións reais as habilidades tratadas a nivel teórico.
3) Titorías personalizadas (en grupos reducidos).
Ademais, cada estudante terá a súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial.
Os informes de prácticas e o informe de consultoría que as/os estudantes teñen que presentar ao longo do semestre, ademais de utilizarse como criterio de avaliación da aprendizaxe de contidos e destrezas instrumentais, permitirán obter información sobre a adquisición de habilidades de comunicación verbal (oral e escrita) e non verbal.
As actividades de avaliación continua, xunto coas titorías, permitirán a retroalimentación do progreso de cada estudante ao longo do semestre.
A avaliación final valorará o nivel de coñecementos adquirido respecto aos contidos do programa da materia.
A avaliación da adquisición de competencias e actitudes realizarase de forma continua, baseándose na participación e no rendemento do estudantado nas distintas tarefas programadas ao longo do semestre. De acordo co artigo 1 da Normativa de Asistencia ás Titulacións Oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, a asistencia considerarase un factor máis dentro do proceso de avaliación continua, especialmente no marco das dinámicas de grupo e das actividades interactivas. A participación activa do estudantado nas sesións presenciais contribuirá positivamente á cualificación global da materia, aínda que non se establecerá como un requisito obrigatorio para poder presentarse ao exame final. Porén, as faltas de asistencia non xustificadas suporán unha penalización de 0,20 puntos na cualificación final.
A avaliación de competencias relacionadas coa adquisición de coñecementos realizarase mediante un exame final. A avaliación da adquisición de habilidades e actitudes realizarase de modo continuo, en función do desempeño de cada estudante nas tarefas programadas ao longo do semestre, tal e como estas queden reflectidas nos informes de prácticas e no informe de consultoría.
A cualificación final de cada estudante na materia (máximo de 10,0) resultará do sumatorio das cualificacións parciais obtidas no exame e nos informes de prácticas, de acordo coa seguinte táboa de valores:
* Informes de prácticas: entre 0,0 e 1,0 puntos.
* Informe de consultoría: entre 0,0 e 2,0 puntos.
* Exame final: entre 0,0 e 7,0 puntos.
As condicións de avaliación da materia na segunda oportunidade e para estudante repetidoras/es serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da convocatoria de xuño. No caso das/dos repetidoras/es, a puntuación obtida na avaliación continua gardarase durante outro curso académico máis.
Os/as estudantes con dispensa de asistencia a clase serán avaliados de acordo coa seguinte táboa de valores:
* Traballos e informes de consultoría asignados de xeito individual: entre 0.0 e 3,0 puntos.
* Exame final: entre 0.0 e 7,0 puntos.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Do total de 112,5 horas de traballo previsto para que o estudante poida superar a materia, 42,5 horas destinaranse a actividades de tipo presencial, as restantes 70 horas dedicaranse a actividades non presenciais distribuídas de acordo co seguinte plan de traballo:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
* Clases expositivas: 28 horas.
* Clases interactivas: 10,5 horas.
* Titorías personalizadas: 1 hora.
* Exame final: 3 horas.
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS:
* Lecturas previas ás clases interactivas e/ou expositivas: 15 horas.
* Elaboración de informes de prácticas: 15 horas.
* Preparación de exames: 40 horas.
A asistencia ás clases presenciais facilita a comprensión e asimilación dos contidos da materia; aportando tamén unha grande cantidade de exemplos, referidos a diferentes contextos organizacionais, sobre as aplicacións e implicacións prácticas dos contidos teóricos tratados.
A asistencia ás clases prácticas resulta esencial para, na medida en que o escaso tempo do que se dispón no lo permita, adestrar habilidades básicas e experimentar con algúns dos modelos, técnicas e conceptos necesarios para poder intervir eficazmente no contexto organizacional.
Recoméndase non deixar para última hora a elaboración dos informes correspondentes a cada unha das prácticas ou lecturas realizadas, co obxecto de poder entregalas dentro do prazo fixado (que é inamovible). Se o mencionado traballo non se planifica e executa con tempo suficiente, ao final a carga de tarefas asignadas ao estudantado polas diferentes materias que conforman o semestre pode resultar excesiva.
O/A estudante contará, en todo momento, co apoio e a titorización que necesite, por parte do profesorado da materia, para a correcta realización das tarefas que lle sexan encomendadas; tanto en horario de clases como fóra delas. Así pois, recoméndase que o/a estudante, tanto individualmente como en grupo, utilice de modo frecuente as posibilidades que lle ofrece o horario de titorías do profesor; a saber:
* Luns, de 10:00h a 12:00h.
* Martes, de 10:00h a 12:00h.
* Venres, de 10:00h a 12:00h.
Para un mellor aproveitamento da docencia impartida nesta materia, sería desexable que os estudantes que se matriculen na mesma cursaran, con anterioridade, as materias dos dous primeiros cursos do Grao; pero, en particular, aquelas relacionadas coa análise psicosocial do comportamento humano.
O idioma vehicular da materia será o castelán.
Cada estudante terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial que se empregará como eixo vertebrador de todas as actividades a realizar na materia.
Carlos Montes Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- carlos.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 9 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 9 |
19.01.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
19.01.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.01.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
19.01.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
19.01.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
19.01.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
19.01.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
19.01.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
19.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
19.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
19.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
19.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
19.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |