Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Básica, Psicoloxía Social, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O estudantado manexará as diferentes teorías sobre o desenvolvemento da identidade e da identidade de xénero, así como os múltiples mecanismos que interveñen no proceso de construción das identidades de xénero, adquirindo capacidade crítica con respecto aos complicados procesos de construción das devanditas identidades. Coñecerá diferentes xeitos de avaliar e medir as identidades de xénero, así como os diferentes instrumentos de investigación para elo. O estudantado coñecerá os diferentes enfoques teóricos sobre a identidade de xénero, incluíndo as contribucións máis recentes, e estará capacitado para actuar con vistas á modificación das condicións de socialización que interveñen nos procesos de construción das identidades de xénero.
BLOQUE I: Enfoques teórico-explicativos dos procesos de construción da identidade de xénero.
o Bases conceptuais da construción da identidade.
o Procesos de construción de identidades de xénero: multifactorial e complexo.
o Modelos teóricos explicativos.
o Cara a teorías integradoras.
o Nesgos de xénero.
BLOQUE II: Avaliación da identidade de xénero.
o Bases conceptuais da psicometría e dos instrumentos de medición.
o Sandra Bem: Avaliación da masculinidade, a feminidade e a androxinia.
o Oos conceptos de Axencia/Comunalidade e Instrumentalidade/Expresividade.
o Avaliación das características socialmente valoradas e non valoradas dos roles e a identidade de xénero.
BLOQUE III: Contribucións teóricas recentes ante a diversidade afectivo-sexual e de xénero.
o Enfoques teóricos recentes sobre as identidades de xénero.
o Diversidade afectivo-sexual, interseccionalidade e interconexión entre diferentes desigualdades.
o Intersexualidade, realidades trans e identidades non binarias.
o Acompañamento e atención integral ante a diversidade afectivo-sexual e de xénero.
Bibliografía básica:
BLOQUE I:
• Barbera, E. y Martínez Benlloch, I. (2004). Psicología y género. Pearson Prentice Hall. ISBN: 84-205-3725-X
BLOQUE II:
• Marshall, C. y Young, M. (2006). Gender and Methodology. En C. Skelton, B. Francis y L. Smulyan (eds.). The SAGE Handbook of Gender and Education. Sage Publications
BLOQUE III:
• Rubin, G. (1986). El tráfico de mujeres. Notas sobre la “economía política” del género. Nueva Antropología, VIII(30), 95-145.
Bibliografía complementaria:
BLOQUE I:
• Martínez, N., Vinas, A., y Matute, H. (2021). Examining potential gender bias in automated-job alerts in the Spanish market. PLoS ONE 16(12): e0260409. https://doi.org/10.1371/journal.pone.0260409• Against Me! (2014). Transgender Dysphoria Blues. Xtra mile recordings.
• Bornstein, K. (2013). My New Gender Workbook: A Step-by-Step Guide to Achieving World Peace Through Gender Anarchy and Sex Positivity. Routledge.
• Bornstein, K. y Bear Bergman, S. (2018). Disidentes del género: La nueva generación. Continta me tienes. ISBN: 978-84-94793-88-2
• Wilchins, R. (2019). Gender Norms and Intersectionality. Rowman and Littlefield. ISBN: 978-1-78661-085-0
• Wilchins, R. (2004). Queer Theory, Gender Theory: An Instant Primer. Alyson Pubns. ISBN: 978-15-5583798-3
BLOQUE II:
• Páez, D. y Fernández, I. (2003). Masculinidad-Feminidad como dimensión cultural y del autoconcepto. En D. Páez, I. Fernández, S. Ubillos y E. Zubieta (Coords.) Psicología Social, Cultura y Educación. Pearson. Prentice Hall
• Burr, V. (1998). Gender and Psychological Research. En K. Trew y J. Kremer: Gender and Psychology. Routledge.
• Martínez-Benlloch, E. y Barberá, E. y Pastor, R. (1988). Medida de la masculinidad, feminidad y androginia psicológica. En J. Fernández (Coord.) Nuevas perspectivas en el desarrollo del sexo y del género. Pirámide.
BLOQUE III:
• Sánchez Sáinz, M. (2020). Pedagogías queer. ¿Nos arriesgamos a hacer otra educación? Los Libros de la Catarata.
• Ley 2/2014, de 14 de abril, por la igualdad de trato y la no discriminación de lesbianas, gays, transexuales, bisexuales e intersexuales en Galicia. (2014). DOG, 79, de 25 de abril.
• Ley 4/2023, de 28 de febrero, para la igualdad real y efectiva de las personas trans y para la garantía de los derechos de las personas LGTBI. (2023). BOE, 51, de 1 de marzo.
• Missé, M. (2018). A la conquista del cuerpo equivocado (2ª ed.). Egales.
• Platero, L. (2014). Transexualidades. Acompañamiento, factores de salud y recursos educativos. Bellaterra.
• Xunta de Galicia (2016). Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero. https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/18883
Básicas e xeráis
• Posuír capacidade de comprensión, análise e síntese e capacidade de organización.
• Desenvolver un compromiso ético e deontolóxico
• Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
• Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Transversais
• Ser capaz de realizar avaliacións e análises de políticas públicas e planificación didáctica dende unha perspectiva de interconexións e de xénero transversal.
• Posuír a capacidade de promover e xestionar a implantación de accións que favorezan a igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal de xénero nos diferentes niveis da educación institucional formal, é dicir, a educación infantil, primaria e secundaria, e tamén nos ámbitos da educación. educación formal a nivel comunitario.
Específicas
• Ter unha formación científica básica e específica na materia de Educación, Xénero e Igualdade e capacidade para aplicar estes coñecementos en accións prácticas concretas en múltiples ámbitos como o social, educativo, cultural, económico, laboral, político e administrativo.
• Ser capaz de realizar e xestionar avaliacións de múltiples situacións sociais, culturais, educativas, económicas e políticas desde o punto de vista dos coñecementos científicos específicos da muller e do xénero.
• Ser capaz de realizar análises de datos empíricos referidos a elementos seleccionados da estrutura social desde a perspectiva da muller e do xénero.
• Clases maxistrais: 14 (100% de presencialidade)
• Clases interactivas: 14 (100% de presencialidade)
• Titorías: 5 horas (100% de presencialidade)
Avaliación de traballos individuais con exposición oral obrigatoria: 60%
• Bloque I: 24%
• Bloque II: 12%
• Bloque III: 24%
Avaliación continua: 40%
• Asistencia na aula: 10% e obrigatoria para o aprobado
• Reflexións e tests breves sobre as sesións na aula: 30%
ASISTENCIA
A asistencia á clase é obrigatoria, polo que non se pode faltar a máis do 20% das clases sen xustificación. A asistencia non será obrigatoria para o estudantado repetidor, e a porcentaxe correspondente da avaliación continua será asumido por actividades específicas acordadas co profesorado. Para as cuestións non elaboradas neste parágrafo, a asistencia a clase queda definida e regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno el 25/11/2024).
EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA E DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado con exención de docencia e dispensa de asistencia deberá contactar co equipo docente para acordar o deseño da titorización particular. A cualificación máxima será do 70% da puntuación total, dado que non poderán conseguirse todos os obxectivos e competencias da materia. Esta avaliación incluirá tres traballos individuais (correspondentes aos tres bloques).
AVALIACIÓN NOS CURSOS SEN DOCENCIA
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición non se contempla docencia presencial desta materia, o estudantado matriculado deberá contactar coas docentes responsables para precisar o sistema de avaliación. Se non se acordase outra cousa, a avaliación efectuaríase a partir de traballos ou actividades nas convocatorias previstas.
Traballo autónomo do estudantado: 85 horas
- Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse obrigatoriamente a través da aula virtual.
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- E obrigatorio o uso da conta de correo rai.
- E obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- E convinte ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- E obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o estudantado infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
María Lourdes Mirón Redondo
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813922
- Correo electrónico
- marialourdes.miron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marcos Diaz Lago
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813791
- Correo electrónico
- marcos.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Ignacio Elpidio Dominguez Ruiz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- ignacioelpidio.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
01.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
01.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |